martes, 24 de maio de 2011

Sen moito que decir

Debo confesar que levo uns días mal anímicamente falando por un simple e gran motivo que é o descenso do Deportivo. Xa sei que soa frío e pode que ata sen sentido. Seguramente o 99,9% dos que me ledes non entenderedes o que me pasa ademáis eu mesmo non o sabería explicar.
Levaba 2 ou 3 semanas o igual que moitos deportivistas facendo cálculos con papel incluido, dándolle voltas e máis voltas os resultados "sorprendentes" que se estaban a producir. Non quero mencionar o estilo de xogo que vimos amosando desde que Lotina colleu os mandos da nave branca e azul.
O caso é que o que vivín o sábado en Riazor o longo do partido non llo desexo a ninguén, desesperación polas ocasións perdidas, os nervos a flor de pel cada vez que cantaban un gol na radio (todos eran en contra dos nosos intereses), os xogadores atenazados nun querer e non poder, o Valencia dando todo tipo de facilidades para a nosa victoria pero nin por esas... e entón chegou o final... creo que se me quedou a mente en blanco por un par de minutos, todo o mundo inmóvil, o meu redor varios afeccioados/as chorando sen consolo; xamáis na vida me olvidarei de un matrimonio de uns 60 anos que estaban sentados na fila superior a miña chorando os dous un agarrado o outro... xúrovos que impoñía, aquelo era verdadeiramente indescriptible, eu sentíame noutro planeta pois nin choraba, nin daba animado o principio cando comezaron a cantar os Riazor Blues nin nada de nada, era como se estivese separado por unha cristaleira do mundo, inmóvil e sen nada que decir, xamáis tiven esa sensación na miña vida. Sei que nese momento non fun consciente do descenso do meu querido equipo. Cando cheguei a casa arredor das 3 da mañá fun incapaz de durmir, dinlle voltas a todo e ata cerca das 6 non peguei ollo (as 7 levanteime polo cal o tempo de descanso foi pouco). O domingo a primeira hora comecei a ser consciente de que eramos equipo de segunda división e púxenme aínda máis triste pois comezas a intertar buscar explicacións pero non hai consuelo posible. O descenso é unha realidade e toca afrontala como tal. Sei que o fútbol é tan so un xogo pero para min o Deportivo é algo máis, non é o meu equipo favorito, é outra cousa, algo que sinto moi adentro e que cando as cousas van mal pasoo realmente mal. Meu pai aconséllame e dime que non debo tomar tanto as cousas a peito, que non é bo, pero nacín co defecto e morrerei co defecto.

Nestes malos momentos so podo decir unha palabra: VOLVEREMOS!

P.D.: puxen na cabeceira do blog unha foto do paseo marítimo da Coruña pois alí foi onde algunhas veces que as cousas ían mal o dar un paseo ou mirar o mar me axudaba a desconectar e a volver a pensar en positivo. Agardo que desta volta, aínda que sexa por foto me siga surtindo o mesmo efecto.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Hola Lato! Arriba ese ánimo, eh? piensa que, por lo que dices, para tí el Depor es más que un equipo favorito, es un sentimiento. Si es así, serás deportivista siempre, el sentimiento permanecerá, y no vivas esto como una desgracia, no es más que un bache....que pasará gracias a seguidores como tú. Pa'rriba más que nunca! Ánimo!!!

Raquel.

SILVIA dixo...

LATOOOOOOOOOOOO......
Animooooooo...... ahora mas que nunca ese equipo necesita de su aficion es una putada, si, pero de todo se aprende, y estos seguro que ara que el Depor a partir de ahora luche para aconseguir el puesto que se merece.
A demas egoistamente necesitamos que el autor de este blog este en su plena facultat para poder tenernos informados como hasta ahora jejejeje...
Venga animos y mucha fuerza.
Besos y abrazos des de Barcelona.

vero86 dixo...

Suscribo todo o que xa che dixeron Raquel e Silvia.
Eu podod entender o que che está pasando e como te sintes, pero tampouco estiven en Riazor e non vin nin vivín alí todo o que viches e viviches ti. De todas maneiras, debes pensar que todos os paus que nos da a vida teñen o seu proceso de asimilación, e o descenso do noso Dépor está aínda moi recente, só fai uns días. Esta pena que agora sintes é moi probable que nada cha quite agás o retorno a primeira, pero para iso falta cando menos un ano. Así que todos os deportivistas temos que intentar sobrepoñernos. E ti tamén, que polo que leo es un afeccionado dos que animan ao equipo moitas veces desde o estadio, onte escoitan a túa voz coa de miles de persoas máis, non nos bares (nos bares ou na casa é fácil ser afeccionado, pero ti vas máis alá). Así que tamén o equipo te necesita a tí e a toda a súa afección. E necesítaa animada. Para chorar só hai un día, e xa pasou. Foi o sábado. Nada máis. Agora para adiante sempre!! Con folgos renovados.
A plantilla tomará vacacións e agardamos que á volta veñan con novas ilusións para ascender pronto. Os afeccionados debemos facer o mesmo para poder apoialos como se merecen.

Date unha tregua, aprobeita as vacacións ligueiras para pensar noutra cousa, disfrutar do bo tempo, dos amigos,... E cando o Dépor empece a loitar nos campos de xogo por volver ao seu lugar, verás que estás mellor.

Non sei que máis dicirche, só que estes primeiros días logo do maldito partido son raros para todos, e a uns cóstalles máis asimilar as cousas que a outros. Se cadra ten razón teu pai, pero tampouco te agobies por iso. Date tempo, verás que o noso equipo volverá a estar entre os grandes!

É un pouco longo, pero aquí che deixo un vídeo que atopei onte. A min cargoume as pilas ver as grandes fazañas do Dépor desde os tempos de Arsenio!

http://www.youtube.com/watch?v=f7oR0Qy1znQ

E anímateme eh! ;)

Unknown dixo...

Gracias a las 3 por vuestras palabras. Con el paso de los días me voy acostumbrando a la situación (a pesar de que mi cabeza está continuamente dándole vueltas al futuro proyecto deportivo del RCD). Poco a poco nos vamos animando y estoy seguro que en un año estaremos hablando del ascenso del Depor a primera (lugar del que nunca debió salir). Esto sirve para tomar impulso y renovar ilusiones. Ahora tendremos el cartel de favorito para la siguiente temporada, a ver que tal aguantamos la presión.

Muchas gracias por vuestro apoyo.