venres, 31 de agosto de 2007

A hora da verdade


Estamos a dúas semanas para estar inmersos na Festa dos Dolores 2007.


Chega a época de nervos e de traballo extra para os meus compañeiros de Comisión e para min.


A dicir verdade, quédanos o máis importante aínda por facer que é coordinar todo de xeito que a festa sexa do agrado da maioría da xente (evidentemente o gusto de tod@s xamáis vai estar).


Estes son algunhas das arduas tarefas que nos quedan por facer:


- Repartir as revistas das festas en tempo record cando a imprenta nolas entregue.

- Pedir por todo o pobo.

- Medir, calcular e milimetrar a ver onde carallo imos meter o esceario de dimensións estratosféricas da orquestra Panorama.

- Levarlle os ovos a Santa Clara para que non chova.

-Intentar que os das atraccións de feira non se pelexen polos sitios (por que xa levan 2 meses dándonos a tabarra).

- Pregar a Deus que non nos chova (por favor).

- Seleccioar a nova Comisión 2008 (unha que sepamos que vai facer a festa).


E a máis importante:


- ENCONTRARLLE A ESPADA A PIRULO QUE PAZITOS LLE PERDEU NA SÚA VODA.


Saudos

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Pois lendo esta entrada case me entra o estrés a min tamén, coa de cousas que tedes que facer!! Non é por meter o dedo na ferida, pero sí, tedes por diante un arduo traballo aínda... pero tranquilos, con calma que seguro que non vos chove.

En canto ao escenario da Panorama, non o vin aínda, pero polo que todo o mundo conta debe ser mastodóntico!! Non lle sei as medidas, pero se o do ano pasado xa era grande, a saber cómo é este!! Nalgúns sitios van ter que poñelo no aire...

Ánimo e sorte coa festa!!

Anónimo dixo...

Ah!! Para os que non poidamos pasarnos polas tremendas festas dos Dolores en Sobrado (eu aínda non teño seguro que poida ir...) acórdate de sacar unhas fotiños e deixalas por aquí si? Pa ver o escenario da Panorama, a comisión de festas traballando a reo e refrescándose con cubatas despois...por cotillear algo vaia jeje.

Saúdos!!

Unknown dixo...

Dimensións do esceario da Panorama:

- 23 metros de longo
- 10 metros de alto
- 10 metros de fondo (e 5 metros máis cos elevadores que sobresaen).

En definitiva un esceario máis grande co que leva o propio Loquillo: 15(L),9(A),12(F).
Eu xa o vin na Festa en Melide e en Visantoña (Santiso) e é de auténtico alucine. Eso si, moitas comisións van ter serios problemas para meter este esceario nos seus campos da festa (nos somos uns deles).

Polo que respecta as fotos intentarei poñer moitas, a ver se non perdo a cámara..., je je je.

Saudos

Anónimo dixo...

Mi madriña querida!! Eso non é un escenario logo, é case case unha catedral!!

Eu sei dalgún sitio donde os vin actuar co escenario do ano pasado no que non ivan entrar con este, que non lles cabe. Dios, pois agora sí que teño ganas de ver a Panorama outra vez, co escenario novo jeje.

En canto ás fotos, se perdes a cámara ou non as fas tamén se che perdoa, que con tanto traxín é normal que non esteas moi pendente das fotos jeje.

Un saúdo!!

Unknown dixo...

Pódoche asegurar que o novo esceario da Panorama (vino en Melide e en Visantoña-Santiso) é unha auténtica discoteca móvil. Impresionante Jorge en Visantoña tumbado no chan dos elevadores e enganchado tan só polas súas pernas para non caer enriba da xente, que luxo!!!

Por certo, falando da festa de Visantoña: que pasada de xente, que pasada de festa e que pasada de diversión. Flipei, un mércores cerrando a Panorama e as 05:30 AM había máis de 200 persoas (case todas xoves) no campo da festa. Cun marchón que metía medo. A Comisión de Festas dándolle de beber a todo o mundo por un cullerete unhas "pocimas" que eles elaboraron para a ocasión... a saber que levaban, unha era color viño tinto e outra color viño clarete, eu non a probei pero a Lucky, a Peke e a Danny da Olympus debeulles encantar porque arrodillaronse a beber alí e non paraban.
Outra cousa que me sorprendeu un montón en Visantoña foi a cantidade de colaboradores que tiña a Comisión para aparcar nun parking INMENSOOOOOOO os coches e encima o aparcamento era gratuito, eu flipei.

Noraboa a Comisión de Festas de San Agustín de Visantoña e noraboa a xente de Visantoña porque realmente saben montar unha festa por todo o alto.

FELICIDADES

Anónimo dixo...

Bueno, daquela ver eso si que ten que molar, menudo festón que facerán con semejante parafernalia!! (Aínda que eu penso que as grandes festas e as grandes orquestras non son aquelas que levan moitísima maquinaria, como París de Noia este ano, con tanto ascensor e tanta pantallita, senón as que realmente fan MÚSICA, así con maiúsculas, en directo e sendo profesionais). Pero hai que recoñecer que Panorama é unha das mellores orquestras galegas e con semejante espectáculo ten que merecer a pena velos.

Unknown dixo...

Panorama é impresionante!!!! Onte asistimos a outro espectáculo, o que ofreceu en Guísamo. E incrible como lían a peña para que salte, cante, baile...
Cando baixan os elevadores que o novo palco posue e se suben tanto Oubiña como Lito, Sonia, Irene, Lote ou Giorgio a xente flipa pero o auténtico ESPECTÁCULO é cando Jorge canta "Amor Intenso" e se retorce coma unha culebra, parece que vai caer para abaixo. Saca as pernas para afora. O outro día en Visantoña sacou metade do corpo e tan só estaba agarrado ós barrotes do elevador polas pernas.

GRANDE JORGE

Anónimo dixo...

O sea, pa matarse...


Se eu sempre o digo, donde estean as verbenas do verán coas tremendas orquestras que temos aquí, que se quite o resto!!

Anónimo dixo...

Tranquilo Patoneiro xa verás como van ser unhas festazas inolvidables. Eu considero que o realmente complicado vai ser aguantar todos os días de troula.
ANIMO!!!!!!

Unknown dixo...

Claro que si! o verán en Galicia está de pinga, a pena é a cantidade de días que choveu e así non hai maneira de disfrutar das festas.

Home, Palvaro, que tal por See tio? supoño que xa lle curarían as feridas das rodillas o neno aquel que caiu no patio do colexio o día da Festa do Burgo. Menos mal que (aínda que tarde) apareceu o director logo dun cento de chamadas por megafonía.
As festas como non chova vai mandar truko!!!xa lle temos preparado unhas plataformas a Panorama para subila no campanario do Mosteiro, Muebles Cardesín e Aluminios Coego traballaron a reo en tempo record.
Polo que respecta o de aguantar a troula non te preocupes pois tamén vai vir un posto de frutas para que a xente refrixere con productos sanos e se deixe de tanto "chopito", ando facendo as últimas xestións para instalar o posto de Frutas Ambulante (se non colle poñémolo xunta a miña casa).

Anónimo dixo...

Con tantas cousas que queredes instalar, non me extraña que teñades que facer números! Desde logo, é unha idea innovadora: un posto de froitas para refrixerar sen darlle tanto aos "chopitos"... interesante si... xDD

P.D.: A Panorama subida ao campanario do mosteiro sería todo un puntazo.