xoves, 6 de setembro de 2007

Operación Espada



Segue sen aparecer. Preocupados andamos tod@s en Sobrado. A espada, propiedade de esta parella (Pirulo e María) foi roubada, sustraida, cambiada de lugar ou como lle queirades chamar o pasado 25 de agosto no Restaurante La Casilla de Guitiriz. Ata o de agora ninguén tivo novas do obxeto en cuestión. Unha espada que en palabras do propio Pirulo tiña grabados o nome de María e o seu por un lado e o do restaurante polo outro.

A última persoa que viu esta espada foi o mozo da foto: Pazitos. Este home encargouse da espada ata que desapareceu, mostrando as súas dotes como cabaleiro do Rei Arturo por todo o restaurante. O novo D´artagnan pousou esta arma de cortante fío e nunca máis se voltou a saber de ela.


P.D: pido a tod@s os que lean esto e teñan algunha sospeita ou nova de que puido acontecer se poñan en contacto conmigo no meu correo electrónico pois os noivos están xa a piques de chegar de México e sería unha bonita sorpresa agasallalos coa espada perdida.


Saudos

25 comentarios:

Helen dixo...

Nice Blog :)

Anónimo dixo...

Bos días!!

Desde logo, cada día que pasa resúltame máis divertido entrar a ler o teu blog jeje. Cada día sorpréndesnos cunha entrada máis simpática que a anterior (aínda que se cadra aos recén casados non lles parece simpático que o tal Pazitos lles perdera a espada).

Segue así, que eu estarei aquí lendo as historias que escribes jeje. Até me están dando ganas de facer eu un blog destes tamén (o malo é que a pereza mátame!!).

Un saúdo.

Anónimo dixo...

jejeje!! Podias colgar unha foto de toda a panda xunta!

Unknown dixo...

Gracias polos halagos. Aledame saber que vos divertides lendo todo isto. Hai que disfrutar e o carallo!

Non teño ningunha foto chula de todo o plantel de "personaxes" agás a do Tute de Teixeiro que puxen no mes de Xuño (mira os meses anteriores).
Peeeeeeero, prometo que nos Dolores vou sacar moitas fotos de todo o personal e poñelas neste humilde recuncho onde tod@s sodes benvid@s.

Graciñas por estar ahí.

Anónimo dixo...

Ata ten cara de espadachín.
Bueno,bueno,bueno.Asi e atodo,manda truco. Xa pasados quince días e sen saber nada desta perda, e eso que a espada non debía ser pequena. Dende logo que a tivo que agachar ben Pazitos.

O Muxico

Anónimo dixo...

Creo que xa sei de que espada falades, supoñome que será a que animou o baila do citado acontecemento, case se moveu tanto como o energumeno de Puljido. Eu penso que igual a levou o dúo(por iso de non poñer trio) para alegrar outro convite.
Un abrazo

Anónimo dixo...

Hola guapetones,espero que esteis chevere la espada la tengo yo ,y mi amoool podeis venirla a buscar cuando gusteis , besazos machotones.
CHAOOO.

Unknown dixo...

Máis que de espadachín ten cara de espadachón! je je je. Bueno parece que comeza a haber pistas de onde puido estar a espada. O carallo é onde vai agora, por que rodas non ten!
Hai Pazitos, Pazitos, que cabeciña home. Non sería mellor que estiveses xogando co palilleiro, así polo menos a perda sería menor.

Cada vez que se me acorda aquela preciosa espada toledana...

Anónimo dixo...

A este paso, dentro de nada estará a policía buscando a dichosa espada...

Unknown dixo...

Nin rastro!!!! a espada segue sen aparecer. Que desastre!!! isto é incrible. Teremos que levar a Pazitos a un psicólogo a ver se lle fai recordar en que lugar do restaurante viu a espada por última vez. As últimas declaracións de Pazitos feitas na Cafetería Ramiro sobor do instrumento de cortante fío forón: " se sei quen foi o fillo de .... que colleu a espada REVÉNTOLLE a cabeza", duras declaracións sen dúbida algunha.

Anónimo dixo...

Que medo!! Con semellantes intencións xa pode aparecer axiña a espada e sen que se saiba quen a levou...máis que nada pola súa integridade física, que se cadra vese un pouco ameazada... jejeje

Unknown dixo...

O peor de todo é que o 13 de outubro cásase seu irmán e a ameaza de que Pazitos perda outra espada existe. Agardemos que súa nai lla quite das mans a tempo antes de que corte un mantel ou algo.

Anónimo dixo...

jajaja que peligro!!

Vós debédelo de pasar bomba, porque con tanto personaxe solto e coas aventuras que contas aquí, calquera non se ri!! Repito o que dixen máis arriba: cada día sorpréndesme máis co blog, como di miña avoa: eres ben simpático oh!!
jeje.

Saúdos.

Unknown dixo...

Grazas polas alabanzas, non se merecen. A verdade é que personaxes hai para dar e tomar aquí en Sobrado. E se coñeces os de 45 anos para arriba xa nin che conto, INDESCRIPTIBLE! os meus compañeiros e eu levamos moito tempo dicindo que se ven Cárdenas a Sobrado dalle para facer 10 temporadas de un Gran Friki Show (polo menos).

Je je je

Unknown dixo...

Coño!!!! Estoume fixando que o meu blog acada cuotas internacionais. Mira a Helen esta que visitiña me veu facer, oh!
Elena hostia, estudia un pouco e deixa de andar por internet, je je je.

Anónimo dixo...

De nada, pero dígoo de corazón, non por darche xabón jeje. Resúltame entretido entrar a ler o teu blog, e eso que non te coñezo persoalmente de nada!! Pero xa me partía coas túas mensaxes no foro sinsueno e aquí sigo jeje.

E en Sobrado non coñezo a ninguén...lástima!! Bueno, minto, fai dous anos tiven unha compañeira de clase que é daí, pero non sei que será dela...

Unknown dixo...

Alédame que o pases ben co meu blog. Eu paso xenial poñendo estas historias. Como se chama a rapaza en cuestión da que me falas? porque supoño que a debo coñecer. Nos pobos pequenos conocémonos tod@s (de vista quero dicir, je je je).

P.D: PRIMICIA MUNDIAL, PROXIMAMENTE VIDEO NO BLOG DE UN MEMBRO DA COMISIÓN 2007 PILLADO IN-FRAGANTI CANDO UNHA MOZA LLE "PEGABA DE MANEIRA EXTRANA" A ALTAS HORAS DA MADRUGADA NUN BAR DE UN POBO CERCANO. (O home que vai ceder o video quere quedar no anonimato porque Pazitos é un chaval moi reservado).

Anónimo dixo...

A rapaza chámase Lucía, pero non recordo os apelidos...

Bueno, xa fai un anaco que o lin e aínda me estou rindo coa posdata que puxeches. Con comentarios así non é de extrañar que me resulte divertido lerte jajaja. A moza pegáballe "de maneira extraña"... a saber qué maneira é esa! (Agardo polo vídeo, que me ten intrigada xDD). Pero o colmo xa é o final: quere quedar no anonimato porque Pazitos é moi reservado!! En fin, sen comentarios, que aínda me estou a rir. Segue así, porque o teu blog é un recuncho de risas aseguradas. Felicidades.

Unknown dixo...

O video non ten desperdicio, pódesmo creer, o mellor o mércores ou o xoves pode haber sorpresa.

Gracias por estar ahí.

Anónimo dixo...

Créocho totalmente!! E agardo por el...

Saúdos.

Unknown dixo...

Xa vai máis de un mes e a Espada segue sen aparecer. O paso que vamos pasará a voda de Jacobo e non aparecerá. Segue sen haber pistas. O sábado temos despedida de solteiro en Lugo, a espada foi extraviada (perdida) nesa provincia. A ver se Deus quixese que aparecese de unha vez porque Pirulo e María estanse comezando a impacientar (non me extraña!!!).

Anónimo dixo...

Perdona Latuzas pero Dios queira quen non apareza xustamente na despedida,non quero nin pensar a reacción de Dartañán!!!!!
Vexo que pasou o verán pero non damos apartado das festas eh!:Inaguración da Discoteca en Vilariño, boda de Jacobo e a pertinente despedida, pero para colmo campeonato de....tute.Bueno faremos o que se poida.

P.D.:O comentario final é unha frase feita, porque evidentemente o tanden Álvaro-Truke opta a trofeo coma de costume.

Anónimo dixo...

Pero daquela que raio tiña a espada esa oh?? Porque pa movilizarvos a todos e estar tan preocupados por unha espada...xa pode ser especial... non sería a típica espada esta que che dan nas bodas pa cortar o pastel ou algo?

Unknown dixo...

Que pasa Director!!!! cala oh!!! non me fales, voumche facer un pequeno resumo do que nos espera (neste mes):

sábado 6 outubro: despedida de Jacobo.
xoves 11 outubro: haberá que ir o San Froilán coma de costume.
venres 12 outubro: vésperas da voda...
sábado 13 outubro: voda (sen comentarios, aínda que eu paso de subirme a bailar outra vez a barra do Kemáis)
venres 19 outubro: campionato de playstation na Disco-Tasca de Vilariño.
sábado 20 outubro: algunha liaremos
mércores 31 outubro: haberá que salir que para eso o día seguinte é festivo.
xoves 1 novembro: como fago ponte e supoño que ti tamén voute levar a un garito que coñezo que vas flipar.
venres 2 de novembro: campionato de tute do C.A.S.X. (los tambores...)
sábado 3 de novembro: outra vez troula (pobre carteira)
domingo 4 de novembro: ingresados no hospital cunha crise cirrótica.

- Vero: a espada esa da máis traballo ca vale (non digo que non valga nada, que o vale) pero mira que nos fai dar voltas. Era de Albacete e estaba cuñada con denominación de orixe e todo. Montouna boa Pazitos.

Anónimo dixo...

Jová coa espadita logo!! A ver se aparece pronto porque senón aínda vos ha dar algo, con tanta preocupación e tanta busca... que teñades sorte e apareza enteira.

O planing ese que pos ahí ten cousas interesantes, si... pero sería máis interesante se volveras subir bailar a unha barra jajaja (non o digo por mal, que eu nunca te vin, pero estaría chistoso seguro jejeje). Nalgunha así me teño visto eu tamén...

No que si estou contigo e no plan do sábado 3 de novembro: pobre carteira xD.

Un bico.