xoves, 3 de abril de 2014

"Nate" Davis, o heroe de Ferrol



Hai uns meses chorei por primeira vez nos meus 35 anos de vida por "algo" que vexo na televisión. E ese "algo" foi o Informe Robinson adicado a "Nate" Davis, o ex-xogador do OAR Ferrol entre outros equipos da Liga Española de Baloncesto. Supoño que sería unha mistura de varias cousas: moitos recordos da miña infancia onde se me veu a cabeza o moito que adoraba o basket; aquel superequipo con Anicet Lavodrama, Manolito Aller, Miguel Loureiro ou o protagonista do programa; e a propia historia en sí que ten connotacións tristes pero tamén alegres.

Nathaniel "Nate" Davis 1,94m e 85 kg, naceu en Columbia, Carolina do Sur, nos Estados Unidos de América, a gran maior parte da súa carreira baloncestística desenrolouna en España. Chegou en 1979 ó Askatuak Egin, a tempada seguinte ficha polo Miñón Valladolid onde estaría 3 tempadas. No ano 1982 chega a Galicia, sería para xogar no Obradoiro pero fixo unha discreta tempada e non convenceu. Na tempada 1983/1984, coincidindo co nacemento da Liga ACB chega a Ferrol para xogar no OAR. Serían 3 tempadas incribles ata que unha desgracia fixo que todo rematara...

Desaparecido durante moitos anos e apartado do mundanal ruido (polo menos a nivel de prensa e comunicación) Informe Robinson (por certo vaia pedazo de programa) foino buscar os Estados Unidos.

Se tedes 50 minutiños e non vistes este capítulo sobre o "eterno 12" recoméndovos que non volo perdades. Nate Davis estará ligado por sempre á cidade de Ferrol onde é un auténtico mito vivinte. Moitos rapaces que xamáis o viron xogar na súa vida saben quen foi Nate Davis.

MOI RECOMENDABLE!

luns, 31 de marzo de 2014

A Porra: Xornada 24



Espectacular e aberto partido o que nos presenta o encontro Estrela da Xornada 24 da Porra. Nin máis nin menos que un Real Sociedad - Real Madrid. O choque disputarase o sábado 5 de abril a partires das 20,00 horas coas cámaras de Canal + 1 en directo.

Xa podedes facer os vosos pronósticos.

PARTIDOS:

R. SOCIEDAD - R. MADRID *
ATLÉTICO - VILLARREAL
BARCELONA - BETIS
R. MADRID CASTILLA - DEPORTIVO
BREXO LEMA - ATL. SOBRADO

A Porra: Villa e Rubencillo escápanse


Villa e Rubencillo, 1º e 2º clasificado respectivamente puxeron terra de por medio os seus perseguidores nesta fin de semana. Ambos participantes acertaron o partido da xornada sumando 8 novos puntos.

O gañador da xornada foi Emilio Tato que ademáis de acertar o partido da xornada tamén acertou o R. Madrid 5 - Rayo Vallecano 0 sumando así 11 puntos.

Outro participante que sumou 8 puntos foi Petete e que o permite subir 2 postos de golpe na xeral.

Ademáis sumaron 3 puntos Iván Combo (Deportivo 1- Tenerife 1), José Antonio (Atl. Sobrado 4 - Pastoriza 0), Finito (R. Madrid 5 - Rayo V. 0) e Vigo (Deportivo 1 - Tenerife 1).

RESULTADOS:

ATHLETIC CLUB 1 - ATLÉTICO 2 *
R. MADRID 5 - RAYO VALLECANO 0
ESPANYOL 0 - BARCELONA 1
DEPORTIVO 1 - TENERIFE 1
ATL. SOBRADO 4 - PASTORIZA 0

CLASIFICACIÓN:

1. Villa 51
2. Rubencillo 50
3. Pitus 41
4. Iván Combo 39
5. Isak 36
6. José Antonio 34
7. Villalove 31
8. Emilio Tato 28
9. Chany / Finito / Josito 26
10. Lato 24
11. Esteban 23
12. Vigo 20
13. Petete 14
14. Rubio 11
15. Maite / Suso 6

venres, 28 de marzo de 2014

I Xornada da Tapa en Sobrado dos Monxes



A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais de Sobrado organiza, en colaboración co Concello de Sobrado a I XORNADA DA TAPA.

Será o DOMINGO 13 DE ABRIL a partires das 11,30 horas. As tapas serán de balde en todos os locais hostaleiros de Sobrado dos Monxes.

Para animar esta magnífica iniciativa haberá ademáis CANTOS DE TABERNA a cargo das seguintes formacións:

- Coro Galego de Sta. Comba de Veigue
- Herba Grileira
- Bico da Balouta
- Rondalla Moraima
- Lume na Lareira
- A Maristela

Desde aquí desexar a maior das sortes, estou completamente seguro que vai ser un auténtico éxito.

NON O PODEDES PERDER!!! O DOMINGO 13 ABRIL HAI QUE VIR A SOBRADO, MÚSICA & GASTRONOMÍA SERÁN @S PROTAGONISTAS.

mércores, 26 de marzo de 2014

Toca defender título



Será o VENRES 11 DE ABRIL..., falo do Campionato de Tute que organiza a Comisión de Festas de Sobrado 2014.

No Campionato do ano pasado Pazitos e un servidor saimos CAMPIÓNS, así pois toca defender título. A empresa non é doada pois seguro que o nivel será alto pero nós prometemos espectáculo e xogo a partes iguais (e algunha que outra "toma" tamén...)

Se queredes ver toda a info relativa ó Torneo clicade na foto.

NON VOLO PERDADES!!!

luns, 24 de marzo de 2014

A Porra: xornada 23


Un auténtico partidazo, iso é co que nos obsequia a xornada 23 da porra. Nin máis nin menos que un Athletic Club - Atlético de Madrid. Choque do novo líder contra un dos candidatos a disputar a vindeira tempada a Uefa Champions League. Recordade que esta semana hai liga entre semana na 1ª división pero que non é válida para a porra.

PARTIDOS:

ATHLETIC CLUB - ATLÉTICO *
R. MADRID - RAYO VALLECANO
ESPANYOL - BARCELONA
DEPORTIVO - TENERIFE
ATL. SOBRADO - PASTORIZA

A Porra: Villa novo líder



Villa é o novo líder da clasificación logo de sumar 3 importantes puntos no Betis 0 - Atlético 2. Debido ó comprimida que está a clasificación este acerto permítelle subir 2 postos, do número 3 ó número 1.

Josito subeu un posto na táboa logo de acertar o Zaragoza 0 - Deportivo 1. Con estes 3 novos puntos chega xa os 26.

Suso, que ocupaba a última praza en solitario tamén sumou 3 puntos no Betis 0 - Atlético 2, agora comparte última posición con Maite e Petete.

Xa por último, quen vos escribe tivo unha gran xornada sumando 6 puntos nos partidos do Benito Villamarín e a Romareda. Con estes acertos chego os 24 puntos.

PARTIDOS:

R. MADRID 3 - BARCELONA 4 *
BETIS 0 - ATLÉTICO 2
ATHLETIC CLUB 1 - GETAFE 0
ZARAGOZA 0 - DEPORTIVO 1
BURGO 3 - ATL. SOBRADO 2

CLASIFICACIÓN:

1. Villa 43
2. Rubencillo 42
3. Pitus 41
4. Isak / Iván Combo 36
5. José Antonio / Villalove 31
6. Chany / Josito 26
7. Lato 24
8. Esteban / Finito 23
9. Emilio / Vigo 17
10. Rubio 11
11. Maite / Petete / Suso 6


venres, 21 de marzo de 2014

Venres Música: "En Invierno" DINERO


Desta volta, a vez musical do venres tócalle a DINERO. Un grupo afincado en Madrid que desde hai uns días non paro de escoitar. A canción "En Invierno" é unha das miñas favoritas e por iso quero que sexa a protagonista de hoxe.

Disfrutade da fin de semana, polo que a min corresponde este finde chega cargado de música e deporte. A disfrutalo moito e ben.

Bicos e apertas.

xoves, 20 de marzo de 2014

Sés no Qubik Bar en Teixeiro este sábado


Seguimos falando de eventos, se onte tratabamos o tema da Festa do San Xosé de Teixeiro hoxe tampouco nos movemos de localidade pois pasado mañá, sábado estará no QUBIK BAR a formación galega SÉS, unha grupo no que María Xosé Silvar e a súa voz e "alma máter".

Déixovos por aquí o seu novo traballo "O Xenio Destrozado" para que vaiades abrindo boca para sábado.


mércores, 19 de marzo de 2014

Festa do San Xosé en Teixeiro... ESTE VENRES!



Pouco a pouco achégase a tempada de "Fiestas Jolgorrio" que tan famosas son na nosa querida Galicia.

Para este venres fágovos unha proposta: a Festa de San Xosé en TEIXEIRO.

Parece que xa vai apetecendo ir ver as diferentes formacións que amenizarán a verbena galega neste 2014, e se é unha das Orquestras "potentes" parece que un se anima máis aínda. A estas alturas ninguén dubida que ACHÉ é unha das orquestras que máis fai bailar ó persoal. Seguro que o venres non defraudará.

Pero ademáis do baile, tamén está a gastronomía. A Comisión organizadora, a da Xuventude 2014 ten preparado un churrasco a partires das 21,30 horas polo módico prezo de 7€.

E iso non é todo, ademáis de vir á festa, pódeste levar uns cartos para a casa ou un regalo... 

A Comisión sorteará:

- 300 €
- Unha estancia para dúas persoas nun balneario.

Apuntadeo: o VENRES 21 DE MARZO ÍMONOS DE FESTA A TEIXEIRO!

PD: O CAMPO ESTARÁ TOTALMENTE CUBERTO E PECHADO POR UNHA GRAN CARPA