Estes poderían ser os dous títulos para estas fotos que vos amoso. Están tomadas a primeiros do mes de agosto nunha viaxe que fixemos con un grupo de Sobrado a cidade de A Coruña. Alí puidemos visitar o Aquarium Finisterrae, a Casa do Home (Domus) e puidemos contemplar unhas maravillosas vistas dende o elevador instalado recentemente (3 millóns de € ou 500 millóns de pesetas como prefirades) da bahía da Coruña, a Torre de Hércules, o Obelisco Milenium...
A verdade é que tivemos que esperar hora e media para subir no elevador pero as vistas merecen a pena. Ademáis o chegar o Monte San Pedro encontraste con un paraiso. Un gran alfombra verde (céspede), con lugares de sol e sombra, o mar o fondo, un parque para xogar os nenos e un labirinto onde nos metimos para facer a coña a miña compañeira Ana e máis eu e para sair ¡Mandou chover na Habana! se non é por Esteban aínda estamos agora alí dando voltas e voltas.
A foto dende o Monte San Pedro co Océano Atlántico o fondo pareceme moi guapa e como vedes en Galicia tamén temos paisaxes para ter nun fondo de pantalla Windows.
Saudos
5 comentarios:
A foto de abaixo é case para enmarcar. P-R-E-C-I-O-S-A a vista que conseguistes inmortalizar nela.
Proba a mandarlla a Bill Gates a ver se considera o de poñelas como fondo de pantalla no novo Windows que saque jeje. Aínda que ben mirado, debería ir xa no Windows Vista, porque vista máis bonita que esa...poucas!!
A verdade é que as vistas que o Monte San Pedro oferta son impresionantes!!! Ademáis está moi ben cuidado e o chegar a cima parece que da gañas de tirarte a rolos pola herba.
Eu que son un namorado da cidade de A Coruña aproveitei para sacar varias "postais" dende o máis alto.
Pouco a pouco as irei poñendo.
Saudos
Eu a A Coruña adoito ir por obligación (estudio alí, xa pouco me queda pa ter que volver argg!!), así que namorada, o que se di unha namorada da cidade non son, pero hai que recoñecer que ten sitios preciosos e onde haxa un bon céspede, ben coidadiño, tes razón, dan unhas ganas de tirarse a rolos tremendas!! jaja
Agardo polo resto das "postais" logo ;-)
Koruña is different NENO
A que si, CHORVO?
jajaja totalmente!!
Publicar un comentario