luns, 27 de xuño de 2011

A normalidade volverá en breves



Desde hai un par de semanas non actualizo o blog a diario de luns a venres como é tónica xeral desde que este espazo veu a luz aló por xuño do ano 2007 (xa van 4 anos... que axiña pasa o tempo).
Non existe un so motivo senón varios e importantes, mais esto non deixa de ser pasaxeiro e confío que o longo de esta semana comece a recuperar a actividade habitual con novas temáticas, novidades e tamén lavado de cara no formato para darlle un aire de renovación a todo esto (xa o di o refrán "renovarse ou morrer", eu quero que o blog se renove e non morra). Ando a idear novas fórmulas para enganchar os lectores diarios e de paso se alguén que de vez en cando pase por aquí se apunta o carro de ler e ver o que vou deixando por aquí xa sería a repera.

Grazas pola vosa compresión, en nada VOLVEREMOS CON MÁIS FORZA QUE ANTES.

Bicos e apertas

2 comentarios:

Vero86 dixo...

Ahhh,vale!! Xa ía preguntar se é que o meu ordenador estaba mal e non me mostraba as novas entradas... jeje
Pero se é así, non hai fallo. Espero esas novidades, seguro que molan, como todo o blog ;)
Saudos!

Unknown dixo...

Pois aquí estamos, intentando darlle vidiña a esto de novo e ademáis con anaquiños de música..., non hai máis que picar no "play" do enlace na marxe superior dereita.

Saudiños