luns, 30 de novembro de 2009

PORRA XORNADA 6

Segue a emoción e a igualdade na porra de latosobrado.blogspot.com, estes son os emparellamentos da vindeira xornada:

Atl. Sobrado - Oza dos Ríos "B"

Deportivo - Barcelona

R. Madrid - Almería

Athletic - Valencia

Sorte a todos

Ferreiro9 puntúa na primeira semana que participa na porra


O Valencia 1- Mallorca 1 doulle a Ferreiro9 o primeiro punto na porra na primeira xornada que participa. Mañá remata a votación para saber que premio se levará o gañador final da porra aló polo mes de maio. Facede as vosas últimas votacións.

Estes foron os resultados da porra de esta semana:

Cire Melide 6 - Atl. Sobrado 1

Racing 0 - Deportivo 1

Barcelona 1 - R. Madrid 0

Valencia 1 - Mallorca 1

CLASIFICACIÓN XERAL:

1. Lato: 2 puntos
2. Pitus, Finito, Ferreiro9: 1 punto
3. Esteban, Alberto, Petete: o puntos

* Entre esta semana e a que ven farase oficial o diseño da camiseta que poderán gañar todos aqueles que acerten os 4 resultados nunha soa semana.

Saudos e grazas por participar.

venres, 27 de novembro de 2009

Para esos amantes do SICAB



Estes días estase a celebrar na cidade andaluza de Sevilla o SICAB 2009, ou o que é o mesmo, o Salón Internacional do Cabalo, unha Feira de mastodónticas dimensións que dura 6 días, nas que os cabalos, as casetas, o baile e a manzanilla son protagonistas principais.
Miguel, Pichi, Alvaro e Borja non faltaron a cita anual e de seguro que a estas horas xa están a disfrutar da Feira.

Para eles vai adicado este video-clip desexando que disfruten a tope a fin de semana.

Saudos e bo fin de semana a tod@s.

xoves, 26 de novembro de 2009

Cola Cao podría patrocinar o piloto sobradés Fernando Garcia na vindeira tempada

Fontes cercanas a latosobrado.blogspot.com veñen de saber que Cola Cao podería patrocinar o piloto de Enduro sobradés Fernando García para o campionato galego ademáis de 3 probas do campionato de España no vindeiro 2010 o que supón un salto de calidade moi importante para este sobradés-salmantino.
Fernando García non quixo confirmar nin desmentir a este blog a veracidade da información pero certo é que de concretarse o acordo a nova vai ter máis repercusión mediática que a fichaxe de Fernando Alonso por Ferrari.
O que sí é certo é que Fernando anda na procura de patrocinadores para a vindeira tempada polo que todas aquelas empresas que desexen formar parte do patrocinio non teñen máis que poñerse en contacto co piloto que lles informará das condicións, sobra dicir que para calqueira empresa é un bo escaparate estar presente en todo o campionato galego ademáis de diversas probas do Campionato Nacional.
As mesmas fontes informan que o director de Recursos Humáns de Nutrexpa España, empresa á que pertence Cola Cao púxose en contacto vía telefónica con Fernando e logo de presentarse e expoñer as condicións a convir para o futuro acordo as súas palabras foron: "Fernando, que te parece si hacemos un acuerdo para la próxima temporada?", a contestación de piloto non puido ser máis galega: "como quieras..."

Seguiremos informando.

mércores, 25 de novembro de 2009

Aranda de Duero: a galería... parte 1

Os pasados 14 e 15 de novembro unha expedición de 33 persoas puñemos rumbo cara a Aranda de Duero para pasar alí a fin de semana, aprender un pouco da cultura do viño daquela zona, degustar os seus productos e compartir un fin de semana que foi de verdade espectacularmente divertido.
A saida produciuse as 8.2o horas da mañanciña do sábado (tocou madrugar) e chegamos a Aranda de Duero as 14.00 horas, alí agardábanos Nuria (unha simpática rapaza que nos conseguiu o contacto para poder ver as bodegas de Prado de Olmedo). Con Nuria e duas persoas máis dirixímonos a Quintana del Pidio (a uns 20 kilómetros de Aranda) a ver as citadas bodegas . Logo da visita comimos no Asador José María (sen lugar a dúbidas que volo recomendo), tras o repouso da comida, rexistro no hotel Julia (recomendado tamén pola miña parte, está no centro, a uns escasos 100 metros do Asador José María e a relación calidade precio é sobresainte). Pasado o rexistro de habitacións houbo tempo libre para que cada un disfrutase do lugar a súa maneira, catando os seus prezados viños, ceando, paseando pola zona antiga, de copas...). A xente coa que tiven o privilexio de compartir a tarde-noite do sábado e a súa madrugada (Cardesín, Marisa, Gonzalo, Ana, María José, Mingos e Alberto) poden dar fé de que as risas foron continuadas e pasámolo en grande, foron moitas as anécdotas e as batallas, imposible poñelas todas neste simple post; pois todas as frases que eu poida escribir e contar quedaríanse curtas para explicar a magnitude de tan divertida noite (de vez en cando vótase de menos o video para recordar momentos puntuais). Xa na mañá do domingo tocou desaiuno no hotel, logo levamos as equipaxes o bus, as 12 visita o "Centro de Interpretación da Arquitectura do Viño" na Oficina de Turismo de Aranda e posterior visita a unhas bodegas históricas subterraneas, neste caso a bodega a visitar foi "La Navarra" rematado o percorrido subterraneo tivemos hora e media libre para "alternar" por Aranda (por certo moi bo ambiente) e as 14.30 comida de novo no Asador José María que nos preparou outro sabroso manxar. Logo do café mercamos os décimos de Nadal de rigor, (se toca facemos rico a medio Sobrado pois uns 60 décimos do mesmo número viñeron para aquí) e emprendimos viaxe as 16.30 rumbo á casiña con caras de cansanzo e felicidade a partes iguais. Houbo a mítica parada no "Valcarcel" onde algúns aproveitamos para cear un tremendo bocata e de novo ruta ata chegar a Sobrado as 23.00 horas escoitando un apaixoante partido de segunda división Betis-Celta..., por certo, vaia tempada a dos vigueses...
Dende eiquí quero agradecer a todos a participación nesta viaxe que xa forma parte da miña historia persoal polo magnífico ambiente vivido e porque todo o mundo se portou de cine. Grazas!!!


Explicación por parte do guía do proceso de elaboración do viño nas bodegas "Prado de Olmedo"

A hora da comida...

...degustando o típico lechazo que por certo esta boísimo

máis comensales
como é de supoñer todos probamos os excelentes "caldos" da zona
unha das mesas máis animadas na comida do sábado

vista parcial da parte superior do comedor do Asador

Os máis xoves brindando polo cumpleanos de Alberto

O cumpleañeiro "feliz de la vida"
Alberto facendo trampas..., ou eran 34?

Detalle da vidrieira adornada con botellas no "Lagar de Isilla"

Preciosa fachada da igrexa principal de Aranda de Duero

Alberto pedindo vez para a ITV de Lugo

Blas mira para a súa dona con tranquilidade...

Unha bruxa enfeitizounos nos locais de copas
Cardesín en animada charla con Pío Baroja preguntándolle se coñecía algún karaoke que estivese preto.

martes, 24 de novembro de 2009

A crise azota a todos os sectores...

Verídico, a crise xa é unha realidade e non deixa títere con cabeza... e como mostra un botón, senón mirade a foto quitada por un servidor o pasado martes no Centro Comercial As Termas de Lugo. A instantanea non deixa lugar as dúbidas que ata o clero se ten que buscar a vida para poder manter a cabeza a flote..., máis competencia para o sector da construcción.

luns, 23 de novembro de 2009

Pulp Fiction e o xabarín...



Se a de Trainspotting é boa esta é sublime..., deleitádevos de novo cos Pichel Brothers.

Trainspotting segundo Pichel Brothers



Extraido do Facebook do gran Riki de Melide déixovos esta particular dobraxe ó galego de Trainspotting, made in Pichel Brothers que me ten morto de risa. Ademáis os diálogos fanme lebrar experiencias pasadas.

Sinceramente moi bo.

PORRA XORNADA 5

Na semana do Gran Clásico (un novo partido do século como se di nos medios de comunicación), aquí vai outra apaixoante porra na que pola miña parte intentarei defender con uñas e dentes o liderazgo da clasificación xeral.

PARTIDOS:

Cire Melide - Atl. Sobrado

Racing - Deportivo

Barcelona - R. Madrid

Valencia - Mallorca

O Athletic 1 - Barça 1 ponme de novo como líder

O empate a 1 gol entre o Athletic Club de Bilbao e o F.C. Barcelona ponme de novo á cabeza da porra na 4ª xornada.

Estes son os resultados que se deron nesta xornada:

Atl. Sobrado 2 - S.E. Abellá S.D.C. 3

Deportivo 2 - Atlético 1

R. Madrid 1 - Racing 0

Athletic 1 - F.C. Barcelona 1

ASÍ ESTÁ A CLASIFICACIÓN XERAL:

1º LATO: 2 puntos
2º PITUS, FINITO: 1 punto
3º ESTEBAN, PEDINO: 0 puntos

De seguido a nova porra, os que aínda non comezastes a participar animádevos, hai estupendos regalos agardando polos gañadores, tanto da semana coma da clasificación xeral. Agardo as vosas apostas.

Saudos.