venres, 19 de outubro de 2012

Galicia Bonita

As paisaxes que nos ofrece Galicia son puro espectáculo. Da igual que nos vaiamos a costa: Rías Altas e  Rías Baixas; zonas montañosas: Courel e Ancares ou ben que nos adentremos no interior desta nosa Rexión. Todos os lugares nos ofrecen sen lugar a dúbidas imaxes irrepetibles. Sen ir máis lonxe, esta fotografía que vedes aquí está tomada por min no mes de maio coa cámara de un teléfono móbil que tan so tiña 5 MP polo que seguramente a calidade é  moi mellorable pero eso non quita que non me canse de vela. Esta imaxe apórtame tranquilidade e relaxación, sírveme para desconectar. Irei un pouco máis aló e direi que para poder vivila en directo non fai falta ir moi lonxe de Sobrado... e non direi máis..., para quen non coñeza o lugar o busque. Seguro que encontrará, sen querer ou querendo outros lugares e outras imaxes máxicas.

Un saúdo.

3 comentarios:

Maite dixo...

He tenido la suerte de conocer muchísimos sitios de Galicia y aunque todos tienen su encanto,dos de mis preferidos son el Parque das Fragas do Eume y los acantilados en la zona cercana a Cariño,en las Rías Altas.

José Antonio dixo...

Maite tiene muy buen gusto. Ahí arriba está el faro del cabo Ortegal, dando un saltito y cruzando la ría de Ortigueira llegamos a otro faro, el del cabo de Estaca de Bares, el punto más septentrional de España, rascando el paralelo 44.
Por debajo del paralelo 42 se lo dejamos al propietario del blog para que nos ponga los dientes largos.

vero86 dixo...

Hai tantos sitios fermosos en Galicia que merecen ser visitados, que non dariamos acabado nunca.
Este verán vin por primeira vez in situ os Canóns do Sil, a Ribeira Sacra ourensá (e a lucense tamén, de paso) e quedei pampa! É un sitio impresionante, observar as viñas cubrindo as ladeiras das montañas. Quedei namorada dese sitio, de feito gustoume tanto que fun en xullo e volvín en setembro provista de cámaras para retratar tanta fermosura. Aínda así, nada como velo alí mesmo.
Unha recomendación: visitade a vila de Castro Caldelas e subide ao alto da torre da homenaxe do seu castelo. Non vos defraudará se o que vos gusta é a fotografía e admirar a paisaxe. Unha vez que subín xa non quería baixar!