mércores, 25 de novembro de 2009

Aranda de Duero: a galería... parte 1

Os pasados 14 e 15 de novembro unha expedición de 33 persoas puñemos rumbo cara a Aranda de Duero para pasar alí a fin de semana, aprender un pouco da cultura do viño daquela zona, degustar os seus productos e compartir un fin de semana que foi de verdade espectacularmente divertido.
A saida produciuse as 8.2o horas da mañanciña do sábado (tocou madrugar) e chegamos a Aranda de Duero as 14.00 horas, alí agardábanos Nuria (unha simpática rapaza que nos conseguiu o contacto para poder ver as bodegas de Prado de Olmedo). Con Nuria e duas persoas máis dirixímonos a Quintana del Pidio (a uns 20 kilómetros de Aranda) a ver as citadas bodegas . Logo da visita comimos no Asador José María (sen lugar a dúbidas que volo recomendo), tras o repouso da comida, rexistro no hotel Julia (recomendado tamén pola miña parte, está no centro, a uns escasos 100 metros do Asador José María e a relación calidade precio é sobresainte). Pasado o rexistro de habitacións houbo tempo libre para que cada un disfrutase do lugar a súa maneira, catando os seus prezados viños, ceando, paseando pola zona antiga, de copas...). A xente coa que tiven o privilexio de compartir a tarde-noite do sábado e a súa madrugada (Cardesín, Marisa, Gonzalo, Ana, María José, Mingos e Alberto) poden dar fé de que as risas foron continuadas e pasámolo en grande, foron moitas as anécdotas e as batallas, imposible poñelas todas neste simple post; pois todas as frases que eu poida escribir e contar quedaríanse curtas para explicar a magnitude de tan divertida noite (de vez en cando vótase de menos o video para recordar momentos puntuais). Xa na mañá do domingo tocou desaiuno no hotel, logo levamos as equipaxes o bus, as 12 visita o "Centro de Interpretación da Arquitectura do Viño" na Oficina de Turismo de Aranda e posterior visita a unhas bodegas históricas subterraneas, neste caso a bodega a visitar foi "La Navarra" rematado o percorrido subterraneo tivemos hora e media libre para "alternar" por Aranda (por certo moi bo ambiente) e as 14.30 comida de novo no Asador José María que nos preparou outro sabroso manxar. Logo do café mercamos os décimos de Nadal de rigor, (se toca facemos rico a medio Sobrado pois uns 60 décimos do mesmo número viñeron para aquí) e emprendimos viaxe as 16.30 rumbo á casiña con caras de cansanzo e felicidade a partes iguais. Houbo a mítica parada no "Valcarcel" onde algúns aproveitamos para cear un tremendo bocata e de novo ruta ata chegar a Sobrado as 23.00 horas escoitando un apaixoante partido de segunda división Betis-Celta..., por certo, vaia tempada a dos vigueses...
Dende eiquí quero agradecer a todos a participación nesta viaxe que xa forma parte da miña historia persoal polo magnífico ambiente vivido e porque todo o mundo se portou de cine. Grazas!!!


Explicación por parte do guía do proceso de elaboración do viño nas bodegas "Prado de Olmedo"

A hora da comida...

...degustando o típico lechazo que por certo esta boísimo

máis comensales
como é de supoñer todos probamos os excelentes "caldos" da zona
unha das mesas máis animadas na comida do sábado

vista parcial da parte superior do comedor do Asador

Os máis xoves brindando polo cumpleanos de Alberto

O cumpleañeiro "feliz de la vida"
Alberto facendo trampas..., ou eran 34?

Detalle da vidrieira adornada con botellas no "Lagar de Isilla"

Preciosa fachada da igrexa principal de Aranda de Duero

Alberto pedindo vez para a ITV de Lugo

Blas mira para a súa dona con tranquilidade...

Unha bruxa enfeitizounos nos locais de copas
Cardesín en animada charla con Pío Baroja preguntándolle se coñecía algún karaoke que estivese preto.

Ningún comentario: