xoves, 27 de setembro de 2012

Gil "Big Muzzy"

Logo de que hai uns meses colgara un post do presidente do Banco Santander Emilio Botín falando en inglés hoxe veume á cabeza un episodio parecido. Póñovos en antecendentes: na época onde Jesús Gil presidía o Atlético de Madrid pasou polo plantel do primeiro equipo un dianteiro internacional colombiano chamado Adolfo Valencia e alcumado "o tren". O rendemento de Valencia no Atlético estivo moi por abaixo do agardado cando foi fichado. O colombiano foi collendo fama de vivir máis de noite que de día e foi acusado de sobrepeso. Nun dos moitos ataques de cólera que lle daban o dono de "Imperioso" chegou a proferir esto: “Al negro le corto el cuello. Me cago en la puta madre que parió al negro. Ya estoy harto de aguantar. Cuando no veo actitud me cargo a mi padre”. Nunha posterior rolda de prensa un periodista preguntoulle en idioma inglés pola polémica declaración e o ex-alcalde de Marbella contestou no mesmo idioma da lingua de Shakespeare. O resultado foi este...

Ningún comentario: