venres, 9 de abril de 2010

ULTIMA HORA: a Federación Española de Fútbol varía o regulamento con motivo do partido de mañá R. Madrid - F.C. Barcelona

Meu primo Félix de Ponferrada, crack onde os haxa dos correos electrónicos acabame de mandar de xeito urxente esta iniciativa de ultimísima hora que acaba de poñer en coñecemento a Federación Española de Fútbol con motivo do partido que paralizará mañá ó mundo (o enésimo partido do século), o correo reza así:
"Co fin de evitar outra cómoda victoria do F.C. Barcelona e igualar a contenda no vindeiro partido R. Madrid - F.C. Barcelona, a F.E.F. decidiu facer unha pequena modificación no céspede do Estadio Santiago Bernabeu así coma no regulamento.
O R. Madrid xogará a esquerda e non haberá cambio de campo logo do descanso".

Este será o aspecto que presentará o Estadio Santiago Bernabeu mañá:


P.D.: que non se me enfaden os amigos e as amigas madridistas.
Unha aperta e que gañe o mellor.

3 comentarios:

vero86 dixo...

jojojo esto supera a todos os post que levas posto ata hoxe!!! jajajaja

Unknown dixo...

Ja, ja, ja, pois ó final resultou ser que igual non era tan mala iniciativa...

vero86 dixo...

Igual non... que o poñan en práctica cando o Dépor xogue co Barcelona próximamente ou iso vai ser moito merenda de negros!