mércores, 23 de xuño de 2010

Música fresca para unha noite máxica



Noite grande a que nos agarda hoxe a moitos dos galegos nas diferentes cacharelas que alumearán esta noite meiga. En Sobrado xa está todo listo no Campo Francés para disfrutar de un evento que ano tras ano segue a medrar en todos os aspectos.
Para aderezar esta máxica noite de San Xoán deixovos esta versión do "Samba de Janeiro" que tan coñecido fixo o dj Bellini; desta volta a versión é de Phantastique.

Boa noite e que se vos cumpra ese desexo que tanto anhelades.

Ningún comentario: