xoves, 27 de setembro de 2012

Festas de San Miguel 2012 en Présaras

Esta fin de semana está de festa a miña segunda terra, é dicir, o lugar onde naceu meu pai e que tanto adora: Présaras, no veciño Concello de Vilasantar. As festas de Présaras sempre tiveron gran repercursión na comarca e incluso en gran parte de Galicia, sobretodo o San Pedro que non hai moitos anos eran sen lugar a dúbidas un dos mellores carteis de orquestras de toda a Comunidade Autónoma.
San Miguel é a festa menos grande de Présaras pero non por elo menos divertida. Para este ano a comisión organizadora presenta un gran cartel que fará disfrutar a destallo: o sábado 29 estará enriba do esceario o grupo TRIUNFO e a orquestra GRAN PARADA, para o domingo 30 será a orquestra PANAMÁ quen fará bailar e disfrutar ó animoso público que sempre se congrega na cercana no campo da festa da localidade.

Sin máis anímovos a que veñades a disfrutar de unha das últimas foliadas da tempada antes de que o señor inverno faga presencia.

BOAS FESTAS!!!

Ningún comentario: