mércores, 15 de xuño de 2011

As Pías, garantía de diversión

Sen lugar a dúbidas que este ano a festa das Pías levou un gran impulso tanto a nivel de xente (xamáis vin tantas merendas coma o domingo) así como de calidade da orquestra en cuestión; Fania Blanco Show foi a encargada de facer o vermú e a noite ámbolos días.
O domingo foi un día espectacular onde máis de 30 persoas compartimos comida, bebida, risas e baile desde o mediodía ata a madrugada. Decir que a idea de subir sidra Trabanco para a festa foi xenial e foi unha das sensacións das Pías (algunha que outra pandilla que tamén estaba de merenda solicitou incluso unha caixa para degustar).
Gran ambiente con moitísima xente xoven o longo de todo o día, boa sinal o ver que a xente nova se anima a ser partícipe destes eventos. Bo vermú da Fania Blanco Show (a mellor orquestra de metais de Galicia para o meu gusto), unha tarde soleada aínda que a media tarde refrescou un chisquiño e boa verbena tarde-noite de novo coa orquestra da Coruña que viu como nos fumos animando ata que algúns/has decidiron subir o esceario e compartir baile cos artistas.
Mención especial a meu primo Villa, logo de facer mítica no verán pasado "O galo canta" desta volta arrincouse cos "Bistequeles" de A Roda, non me cabe a menor dúbida que vai ser a canción do verán nas festas populares..., ó tempo!
O luns amaneceu con chuvia pero algúns valentes decídimonos facer presencia de novo na Carballeira do santuario, a climatoloxía finalmente respetou e o vermú desenrolouse sen maiores complicacións. O sair do campo de festa puidemos apreciar como chegaba o equipo de "A Solaina" da TVG que fixo varias conexións en directo desde As Pías no seu programa do luns. Decidimos xantar xuntos 7 persons para despois tomar facer varias roldas de tarde por locais de Sobrado e Teixeiro para ir facendo tempo a que chegasen as 8 da tarde que era a hora na que comezaba de novo a Fania Blanco Show. Xa de novo nas Pías disfrutamos doutra boa verbena para despois de que acabada a festa decidísemos ir de novo picar algo todos xuntos antes de irnos para a cama (algúns aínda aproveitaron para xogar un animado tute mentres ceaban).

Resumindo: exitazo total da festa, gran ambiente..., a nivel personal debo decir que disfrutei coma un anano e penso que logo de ver a cara dos amigos cos que compartin experiencia a opinión deles non difire moito da miña.

Saúdos

Ningún comentario: