mércores, 21 de marzo de 2012

Mercadillo

Se algo odio cando teño que repostar gasoleo é ter que ser eu mesmo quen surte do líquido elemento o meu coche sen que eso supoña unha rebaixa no prezo do combustible. Vaia por diante que habitualmente surto na Gasolinera de Sobrado mais hai un par de semanas despisteime e na metade de unha viaxe tiven que parar a repostar nun área de servizo (que está posta na Autovía recentemente). A verdade é que cada vez que chego a unha destas gasolineiras férveme o corpo pero desta volta aínda sairía máis doente. Fun pagar dentro e de paso aproveitei para mercar unha caixa de chicles, a miña sorpresa foi que o empregado de turno colleu outra caixa mais da mesma marca pero de outro sabor (dando por suposto que eu tamén a ía levar) e soltoume un: "se levas esta tamén a segunda salche a 90 céntimos", mirei para el con cara de incrédulo e díxenlle que non.

1º Pareceme bochornoso que ademáis do prezo que ten o gasoil encima che queiran ratear máis cartos con uns miserables chicles.

2º Se quixera unha segunda caixa xa houbera collido eu e do sabor que eu quixera sen a necesidade de que ninguén me impoña o que teño que coller.

3º (e último) están a convertir as gasolineiras nun auténtico mercadillo, porque non so che ofrecen chicles, tamén cupóns da ONCE..., a onde imos chegar???

3 comentarios:

vero86 dixo...

A min o que me mata básicamente é o prezo desorbitado que ten o combustible. Niso sí que pregunto a onde imos chegar!! Porque 1.40 o litro de gasóleo é un auténtico roubo! Temblando estou, que teño que ir repostar esta tarde... bufff

Unknown dixo...

A min o prezo mosqueame moito por que esto non ten nin pes nin cabeza pero o de ter que botar o combustible eu mesmo superame, ponme malo!

vero86 dixo...

Non me extraña, se tan sequera tivera algunha rebaixa...
Eu a verdade é que nunca me vin na situación de ter que facelo eu mesma, pero xa que me van meter o sablazo, polo menos que o fagan eles.