martes, 14 de febreiro de 2012

Plataforma "14 de febreiro San Ballantine´s"

Penso que o igual ca min moit@s estaredes de acordo en que o día de San Valentín (Día dos Namorados) non deixa de ser unha chorrada supina ademais de un negocio montado polas grandes áreas comerciais para rascarnos/rascarvos o bolsillo.
Sigo sen entender porque ten que haber un día marcado no calendario para amosar o amor... Qué pasa! que os outros 364 días do ano non queres a esa persoa??? Afortunadamente pouco a pouco a xente ímonos/vanse dando conta de todo isto e comezan/ comezamos a prestarlle pouca atención a mercar algo a túa parella por decir que o día 14 de febreiro é o día dos Namorados.
Opino que calqueira día do ano é bo para regalar, dar cariño e amosar respeto a esa persoa que queres e non porque ninguén nos impoña un día en concreto.
Polo tanto e desde eiquí lanzo o reto de montar unha Plataforma denominada "14 de febreiro San Ballantine´s" para que chegado este día todo aquel que o desexe e lle guste o whisky se tome unha copa a saude do seu/súa namorado, e se quere a botella enteira... eso sí, que cada un responda dos seus actos.

Os que desexedes sumarvos a causa poñedevos en contacto conmigo.

Saudos e feliz día a quen o celebredes!

2 comentarios:

vero86 dixo...

Estou totalmente dacordo en que, se queres a alguén, quéreslle todo o ano e calquera día e bo para facerllo saber. Pero San Valentín tamén se pode celebrar sen comprar chorraditas que che sacan os cartos. Facendo algo distinto aos outros días, algo especial, sorprendendo a túa parella dalgunha forma... Hai miles de opcións. E non teñen que ser materiais necesariamente.

A min sempre me pareceu unha celebración inventada polos comerciantes, que para impulsalas vendas, véxoo lóxico que o fagan.
No entanto, chegado o día parece que se non fas alusión ningunha a el parece que non gusta, non? Así que eu (nós jiji) decidimos celebralo... pero sen regalitos chorras polo medio. Os bicos, palabras cariñosas e demáis son gratis... ;)

Unknown dixo...

Totalmente de acordo!