
Unha vez máis e como ven sendo tónica xeral nos últimos anos o Real Club Deportivo de A Coruña volveu a conquistar un dos trofeos con máis soleira do verán: o Teresa Herrera.
Como non podía ser de outra maneira a víctima na final foi o novo R. Madrid de Bernd Schuster. Un Real Madrid que da igual que cambie de adestrador, de presidente ou de xogadores, cada vez que ven a Riazor claudica fronte a escadra branquiazul.
Do partido de onte quédome con varios detalles, o que máis me aleda é que parece que Riki volta a ser un xogador de fútbol e non un alma en pena como parecía o ano pasado.
O mexicano Andrés Guardado supón unha bocanada de aire fresco para o plantel deportivista, un plantel algo escaso de xenios nas últimas tempadas e que parece que con "O Principiño" a Riazor voltará o gusto polo bon fútbol (se o "mago" Juan Carlos Valerón se dese recuperado xa sería a repanocha).
A liña defensiva parece que voltará a ser coma nos últimos anos a liña máis forte, cunha parella de centrais (Coloccini e Lopo) do mellor da Liga de Fútbol Profesional.
A portería con Aouate está ben cuberta aínda que onte Munúa non fixo mal partido.
Agora falta algunhas posicións para cerrar o plantel, a que máis urxe é a de lateral esquerdo, con tan só un home para esa demarcación ata o de agora: Filipe Luis, de ahí que o novo adestrador Miguel Ángel Lotina esté a probar a Manuel Pablo nesa banda. O canario xa xogara nesa demarcación no seu antigo equipo a U.D. Las Palmas.
Soaron, soan e soarán alguns xogadores para o clube herculino pero de momento hai que esperar a que apareza un "mirlo branco" (que diría Lendoiro).
Así pois o cadro do LXII Trofeo Teresa Herrera queda como segue:
CAMPIÓN: R.C. Deportivo A Coruña (Galicia)
Subcampión: R. Madrid (España)
3º Clasificado: Os Belenenses (Portugal)
4º Clasificado: Atalanta Bergamo (Italia)
O Deportivo amplía as súas vitrinas con outro Teresa Herrera máis no peto, actualmente o Real Club Deportivo é o clube que máis Teresa Herrera posue con 15, séguelle o R. Madrid con 8, xa por detrás están equipos coma F.C. Barcelona, Atlético de Madrid, A.C. Milan, Benfica ou oPSV Eindhoven.
Nada máis, penso que o R. Madrid excusa vir a Riazor xogar porque o resultado xa o sabe, polo tanto que aforren os cartiños do hotel e a viaxe de avión que co que pagaron por Pepe (30 millons €), Drenthe (14 millóns €) e o que van pagar por Robben (máis de 30 millóns €) hai que apretarse o cinto.
Forza Depor
P.D: post adicado a Noemí e ó seu madridismo.