xoves, 19 de novembro de 2009

Tanto custa pasarlle o parte ó seguro?

Hai cousas que non entendo, nin entran na miña cabeza. Por máis que un lle dé voltas e pense na bondade da xente hai accións ou formas de ser dalgúns "individuos" por chamalos de algún xeito que son totalmente repudiables, o peor de todo é que o que vos vou contar non é a primeira vez que me sucede, parece que me mirou unha meiga.

Onte comecei un curso de turismo no EGAP en Compostela, debido as obras que están a facer na zona e que recurtaron bastante o aparcamento decidín meter o coche no parking de Área Central, deixei o coche aparcado as 8.47 e volvino a coller as 14.22 horas, cando fun a pagar, para miña sorpresa encontrome con que debo aboar 8.50€, quedei frío...

Hoxe logo de comentalo onte coa miña compañeira Raquel, técnica de Turismo do Concello de O Pino decidín que era mellor andar un cachiño máis pero deixar o coche aparcado o aire libre e así non ter que pagar polo tanto aparqueino enfrente as piscinas do Sar.
A miña sorpresa foi maiuscula cando sain da clase e logo de abrir a porta traseira dereita para meter no asento de atrás a cazadora vexo como unha mixtura de rozadura e mancha de pintura granate con unha lonxitude de 1 metro decora o costado dereito do meu plateado coche. Acordeime de todo o malo que un se poida acordar..., por suposto, nin papeliño con número de teléfono, nin datos do "executor" nin nada de nada. Xa me vin de mala hostia (con perdón) para a casa...

O peor de todo é que non é a primeira vez que me pasa, hai dous anos no Parking da Praza de Pontevedra de A Coruña apareceume precisamente esa mesma porta metida para adentro de un golpe, e xamáis souben quen fora o "artista" da "obra", o que sei é que tiven que abonar do meu bolsillo se quixen arreglala.

Para máis cruz, é que se me remonto máis atrás, penso que en Melide xa tiven dous percances de este tipo. O primeiro un coche moito máis alto que o meu esmagoume a parte superior do capó que cubre o motor, co mesmo resultado, nin papel de aviso, nin perdón, nin nada de nada. E o segundo, un coche azul marino que se achegou demasiado e deixoume toda a pintura no meu frontal... en fin, que cada día teño máis claro que o meu coche mirouno unha meiga senón esto non é normal. De todos modos esta actitude de dar golpes ou raiar outros vehículos e non deixar aviso pareceme indignante, de verdade, é máis, pareceme absurda, pois en caso de dar parte pagaría o seguro e "sanseacabó", que tampouco sobe tanto o prezo para o seguinte ano... RATAS!

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola Victor!!

Sei como te debiches sentir nese momento, supoño que agora xa che pasaría esa super mala ostia pero o que che pasou está a orde do día.
Lendo o que che aconteceu pensei na mala uva que debiches coller porque a min pasoume algo parecido e se che sirve de "consuelo jeje" a min tocoume algo parecido nun bar ó lado da casa, nin a 1 km de distancia, un domingo pola tarde e eu xogando as cartas dentro do local, toda a xente que había era coñecida e veciños e logo dunhas horas saio pa fora pa ir recoller o coche e a porta do lado do conductor toda metida pa dentro, non un rasguño nin un pequeno golpe, un ostíon en condicions. Logo, o mesmo que a ti nada de nada e o bonito é que cabe o 90% de posibilidades de que foxe un coñecido, veciño ou mesmo un cos que xoguei as cartas así que nada acompañote no sentimento, (se colles o individuo/a lo revientas jeje)

David Castro

Unknown dixo...

Grazas polo teu apoio David, toda a razón do mundo. Afortunadamente desta volta so é riscazo non está esmagada... pero bueno, a mala hostia pasoume pronto, que lle imos facer. Agora eso si, como colle a quen mo riscou...,, "malo será"..., jajaja.

vero86 dixo...

Como collas a quen cho riscou, ríscaslle ti a el a cara! jeje

vero86 dixo...

Solución: se podes, desfaite dese coche, está enmeigado!! xDDDD

Pitus dixo...

Enmeigado no se,pero con la tralla que lleva ese coche que todavia ande ya es para hacerle un monumento en la Alvariza....jejeje...Me recuerda a otro coche que yo me se,han salido mas noches que el camión de la basura.