luns, 9 de xullo de 2007

M 3


Pois si, xa sei que estades pensando. Diredes este vainos falar de un grupo de música ou dunha estrada. Pero non, M3 son as siglas que resumen o meu fin de semana.

Mesía

Melide

Medieval


O venres fun facer unha "volta de recoñecemento" pola festa de Mesía, alí actuaban a Orquestra Fania Blanco Show (a mellor orquestra galega no que a música de vento se refire) e a Orquestra Versalles (unha das nosas abandeiradas na festa dos Dolores). A pesar de que había duas grandes orquestras e facía unha boa noite sorprendeume que houbera pouca xente, eso sí, casi toda xove e cunhas gañas de beber impresionantes, as camareiras non tiveron moitos momentos de descanso. Que sede ten a xente os venres chico!!!


Sábado pola noite tocou ir a Melide (xa o botaba de menos), levaba un mes sen ir (incrible en min que non fallo un só sábado en todo o ano) debido a viaxe a Salamanca, o San Xoan e o San Pedro, que lote de santos!!!

En Melide xa comezou a febre do verán, para o meu gusto había demasiada xente, a rúa dos pubs chea de xente, e dentro dos pubs facía demasiada calor. Empresarios dos pubs de Melide vouvos dar un tirón de orellas: "hai que comprar un aparato de aire acondicionado, please".


Onte domingo, fun a Feira Franca Medieval de Betanzos, xente a tumbo, o inicio do Casco Antigo era insufrible para poder pasar, había colas de uns 30 minutos para poder chegar ata a igrexa de San Francisco "eso metía miedo", logo de pasar o apuro de xente estabase xenial, boa temperatura, xarra en man coa cerveciña de rigor para saciar o calor da tarde, caras coñecidas que che obrigan a dicir cada 3 minutos: "ata logo", "que hai", "que lote de xente" e cen mil típicas frases máis de cortesía cando non sabes moito que dicir.

Vimos o espectaculo de cetrería (moi bon por certo ata que as gaivotas dóuselle por intentar cazar os falcóns de exhibición e un colleu medo, agochouse, non volvía e acabouse o número de escenificación).

A NOTA con maiusculas douna o "presentador" do espectaculo de loita entre mouros e cristiáns que cada vez que habría a boca deixaba unhas perlas que pa qué: estes son algúns dos exemplos:


"Perdeuse un neno, chámase Héctor Muñoz, teno a policía (risas da xente) está no -caseto- de turismo" (carcaxada xeralizada)


"Agora os cabaleiros van intentar darlle coa lanza ó -artefacto- que está ahí posto no medio da area" (a peña escarallabase preguntando de onde sacaran o tío ese).


Ademáis de estes comentarios outros que non recordo e ademáis o tío que levaba o microfóno pegado a boca estilo "Chimo Bayo" falaba cos de Protección Civil sen darse conta que o estaba a escoitar todo o público por megafonía. Que personaxe!!!


Logo do espectáculo (animal e racional???) subimos para a zona antiga onde seguía a haber un mundo de xente, un ambientazo incrible. Vimos diversas escenificacións que fixeron as delicias de pequenos e maiores.


A eso das 23:30 h tocou volver para a casa que hoxe era día de escola...

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Vamos, o que podemos definir como unha fin de semana intensa non?

O "recadito" que lles deixas aos empresarios dos pubs vouno facer extensivo da miña parte para os empresarios de Betanzos, porque o sábado facía un calor endiañado, sobre todo no Nostrum: deben estar caros os aparatos de aire acondicionado... Aquilo era insufrible!! Xa estando quieta sudabas, se te atrevías a bailar derretíaste!!

Eu creo que vai ser mellor facerlles un guiño ós de Loco Mía e sair as fins de semana todo Dios cun abanico je je je

Anónimo dixo...

Oe, por certo, ti podes entrar no foro sinsueno???
Eu levo xa 3 días sen poder entrar, non vai...
Non sei se os problemas de conexión eses dos que fala son do foro ou do meu ordenador...a saber...

Unknown dixo...

Disco Ibiza Loco Mía
Sexy Ibiza Loco Mía
Loco Ibiza Loco Mía

je je je

Puffetos de Melide NO LOCOMÍA
Puffetos de Betanzos TAMPOCO LOCOMÍA

je je je

Sinsueno debe ter mal o servidor pq eu tampouco podo entrar.

bikiños

Anónimo dixo...

sinto dicirche lato q o sabado non eran en todolos sitios onde se estaba mal....
eu estiven parte da noite no gatos e iso e paraiso distinto....agas se non che gusta a musica claro....
pero o ambiente taba xenial, podias falar podias bailar e ata podias xogar o billar, se non fose por unha "peluquera" da q non vou dicir o nome(tranki nena q non te delato) q se empeñou en q tiña q bailar enriba del, pena q as lamparas non a deixaran......
polo resto tou dacordo, "el verano ya llego, ya llego,ya llego.. y la fiesta comenzo" demasiada xente pola rua... e iso q ainda faltan moitos "jolines, pues"!!! jajajaja

Anónimo dixo...

Vaia por Dios logo...tocará esperar a que Mazapán se poña mans á obra e o amañe...

Unknown dixo...

A min encantame o Gato´s e a música moito máis, (Dame Rock and Roll, la banda no se cansa, dame Rock and Roll, la banda quiera guerra), o que pasa é que o sábado non tiven a oportunidad de ir por alí, a culpa tivoa Mari do Kemais que se empeñou en invitarnos a outra ronda e non cumplimos co horario previsto de "garitaxe", de todos os xeitos agardo que este sábado (ou este venres) lle fagamos unha visitiña a Nani.

Saluditos

ToquesCF dixo...

Pois grazas por facernos unha visita, estamos empezando e todo comezo é moi duro. O teu blog buff está moi currado.

En canto o teu bono de socio do Toques estamos deseando q o renoves xa q unha cuota de 1000€ é unha gran axuda pa un clube modesto, xdddd

Saudos forza sobrado

Unknown dixo...

1.000 €, si je je, son un Abramovich en potencia. Toda axuda sempre é importante para potenciar o fútbol modesto. Eu seino pois cada euro cústanos Deus e axuda conseguilo (eso sí dende que tes os cartos para a tempada voan rápidamente).

Saudos e ánimo o Toques C.F.