martes, 3 de xullo de 2007

Metade do traballo culminado


Hoxe martes, volta a normalidade. Dende o xoves a cabeza matinoume entorno ás festas de San Pedro. Que se colocar os chiringos, que se acabar de pedir, que se chegan ou non chegan os cartos, uff! canto traballo para que tan só o tempo nos respetase o primeiro día de festa.


Que lle imos facer ante iso nada se pode facer, o sábado choveu un pouquiño e o domingo pola noite tivo momentos de chover bastante ben.


Teño que dicir que o xoves fixemos unha previa bastante dura e o persoal acusouno o longo do fin de semana.


O venres Nova Palma fixoo sensacional, o rematar a festa os compañeiros de Comisión metéronme literalmente no palco logo de que un dos vocalistas o solicitase e tiven que cantar Dolores se llamaba Lola de Los Suaves, que vergoña! aínda que a esas horas e o ter un par de copas encima pérdese un pouco a vergoña. Encima dende enriba via como Nando me estaba gravando en video e Karnotxo me sacaba fotos, xa mas pagaredes viláns!!!!

O peor foi cando o cantante de Nova Palma me decía que me tirara que me collían os compañeiros, eu vendo como andaba o persoal preferín non tirarme non fora a ser que se apartar e dera cos osos no chan, borracho si pero tonto non!


O sábado custounos Deus e axuda levantarnos para o vermú pero con todo conseguímolo, logo dunha sesión vermú de non sei cantos Martinis mixturados tocou a sesta pertinente e pola noite outra vez de troula aínda que debo dicir que estaba feito polvo e tras acabar de tocar o grupo Mimo (que me tocou bailar Paquito el Chocolatero con unha das cantantes) funme para a cama.


O domingo levanteime coma unha rosa, e outra vez un lote de Martinis que eso clamaba o ceo, pola noite choveu por dentro e por fora. Rematamos as 8:30 da mañán tomando cubatas mentres a xente que ía para traballar mirábanos raro (seríamos nos os raros ou serían eles por non estar de festa).


Onte levanteime as 16:00h logo de un finde esgotador pero aínda quedaban forzas para ir a festa a Oza dos Ríos, cenamos en Betanzos e cando chegamos a Oza estaba a Olympus na metade do 1º pase, Peke andaba a tocar en versión instrumental "My Hearth Will Go On" de Celine Dion, a B.S.O. de Titanic. Logo de Olympus actuou Panorama (como me aledo de traer estos dous orquestóns as festas de setembro). Debo dicir que había xente a tumbo.

Retireime cando a Panorama rematou o primeiro pase, unha Panorama que contaba con un músico de luxo, Yanko de Olympus que lle votou unha man no primeiro pase debido a que André (o percusionista de Panorama) tivo un problema de saude e non puido actuar. Grande Yanko que fixo que a baixa de André non se notara na orquestra Panorama.


E así rematou un finde alargado a máis non poder. Agora toca descansar porque o venres xa está a volta da esquina e o domingo toca sesión intensa na Feira Medieval de Betanzos.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Ostrás!! Polo visto chegamos á festa de Oza ó mesmo tempo, nós estabamos aparcando o coche cando soaba "My heart will go on"!! Vaia coincidencia jeje

Olympus este ano está que se sae!!

Unknown dixo...

Olympus este ano é un orquestón!

Noticia de última hora: a Orquestra Panorama estreará novo esceario en agosto de maiores dimensións.

P.D: en Sobrado o esceario de Panorama, Marbella e Olympus ímolos ter que poñer no aire.

je je je

Anónimo dixo...

nada nada, non te preocupes lato....
dou eu permiso pra que os "cochecitos" q veñan a festa pasen pola alvariza, asi cortades a carretera dende o hotel ata o lecer e "listo calisto"""

Unknown dixo...

Ben, moi ben, cortamos o que faga falta con tal de que haxa festa.
Se fai falla, cortamos a vía do tren en Teixeiro.

je je je