luns, 5 de novembro de 2007

Temporeros!!!

Moi boas, como estades? pois si amigos. Por fin e logo de case dous meses a Comisión de Festas de Sobrado 2007 rematou as súas obrigas. Faltaba por cerrar a finca que amablemente nos deixou Toñito de Gabriel para poder poñer alí os coches de choque e por unha cousa ou por outra (vagancia máis que nada) foise deixando de un día para outro. Nunha conversación calquera nun bar calquera Lisardo e Pablo Calvete comprometeronse a colocar eles as estacas (nun santiamén). Esta ardua tarefa fíxose na tarde do 1 de novembro (todos os santos) polo que todo canto coche e quisque que pasaba pola acera non podía facer outra cousa que mirar para eles e curiosear que era o que realmente facían alí con tanto empeño. Como vedes na cara dos dous artistas tomaron o traballo moi en serio e non houbo nin un minuto de relaxación (faltoulles levar as garimbas e o bocata de xamón -e viño peleón, je je-).
Dicir que as estacas quedaron ben clavadas... nas esquinas, porque polo medio vaía pola virxen (algunha delas xa está derribada, con axuda humana eso si).
Pois nada, noraboa polo traballo feito chavales, deus volo pague con moitos fillos.

Noutro orde de cousas, dicir que este vindeiro venres 9 de novembro a Comisión de festas Sobrado 2008 organiza un magosto a partires das 22:00 horas na Praza do Concello, haberá un dúo e un chiringuito para refrescarse. Animo a todo o mundo a que veña "a deixar un peso" para que as festas de Sobrado sigan sendo unha referencia na zona.

Saudos

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Tamén, mira que ir espetar estacas un festivo..xa hai que ter ansia!!

Xente así, traballadora, que estea disposta a dobrar o lombo por levantar o país é o que fai falta, si señor!! jeje

Anónimo dixo...

Efectivamente, xa pasaron dous meses dende que nos deixaron o prado e ainda se colocaron as estacas o día 1.
Pero todalas cousas hai que rematalas ben e menos mal que dúas persoas cordas, as cales se ven na foto publicada, decidiron colocalas.Como se ve nas súas facianas traballaron con ledicia e ánimo,como debe ser ainda despois de que algúnhas persoas lles metesen medo pola dificultade do traballo,e o tempo que se tiña que empregar na súa colocación(Levou 30 minutos).Nada máis,so agradecer a Toñito o prestamo do prado.
Un saudo:
O Muxico

Pitus dixo...

Muy bien Lisardo en su papel de capataz de obra,revisando y apuntalando las estacas con su propio peso.
De sus bocas puede entenderse:

-Vamos Pablito que a este paso nos dan las uvas!

A lo que el susodicho responde:

-Endeve que morro tiene el tio,a que te meto con el mechero!

Unknown dixo...

Vero: estes por "espetar" non saben o que facer, je je je. Con 10 tíos coma estes baixa ata o prezo do gasoil seguro, se os ven en Asía lévanos para alí seguro.
Muxi: 30 minutos???? je je je, téñoche que regalar un reloxo por duos motivos, no que tes parouche a hora e ademáis así podes chegar a unha hora decente a casa cando saes de rumba que ultimamente estás chegando de día sempre, je je je.
Pitus: Imagen típica de Manos a la Obra, BE-NI-TOOOOOOOO.
Hostia que bueno: Soleeee, que te meto con el meshero!!!!!

Anónimo dixo...

jajaja o caso é espetar algo non? jajajaja ai mi madre,que panda!!

Unknown dixo...

Efectivamente Vero, diche no clavo de cheo. Je je je.

Anónimo dixo...

Por qué será que acertaría eu...??? xDDD

E iso que non os coñezo de nada, pero...