xoves, 2 de xullo de 2009

O San Pedro e San Xoan en fotos

Importante e abundante documentación fotográfica aporta o blog da Comisión de Sobrado 2009 http://www.comisionfestassobrado2009.blogspot.com/ sobre as festas do San Xoán e o San Pedro.

Un San Pedro no que poido afirmar o igual que moitos dos meus compañeiros que igual foi o máis divertido de todos cantos acordamos. Pódese definir con unha frase FESTAZA!

Festaza, dende o momento que Gelito subiu ó palco e cantou enteiriña "Dolores se llamaba Lola", non conforme con eso meteu 3 berros estilo "Rammstein" que xa forman parte da historia do pobo e deronlle un toque bestial a canción.

Festaza foi dende o momento en que chegamos a Ramiro as 4 AM tras acabar Troco e un cúmulo de casualidades fan que Nando con unha bandexa, Lisardo co teléfono-monedero, Chino coas pinzas do xeo, Pedino co cinseiro, coas mans e cos pes, Jorge primeiro co cristal e logo coa parede e Capitán con un trompetín deciden montar unha "charanga" o azar facendo un son xenial e adicandonos 3 horas e media inolvidables con un son sorprendente. Baixo a atenta mirada de unhas 30 ou 40 personas que cantaban e bailaban sen parar baixo a luz vermella de un Ramiro espectacular. GRAZAS MÚSICOS!

Festaza foi o día seguinte cando na sesión vermouth o Grupo Triunfo pechou a súa actuación con un poutpourri dos anos 70 co "Abanibí" como bandeira e que entre os Martinis e a música xa daban gañas de saltar.

Festaza foi o luns pola noite no primeiro pase de Triunfo cando o personaxe da pregunta da semana fixo e dixo todo aquelo que xa está máis que comentado.

Festaza foi cando no segundo pase de Triunfo deron un recital de como se mete música de caña para pouco pero intenso público que non dudaron un intre en agradecelo... e a Gelito tamén que subiu o palco por segundo día consecutivo e adicounos varios "berros" característicos que dame a min que vai ter que repetir nos Dolores diversas veces. Por suposto, tras acabar Triunfo houbo repetición de actuación en Ramiro con Puri como bailarina principal.

Festaza foi cando o martes na sesión vermouth o Dúo Camelia trouxo un son que parecía a Panorama e aínda por riba a cantante traia un vestido rosa que gustou moito ó persoal...

Grazas a Comisión e Grazas a tod@s cos que compartín festa, sodes a p... bomba!!!

San Pedro 2009 xa quedará para sempre no meu maxín.

Ningún comentario: