mércores, 5 de setembro de 2007

O Fillo Segredo de Lisardo


A Bomba do Verán estalou onte, AQUÍ SI QUE HAY TOMATE!


-Lugar: Guísamo (Bergondo)

-Hora: 00:23 horas

-Data: 05/09/2007


O meu compañeiro Pablo e máis eu aínda non saimos do noso asombro. Onte no transcurso do peche das Festas de Guísamo en Bergondo e mentres actuaba a Orquestra Panorama o meu avispado colega avísame de algo sospeitoso e inusual:


miro para a esquerda e a uns 10 metros e tras un tumulto de xente descubrimos a Lisardo con un neno de uns 4 anos subido nos seus hombros.

Quedamos bobos o ver a imaxe, polo que non dubidamos un momento en inmortalizar a imaxe para que ninguén nos poida dicir que o que contamos é unha broma.


Agora súrxenos moitas preguntas na cabeza:


Quen será a nai da criatura?

Desde cando ten Lisardo esas dotes para coidar nenos?

Cantos anos ten o rapaz en cuestión?

Como se chamará o cativo?

Levará o apelido Santos ou non?


Creédeme que nos quedamos en estado de shock, o resto da Comisión de Festas: Pazitos, Manolo e Javier aínda non o saben pero creedeme que este é un duro revés para nos pois ademáis de ter que pagar orquestras, grupos de rock, esceario, son, luz, pólvora e seguros agora engádese as golosinas e as viaxes nos coches de choque, saltamontes, dragón, etc, etc, etc, que o cativo vai querer disfrutar nas Festas dos Dolores.


Deus nos pille confesados!!!!!!

6 comentarios:

Anónimo dixo...

A verdade e que onte na festa que Panorama estaba dando en guisamo, quedamos totalmente abraiados ó ver a Lisardo co cativo Lisardito nos hombreiros.Que agachado o tiña, nin mo imaxinaba, pero tal e como reflexa a imaxe da foto realizada polo compañerio victor non cabe dubida do gran parecido,¿parecerase á nai?.O imporante e que se lle ve un home embargado pola felicidade.
Un saudo.
O muxico.

Anónimo dixo...

jajajaja ti valías pa reporteiro do tomate!!

Anónimo dixo...

Buff,buff e buff!Isto si que se pode considerar a noticia do verán.Felicidades Lisardo!!!

Anónimo dixo...

Querida comision espero que a vosa viaxe a guisamo fora fructifera e dera rendimiento a comision en forma de anuncios nos respectivoa locais de hosteleria,moi recoñecidos internacionalmente creo que algun deles debe ter incluso o tenedor de ouro

Anónimo dixo...

Esta foto non se ve moi ven e gustariame facervos unha pregunta.O fillo de lisardo(lisardito)¿ ten un tono de piel dourado? simplemente por ubicar.

Unknown dixo...

Estimados amig@s: acompáñovos na vosa felicidade pola boa nova da aparición de este raparigo que nos visitará nas vindeiras festas dos Dolores.

Polo que respecta a viaxe a Guísamo direi que foi moi fructífera: anuncios non fixemos e todo o que lle consumimos foi a grupoporto.com. Dos locais que citas quero correxirte pois creo que non teñen o "Tenedor de Ouro" senón o "Bide de Prata".

Voltando o tema de Lisardito estou de acordo no que ten unha cor de pel bronceada, non sei se debido a praia (verán para ir moito a ela non veu) ou ben é a súa cor natural, polo que deduzo que se Lisardo ten unha cor de pel branca a nai do cativo debe ter a pel máis ben morena.
Digo eu polo tema dos xens e estas cousas.

Saudos