martes, 7 de febreiro de 2012

Nace a Asociación Cabalar "Cabaleiros do Tambre"

Un grupo de afeccioados ó mundo cabalar dos Concellos de Sobrado, Vilasantar e Boimorto (entre os cales teño varios bos amigos) acaban de asociarse para fundar a Asociación Cabalar "Cabaleiros do Tambre". O nome é propicio pois este río que desemboca na Ría de Noia, baña os 3 municipios anteriormente citados.

Desde o seu blog oficial que xa está habilitado: cabaleirosdotambre.blogspot.com animan a toda esa xente (cabaleiros e amazonas) da zona, que sinte verdadeira paixón polo mundo ecuestre a que se sume a citada Asociación.

Toda a sorte nesta nova andaina a todos os Cabaleiros do Tambre.

2 comentarios:

Cabaleiros do Tambre dixo...

Graciñas por darnos popularidade no teu blog,jejejeje!!!

Unknown dixo...

Non hai de qué. Xa sabedes, cando teñades eventos para publicitar non tedes máis que mandarmos o meu correo electrónico e eu gustosamente o postearei. Que haxa sorte!!!