
Tras un pequeno paron por mor da fin de semana no Grove e das derradeiras puntadas para configurar a X Feira da Troita volvemos a inserir un novo post.
Decir que o fin de semana foi estupendo, con un tempo inmellorable e onde Noe e eu puidemos disfrutar da praia, aínda que eu un pouquiño máis (ela queimouse e es teño un color máis acorde dun pais de América do Sur).
Ademáis de O Grove e a Toxa, visitamos a Illa de Sálvora, así como a Illa de Arousa, unha maravilla sobre todo a praia de Area Grande en San Vicente do Mar, se ides por alí non dudedes en visitala, é espectacular, mágoa de non poder estar uns días máis. Todo estivo xenial.
Polo que respecta á Feira da Troita xa están os carteis en imprenta e agardo que o venres xa poidan estar no meu poder para comezalos a colocar. En breves o veredes eiquí neste blog.
E polo de agora pouco máis, deixovos esta portada en exclusiva de Halo! para que vexades a maravilla de tempo que fixo nas Rías Baixas esta fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario