mércores, 31 de decembro de 2008

FELIZ ANO 2009!






Bueno figuras, faltan exactamente 14 minutos para que entre o ano 2009. Agardo que o 2009 vos proporciones todo o que desexedes.
Deixovos a derradeira canción do ano, como non podía ser de outro xeito este temazo en galego de Dj.Son1c @ Isis "A Festa non vai parar", que seguro que así será..., hoxe ímolo dar todo.


A celebralo, cuidadiño co champán!

Bicos, abrazos e o que vos queirades.

martes, 30 de decembro de 2008

Señores, esto acabase...



Estamos a piques de rematar o ano 2008. Desexovos a todos que o pasedes do mellor xeito posible e que o 2009 sexa sinónimo de saude, sorrisos e felicidade para todos.
Eiquí vos queda unha canción que me encanta: "Yo quiero respirar" de Dhany.

Que sexades moi felices!

luns, 29 de decembro de 2008

A pregunta da semana


Qué especimen dixo que 1.800€ é o soldo de un traballador?
NOTA: coma sempre a pregunta non terá resposta..., ja ja ja, aínda que a de esta semana é doada de acertar.

venres, 26 de decembro de 2008

Festa Ron Barceló en Cafetería Ramiro de Sobrado

Si amigos, estades lendo ben, hoxe 26 de decembro, voltarán as festas de Ron Barceló a Sobrado, concretamente en Cafetería Ramiro (un dos lugares pioneiros na venta deste ron dominicano na zona).
En toda a comarca son moi coñecidas as festas de Ron Barceló que se facían neste local habendo sempre unha gran afluencia de clientes. Cada "celebración" Barceló sempre foi un éxito. As festas Barceló comezaron en Cafetería Ramiro aló polo ano 1996 e cando comezamos a sair en Melide a maioría da nosa pandilla bebía habitualmente este ron pero nin tan sequera nos pubs de Melide o tiñan (bueno, nin en Melide, nin en Curtis, nin en Teixeiro nin nos outros bares de Sobrado), pouco a pouco foise facendo máis coñecido e hoxe pódese atopar en calqueira lugar. De todos modos o sabor xa non ten nada que ver, aquela botella longa de "Gran Añejo" era insuperable, hoxe é moito máis "comercial", eu polo menos antes disfrutabao doutro xeito pero bueno..., recordo que unha das últimas ocasións que se celebrou a festa sorteouse unha viaxe para dúas persoas a Santo Domingo que lle tocou a Cardesín e a súa dona Marisa. Fora unha noite enorme, de moita celebración, de moitas risas, de moito todo...
Así que hoxe xa sabedes, "evento" grande, grande, grande, en Cafetería Ramiro, festa Barceló, con cada copa un regalo. Non vos quededes sen él.

IMOS POLA CAMISETA!!!!

Que disfrutedes do Nadal!

xoves, 25 de decembro de 2008

Diego Gallu



Broma telefónica na que un asturiano chama ó 11888 para conseguir o teléfono de un local de "señoritas coa moral distraida" en Madrid. Cuidadín coa borrachera que leva o tío...

martes, 23 de decembro de 2008

Apura! me cago en...

Ven tolo! ahí o vedes, é o verdadeiro Papá Noel que este ano decidiu cambiar os seus renos por esta moto Vespa. O motivo é evidente, despistouse un pouco na saida do seu país natal e agora anda contrareloxo para mañán pola noite repartir todos os regalos. Agardo que a pesares do doente que vai se acorde de parar na miña casa, senón póñolle unhas chinchetas na saida de Sobrado para que pinche unha roda. Este ano fun bo, moi bo, extremademente bo, demáis diría eu..., ja ja ja. Que va! é broma. Que me traia uns caramelos que me fan moita ilusión e logo o que lle apeteza. Este ano os Reis pedinlle o Autocross, a petición a Papa Noel é o libre albedrío...,



e vos, que lle pedides?



BO NADAL A TOD@S OS LECTOR@S DE ESTE BLOG, OGALLA O PASEDES DE CINE NESTAS FESTAS E QUE OS VOSOS DESEXOS SE CUMPLAN.

Xeroglífico









Frase de Iván Cabado na cea de nadal do Club Atlético Sobrado Xuventude este pasado sábado.

A pregunta da semana

Que persoa de Sobrado deixou un "mostacho" ó estilo Imanol Arias en Cuéntame de xeito momentáneo para fotografiarse e ver que tal lle sentaba para unha foto carnet?

luns, 22 de decembro de 2008

El Rey El hombre merengue



Canción adicada para os que pecharon comigo este sábado Disco Palladium de Melide..., ja ja ja: Álvaro, O artista anteriormente coñecido coma Pablo do Cotarón, Pazitos, Fonsi, Vigo, Rubén, Fernando e Roy.

Por fin alguén sabe quen é o "home merengue"? ja ja ja.

Quen é...?



Xa que non nos tocou a Lotería vamos votar unhas risas con un clásico que seguro que xa todos escoitastes algunha vez pero que a min encántame. Trátase da chamada telefónica que Xosé Ramón Gayoso no seu programa Luar lle fixo a un pobre traballador que o día seguinte tiña que madrugar. A resposta é contundente. Seime os diálogos de memoria e cada vez que o escoito sígome rindo.

Que teñades bo comezo de semana.