martes, 15 de xuño de 2010

A cousa vai de motos

"Galicia is different", eso sábeo todo o mundo e o que diga o contrario minte. Pois ben, hoxe quero deixar por este recunchiño un par de videos relacionado coas motocicletas e os seus conductores. Dúas situacións que ocurriron hai un tempo atrás pero que non deixan de ser canto menos peculiares coa TVG de testigo directo.
Os videos son cortiños (apenas pasan dos 30 segundos de duración cada un deles) polo que non vos roubará moito do voso preciado tempo visionalos. Seguro que moitos de vos xa os vistes algunha vez pero quería que figuraran aquí, en latosobrado.blogspot.com




Situación 1: o programa "A Ras" especializado en Rallies da TVG está a grabar unha reportaxe sobre o Ralli do Sur do Condado cando de repente un despistado motorista entra en escea (non vos perdades a conversa co Garda Civil así coma a "indumentaria" do piloto.




Situación 2: o Telexornal mediodía contacta en directo con unha reporteira desplazada a Padrón que está ubicada a pé de carretera. O tema a tratar, unha campaña da Dirección Xeral de Tráfico para a concienciación do uso do cinto de seguridade, cando de repente aparece en escea unha motocicleta pola marxe dereita da pantalla e sucede o que ides ver pero que a periodista de espaldas a "acción" nin se decatou.

Saudiños motorizados!

2 comentarios:

vero86 dixo...

Bueno, o primeiro vídeo é de traca!! jaja
O guardia civil ás carreiras detrás do paisano "Ud. es idiota?" jaja e o outro insistindo en que ía pá casa! Á ostia que pasou o do rallie... non quería ver ó paisaniño na moto polo medio...

Unknown dixo...

E sen casco e camisa aberta..., ja ja ja, é que os hai eh!!!