venres, 7 de setembro de 2007

PPV (Pechado Por Vacacións)


Siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii, por fin, hoxe a partires das 00:00 horas, cando remate o concerto de Dani López, estarei oficialmente de vacacions. Polo tanto estarei un pouquiño perezoso a hora de ter o día este blog.

Voltarei o "curro" o día 24 de setembro, se Deus quere poñerei fotos "a jranel" da Festa dos Dolores, na cal agardo que saia todo ben: Tempo, Cartos, Xente,etc, etc, etc.


Falando dos Dolores debo dicir que hoxe na páxina 2 da sección FUGAS de La Voz de Galicia adicanlle media páxina os nosos concertos "Dolores D Kbza Rock" (aínda que o que escribe a noticia J.B. -agardo que non sexa o do whisky- puxo por 2 veces "Dolores Bekbeza" - que non sei de onde carallo inventou ese nome o José Baralla este-).

Sae unha foto en grande dos The Majestics, un grupo que xa aproveito para informarvos que non vai poder vir pois o seu batería José "Bonham" rompeu unha muñeca, e serán sustituidos polos Creole Kings Electric Band (un grupo que non oira falar del na miña vida).

Os C.K.E.B. son vigueses, o batería do grupo pertenceu os Killer Barbies da guapísima Silvia Superstar e fan un memorial das cancións de Elvis Pressley para recordar o 30 aniversario do seu falecemento. O cantante sal vestido igual que "Elvis The Pelvis" e dentro do espectaculo inclúense uns bailarins que nos amosan a pura esencia do estilo rockeiro.

Teño que agradecer a José Luis, o manager dos "The Majestics" a súa atención para con nós e as facilidades que nos dou para conseguir outro grupo pois xestionou todo dende a súa oficina de San Sebastián preocupandose él de chamar a varios grupos e preocuparse de que o grupo que sustituira os The Majestics tivera calidade dabondo.


Voltando as vacacións a primeira semana adicareina a currar a saco para que poidamos ter unhas festas o máis levadeiras posibles e coa menor presión que se poida (aínda que iso é moi difícil): que faga bon tempo, que faga bon tempo, que faga bon tempo, que nos cheguen os cartos, que nos cheguen os cartos, que nos cheguen os cartos, que nos colla o palco da Panorama, que nos colla o palco da Panorama, que nos colla o palco da Panorama -esto é o que teño na cabeza estos días a todas horas-. A verdade é que estresa pero como haxa xente e todo saia ben prometo cantar Dolores Se Llamaba Lola con Lito e Jorge da Panorama o derradeiro día das festas.


Nada máis, déixovos unha foto dunhas vistas maravillosas dende o Monte San Pedro de "La Ciudad Donde Nadie Es Forastero". Así pois, cando vexades o mar pensade nas miñas vacacións.


Bicos

18 comentarios:

Ghaiteira dixo...

Olaaaaaa!!
Acabo de ler o teu comentario no meu blogue e xa te añadín as miñas ligazóns, seguireite lendo.
Por certo, en Sobrado me tes sábado e domingo!
Saúd0s!! ^^

Anónimo dixo...

Coma sempre, foto preciosa.

En canto ás vacacións, polo que leo van ser algo "ajetreaditas" non? Polo menos mentres non pasen as festas, porque só de ler o que dis que tes na cabeza a todas horas, case me estreso eu tamén jeje.

Non te estreses tanto home, que seguro que vos sae todo ben. Disfrútaas moito, que aínda que teñas que traballar para que todo cadre, tamén estás de festa, que narices!!

Un bico.

A lareira de Santiso dixo...

Boas vacacións, Víctor! a disfrutalas, que prestan máis beeeenn!
Bicos

Unknown dixo...

Grazas por felicitarme as vacacións. Foron curtas pero intensas, a verdade é que non parei moito e o meu coche moito menos (teñoo contento, je je je). Agora toca currar e aínda me quedan uns días de vacacións que aproveitarei nas vindeiras pontes e no Nadal.

Grazas por estar ahí.

Anónimo dixo...

Se che serve de consolo, de hoxe nunha semana eu tamén volvo ao trajín, acábanseme as hollidays... pero bueno, tampouco me voy queixar que estiven de vacacións 3 mesiños!! É o que ten ser estudante, pero tamén digo unha cousa: unhas vacacións tan longas desgracian a calquera, así quen ten ganas de volver á rutina???

Grazas a ti por escribir un blog tan entretido :)

Anónimo dixo...

Bueno, na anterior mensaxe só puxen Vero, pero son a mesma Vero das outras mensaxes, Vero86. Foiseme a olla jeje.

Unknown dixo...

Efectivamente, eu cando era estudiante non paraba de sair de festa cos meus compañeiros, e alí onde había un pouco de ruido (chámalle música nalgúns casos) alí estabamos nós. Non nos perdiamos unha festa. Evidentemente con tanto personaxe xunto, cada noite unha fazaña distinta. Algunhas incluso non valen nin para contar, je je je.

Xa se sabe, hai que rirse de todo que din os médicos que é sano.

Anónimo dixo...

Ui...se non valen nin para contar a saber as que armábades jeje.

Disque é sano si, asi que eu debo estar sanísima e inmunizada contra todo, porque outra cousa non, pero rir...bufff!!!

Unknown dixo...

Na na, nanana, na, nananananananana rumore, rumore...

je je je

Armámolas moi gordas de noso señor, je je je, destas que aínda tes ris máis cando as recordas que no momento de facelas.


Saudos

Anónimo dixo...

jajaja esas son as mellores!! Eu o outro día estiven de "momento revival" coas amigas que conservo desde os primeiros anos do instituro (cando eu tiña 12 - 13 aniños...) e botámonos unhas risas tremendas!! É que cada vez que o recordo aínda me río máis!! jajaja

Unknown dixo...

Claro que si. Nos por exemplo temos varias "fazañas" co meu antiguo coche (Peogeot 205) que e contalas por enésima vez e risas garantidas.
Sempre está xenial recordar esas historias porque a pesares de que pase o tempo parecen que foi fai unha semana.

Anónimo dixo...

Totalmente, cóntalo e paréceche que foi onte. Por moitas veces que o contes sempre te volves a rir. Nós como empecemos a contar...buff!! Temos pa facer un libro jaja.

Unknown dixo...

Seguro que si. Eu como empece a contar teño para facer un blog (chiste fácil).

Je je je

Anónimo dixo...

Ostrás, pois se te pos se cadra aínda che quedaba un blog chulo e todo... jejeje
Cando o fagas avisa que entro a lelo :)

Unknown dixo...

Me cago na leche voume animar e facer un haber que tal sae. Polo menos poñer fotos dalguns vándalos (suevos e alanos non hai), je je je.

Anónimo dixo...

jajaja seguro que che queda bonito, se o fas eu entro a lelo e fírmoche ahí, como está mandao!! jejeje. Sería o nunca visto, como ninguén de Sobrado ten un deses... ;-)

Unknown dixo...

Pois veña a partires de agora xa sabes!!! entras e firmas no meu blog.
(Que mal estamos)

Saudos

Anónimo dixo...

Que mal estamos!! Iso mesmo digo eu!! Os comentarios desta entrada xa se están parecendo aos do foro sinsueno, xa se nos vai a pinza un chisco...jejeje

Saúdos!!