mércores, 8 de agosto de 2007

VIII Feira da Troita


Nunha semana e catro días comeza a VIII Edición da Feira da Troita.

Comezará o sábado 18 de agosto co III Festival Musical e Intercultural da Xuventude que este ano traenos a Dani López, Transportes Hernández y Sanjurjo e Loquillo y Trogloditas.

Eu opino que o nivel dos concertos este ano é bastante bo, con artistas contrastados como é Loquillo, Julián Hernández (cantante de Siniestro Total) ou Rómulo Sanjurjo (acordeonista de Os Diplomáticos de Monte Alto).

Todo comezará as 22:00 h na Praza do Concello con Dani López dentro do programa "Vai de Camiño" que promociona o Xacobeo. O artista betanceiro poñera a nota folk en Sobrado, con un espectaculo de luces, son e danza moi interesante.

Tras o concerto de Dani López os concertos trasladaranse a explanada do Pavillón Polideportivo Municipal onde a partires das 23:35 horas comezará Transportes Hernández y Sanjurjo que nos deleitarán co inusual formato de voz, guitarra acústica, acordeón, mandolina e bases electrónicas.

Finalmente rematará o cabeza de cartel de esta III Edición do Festival Musical e Intercultural da Xuventude: Loquillo y Trogloditas, un grupo consagrado na escea nacional do rock and roll que seguro fará cantar a todo o público coas súas coñecidas cancións.

Os concertos serán todos gratuitos e a área recreativa de Pontepedra estará habilitada para acampar (tamén será gratuito).


O domingo 19 de agosto arranca a VIII Edición da Feira da Troita co xa tradicional concurso de pesca, mostras de artesanía, repoboación do río Tambre coa solta de 25.000 alevíns de troita autóctona, lectura do pregón a cargo de D. Jesús Busto Peteiro, presidente da Fundación -Grelo- Amigos de Galicia. Sesión vermú a cargo do Grupo Jocker, VII Edición da Baixada de Carrilanas coa participación estelar das carrilanas de Esteiro (Muros), Exhibición Cabalar da Escola Ecuestre Manuel Mirantes de León, actuación do Grupo de Baile A Maristela de Sobrado e remate da festa coa foliada nocturna a cargo do Grupo Jocker.

Por suposto o longo de todo o día poderase degustar "Troita á Montañesa" na praza do Concello e tamén nos locais hostaleiros de Sobrado.


Hai actividades por un tubo toda a fin de semana, así que xa sabedes, non o podedes perder.


Vide a Sobrado.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

esa troita xa se fai esperar vamos queimalo mosteiro arde galiza pero non queima

Unknown dixo...

Tacón, tacón,
tacón, punta, tacón

quero bailaaaar...
quero bailaaaar...

nos coches de choque
quero bailar

E unha vez un jicho en Noia
díxome con paranoia
que Alvaro Pino
comprou unha vespino.

Made by "Os Resentidos"

Antón Reixa FENÓMENO

Anónimo dixo...

I TORNEO FÚTBOL 7."CONCELLO DE MELIDE"
Vou suspender a inactividade cibernética por un intre. Como sabedes case todos e se non cóntovolo eu, este ano non se pode celebrar o tradicional Torneo de Fútbol Sala de Agosto. O pavillón aínda non vai estar a tempo para esta cita e o Cire de Melide decidiu organizar un de Fútbol 7 a semana despois do San Roque. Aquí vos deixo o cartel anunciador, non faltedes e apuntádevos que xogar no Campo Municipal da carretera da Golada é unha delicia.

Unknown dixo...

Grazas amigo por deixarnos esta nova do Fútbol 7 de Melide. Unha lástima o do Pavillón Polideportivo pois o Campionato de Verán de Fútbol Sala de Melide é un referente dentro das actividades deportivas na Comarca.
Por primeira vez en moitos anos Melide non terá o citado campionato, agardemos que para o ano que ven xa poida estar todo amañado.

Saudos

rikimelide dixo...

Boas a todos, primeiro noraboa polo tremendo cartel deste ano da Festa da Troita. Seguro que estará a tope a vila do císter.
Eu a ver si me dou pasado por aló.
E segundo confirmarvos o do Fútbol 7 que alguén sacaou do meu blog.
Animarse e vinde competir polo Cerne. Pois nada mais, unha aperta forte Lato para ti e para os teus lectores incondicionais (entre os que me incluio).

Anónimo dixo...

ei chamoumo loquillo que non pode ir a troita que e a festa do cabalo en rego de ameneiro

Unknown dixo...

Super Riki, q pasa? xa sabes que te tes que pasar por Sobrado (aínda que teñas que facer unha paréntese no San Roque) o sábado para escoitar música da boa.

Se Loquillo non pode vir por esa causa está xustificadísima, je je je, a Festa do Cabalo de Rego de Ameneiros é un clásico da zona do Bocelo pero penso que lle dará tempo a todo: a montar e a cantar.

Saudos

Anónimo dixo...

troita troita!!!!! tou ata o carallo de tanta troita!! e iso q ainda non empecei a fritir!!!juassssssssssssssss
o caso e que tou contenta pola pedacho fiesta que hai, xa fixen un par de amigos q van poñer un posto de "macrame" que resulta q xa coñecera (moito me justa meter os fuciños) en pardiñas!!!!!!!!!!!ole ole... boa xente....
en fin...
se non dou saido da cociña ven por min lato!!!!!!!!