mércores, 21 de novembro de 2007

Ata cando vai seguir subindo o carburante?


Dende hai un tempo a esta parte cada vez que vou repostar a calqueira Estación de Servicio póñome de mala uva debido o abusivo dos prezos que teñen os carburantes pero onte xa foi a gota que colmou o vaso...
Cheguei de traballar e comentame miña nai que viñeron encher o depósito da caldeira da calefacción, e que o prezo era auténticamente bestial. Hai agora mesmo un ano o litro de gasoil de calefacción custaba 0,60 €, onte miña nai pagou o litro a 0,73 €, é dicir, un incremento de 0,13 € nun ano, multiplicado por 800 litros que foi o combustible que entrou na caldeira da un resultado de 104 € máis caro encher o depósito que o ano pasado.
Pero esto non acaba eiquí, pola tarde vou votar gasoil o meu coche e encóntrome coa agradable sorpresa de que o litro de diesel está a 1,061 €, QUE ATRACO! A onde imos chegar? 1 litro de gasoil 176 das antigas pesetas.
Votei 20 euriños= 18,85 litros (NIN 20 LITROS), como me fastidia que nos tomen por tontos. Agora cando os profesionais do transporte fagan outra manifestación e outro parón voltarano a baixar a 0,91 ou 0,92 céntimos para que calemos a boca unha tempada e irano incrementando outra vez. Logo dirán que sobe porque o prezo do barril de petroleo subiu (en dolares, unha moeda máis baixa ca o euro) e tal...
Se a esto lle incrementamos a salvaxe subida do prezo da carne de polo, do leite, do aceite e do pan (productos de primeira necesidade) e os salarios dos traballadores non soben, a onde imos chegar? a onde nos vai levar todo esto? Non sei, pinta moi mal e a crise económica cada vez é máis grave.
AFORREMOS...

20 comentarios:

Anónimo dixo...

ertertet4

Anónimo dixo...

DV di que tes toda a razón do mundo, esto estase poñendo moi festidiado e o gasoil é un descalabro, aínda o acordo eu hai 11 anos cando quitei o carné de conducir a oitenta e algo de ptas e supoño que ti tamén, pois temos case a mesma idade, ahora vou a gasolinera de Vilasantar e flipo e máis aínda cando gasto mais ou menos 40 euros a semana e estou facendo todolos días 100 km en ir traballar.
Por certo, felicidades polo campionato de tute e se ides a cabrui outra tanta sorte, por certo eres do Manchester?¿ nada solo cho preguntaba porque te vin algunha vez, creo, cunha camiseta.

Nada..... tomar o asunto con paciencia e cando vaias repostar pensa noutra cousa ou no futbol ou nunha deusa ...total non vale de nada preocuparse.

Chao

ToquesCF dixo...

Pero victor como eso de q sube o gasoil e falso eu sempre voto 20 €, xddddd

Bromas a parte, a verdade e q ha este paso o gasoil vai valer o mesmo ca gasolina, e unha vergonza. Pero bueno, parece q a cousa agora está algo normalizada e esperemos q baixe. saudos

Anónimo dixo...

ken e ese do sobrado ke xogou na 2 division de futbol¿?en ke ekipo¿?

Anónimo dixo...

É un atraco todo!! Eu non sei a donde raio imos ir parar con este panorama, porque todo sobe menos os salarios dos traballadores (xa sei que te estou repetindo, Víctor, pero é que me pon de mala uva este tema, aínda que eu non traballe jeje).

Os buses cada día soben máis, a comida tamén...en fin, que non sei como acabará isto, pero boa pinta non ten.

Saúdos!!

Anónimo dixo...

Ah!! E outra cousa máis: aínda que non sexa algo de primeira necesidade (non se pode comparar cos alimentos que citas ti no post, desde logo), teño que dicir que o teléfono é outro atraco máis.

Mecajonodemo, é que chamar a un móvil doutra compañía é un roubo a man armada!!

O dito, que hai que aforrar, como ti ben dis, e a partires de agora facerlle sinais de fume ó "churri" jejeje.

Pitus dixo...

Habra que ir pensando en comprar una scooter.En Granada,por ejemplo,el que no la tiene es raro de cojones.Lo complicado es que por aqui en el norte hay que echarle un par de huevos muchos dias para ir en moto.Pero bueno,a este paso,cualquier cosa.
Yo creo que el "quid" de la cuestión es que seguimos cobrando en pesetas(que suena a más) y gastamos en euros(que suena a menos)y entre lo que nos engañan y lo que nos engañamos nosotros vamos de culo.

Anónimo dixo...
Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.
Unknown dixo...

DV, hola non sei que eres. Pois si, eu fai case 11 anos que saquei o carnet de conducir. Eu fago 700 kilómetros a semana,pero os meus na súa maioría son en plan ocio (non obligados) e a verdade e que medio sueldo queda nas diversas gasolineiras que hai pola zona.
Grazas polo do tute, se en Cabrui "apañamos" coma en Teixeiro é moi difícil perder unha partida. Nunca tal me pasara.
SI, SON DO MANCHESTER, sempre me gustou, e teño a mítica camiseta Umbro vermella onde se veía Old Trafford con brillos no fondo, segoa tendo no armario nun lugar preferencial, encántame esa camiseta. O Manchester do gran Eric Cantona, Paul Ince, Dennis Irwin, Peter Schmeichel, Mark Hugues, Andrej Kanchelskis e uns xovencísimos Ryan Giggs e Paul Scholes, todos eles comandados polo gran capitán Roy Keane. Na seguinte fornada de xogadores saidos da canteira dos Red Devils chegarían David Beckham, os irmáns Neville (Gary e Phil) e Nicky Butt.
Seguramente en breve farei un post adicado o Manchester United.
Tes razón mellor pensar no fútbol ou nas deusas (reinas como diría o meu amigo Julito de Boimorto).
-Toques CF, tes razón je je, o prezo do gasoil subímolo nos, se sempre votamos 20 € e un día cambiamos e votamos 30 € estámolo encarecendo, je je. Ten que baixar un pouquiño a cousa por qué como dicía Medina Azahara "NECESITO RESPIRAR".
Anónimo: a próxima fichaxe de momento é un segredo, só podo dicir que proven da canteira dun equipo español que ten títulos internacionais, é dicir, un dos grandes.
- Vero, paciencia tia, que lle vas facer, a ver se se impon a cordura e ou ben baixan os prezos, ou o noso nivel adquisitivo sobe.
Por certo, o das compañías telefónica é de auténtico escándalo. Onte leín que R vai entrar no mundo dos móviles, a ver se lles da caña, canta máis competencia mellores prezos (agardemos).
-Pitus: toda la razón, cuando entro el Euro decían que se iba a mantener el mismo precio y eso fue MENTIRA! si te fijas ahora tienen todo redondeado a 5 o a 0, nada cuesta 12,13 € ni 27,32€. En fin...

P.D: GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR E DAR AS VOSAS OPINIÓNS, DA GUSTO CHEGAR POLA MAÑAN E VER 8 COMENTARIOS SOBRE UN POST.

Anónimo dixo...

Eu tamén lera iso de que R vai entrar ó mercado da telefonía móvil, así que espero, como ti dis, que lles dea caña, porque eu son movistar e gasto unha burrada cada vez que falo con alguén da competencia, é de auténtico escándalo!! Dun tempo a esta parte cada día mando máis sms, porque chamar non se pode, que te arruínas!!

Dubido moito que se impoña a cordura, porque neste país iso cada vez escasea máis (aínda así sigo agardando que a situación cambie).

P.D.: NON TES QUE DAR AS GRAZAS, XA O SABES!!!

Bicos!

Anónimo dixo...

DV- Si que me coñeces, estudiamos xuntos en 3º e 4º da ESO, en Bacharelato pois xa non me lembro, David Castro, daste conta?. Está moi ben o teu blog aínda que a maioría da xente que aparece por aquí non a coñezo .
En Cabrui tedes que defender o título de Champións para subir a categoria e o caché e poder aspirar a xogar nas Vegas, jaja.
Saúdos

Anónimo dixo...

jeje quen vos vería nas Vegas!!

Unknown dixo...

-Home David, que tal tio? como no me vou dar conta? o gran Darío Franco das pachangas na pista de asfalto do I.E.S de Curtis, as partidas de futbolín na sala de xogos de Antonio, os guateques en Memphis Imperial, as clases de lengua con Julia..., je je je. Que tempos aqueles...
Benvido a este o teu blog, agardo que che guste e que disfrutes del.

Saudos e Deus te oiga co do tute.

Vero: imos as Vegas e rebentamos os Casinos (como diría Pazitos).

Bicos

Anónimo dixo...

DV- Acórdome das clases de tecnoloxía con Panete, en Música poñíache a cinta e veña cancións e as mellores eran as clases de debuxo con Francisco, aínda me lembro dun exame no que escribíramos os marcos da porta e do armario...témolo pasado moi ben.
A min avisáronme onte para ir o campionato e supoño que irei ata alí, xogar xogo regular, pero terei que mirar de aguantar delas, jeje

Anónimo dixo...

Se ides ás Vegas e arrasades así, xa poden temblar os donos dos casinos!! jeje

Unknown dixo...

Qué pasa David? felicidades por chegar a final o venres en Cabrui 100 euriños non veñen mal.
As clases de Francisco!!!! do máis subrrealista que me pasou na vida (creo que non fun o único), eso era un auténtico espectáculo, de cada clase podíanse sacar 3 ou 4 anécdotas das de sair en Buenafuente, je je. Era bo tio.

- Vero: uy os Casinos se nos ven contrátannos seguro, aínda que sexa para dar espectáculo. Temos a curiosa habilidade de que alí onde imos somos o centro de atención, o outro día conseguímolo outra vez en Cabrui. Vaia show, je je je.

Qué tolos estamos!

Anónimo dixo...

Dv- Gracias polo dos 100 euriños aínda que sexa por aguantar a Cao jaja xoga moi ben as cartas pero eu son un desastre no mundo do naipe e aínda encima era a 4ª ou 5ª vez que xogaba con el, bueno o que conta é pasalo ben que é do que se trata, eu o final xa non vía as cartas nin me enteraba do conto pero había que acabar...
Bueno ahora vou traballar un pouco ou "facer que traballo" porque esto dos luns é matador, estresaaante jejeje

Saudos meu!!!

Anónimo dixo...

Seguide así, que se cadra máis que para armar espectáculo até bos acaban contratando de crupier jajaja

Unknown dixo...

DV: Cao xoga moito, é moi bo. A verdade é que controla as cartas unha pasada.
Un dos que vos gañou a final (Miguel) é meu padriño de confirmación. Así que como ves os títulos de tute andan merodeando por Sobrado, je je je.

Vero: de cuprier? o que nos poden é "escuprier" na cara, je je je.
Qué chiste máis malo

Saudos

Anónimo dixo...

jejeje non creo que cheguen a tanto, que maleducados serían!!

O chiste sería malo, pero a mín fíxome gracia, arrancoume un soriso jejeje (con cousas así é cando me acordo do foro sinsueno...aiss!! Que risas nos botábamos nel)