luns, 12 de marzo de 2012

A Porra: os de arriba non afloxan

Intensa loita a que estamos a vivir este ano na 3ª edición da porra de este o voso blog. De novo algúns dos participantes que ocupan as primeiras posicións da táboa volveron a sumar. O líder Iago sumou 3 puntos logo de acertar o partido Guadalajara - Deportivo. O agora máis inmediato seguidor, Emilio, acertou o Osasuna - Athletic, este mesmo partido tamén o acertou Alberto que agora ubícase na terceira posición. Petete (4º), e Finito, Chino e Esteban que están empatados a puntos non sumaron nesta xornada. Quen vos escribe acertou tamén o partido do Depor e manteñome así na 6ª posición. Villa tampouco sumou nesta xornada, sí sumou Ferreiro9 que foi o trinfador da mesma con 5 puntos logo de acertar o partido da xornada máis o partido de onte no Reyno de Navarra. Pirulo tamén sumou 3 puntos o acertar o Deportivo empatando así na táboa con José Antonio que non sumou como tampouco o fixeron nin Pitus nin Nuria. Pola súa parte Pazitos olvidouse de cubrila esta semana..., debe ser as vacacións que o descentran...

RESULTADOS:

Betis 2 - R. Madrid 3 * PARTIDO DA XORNADA
Racing 0 - Barcelona 2
Guadalajara 1 - Deportivo 2
Atl. Sobrado 0 - Oza dos Ríos 1
Osasuna 2 - Athletic Club 1

CLASIFICACIÓN:

1. IAGO 41
2. EMILIO 37
3. ALBERTO 36
4. PETETE 34
5. FINITO / CHINO / ESTEBAN 27
6. LATO 25
7. VILLA 21
8. FERREIRO9 19
9. JOSÉ ANTONIO / PIRULO 18
10. PITUS 14
11. PAZITOS 12
12. NURIA 6

Ningún comentario: