xoves, 14 de febreiro de 2013

Callos, Ron y Rock & Roll



Pode que vos sone raro o título do post de hoxe pero non toleei (de momento). Quérovos falar de un bo disco que chegou ó meu poder. Trátase efectivamente de "Callos, Ron y Rock&Roll" o novo traballo grabado en directo de La Banda del Camión.

Esta banda coruñesa que ten como cabeza visible ó polifacético Francisco Seijo máis coñecido como "Gandy", estivo na última edición da feira da Troita de Sobrado dos Monxes facendo de teloneira de Burning. Gandy, que dou un salto definitivo a fama cando interpretou e compuxo o archicoñecido Rock do Deportivo que tantas veces temos escoitado ten unha dilatada traxectoria profesional no mundo da música.

Parece que esta formula de himnos a clubes de fútbol gustou máis aló da Coruña, pois Gandy tamén lle compuxo nos últimos tempos o himno a SD Ponferradina que milita na Liga Adelante.

"Callos, Ron y Rock&Roll" foi grabado o pasado 19 de outubro de 2012 na sala "O Tunel" da cidade herculina e consta de CD e DVD. Música alegre e imaxes divertidas. Cada canción do DVD vai presentada por artistas consagrados do panorama nacional como: Luz Casal, Loquillo, Carlos Tarque, Burning, Barón Rojo, Pablo Carbonell, Miguel Costas, Sergio Dalma, O´Funk´illo, Los Suaves, Carlos Goñi e un largo, etc.

Desde aquí a miña recomendación para que merquedes o disco, merece a pena e seguro que vos fará pasar un bo rato entretidos. Ademáis de cancións orixinais de La Banda del Camión, tamén hai versións de Kiss, Luz Casal,. Fito y Los Fitipaldis ou Van Halen entre outros.

Xa sabedes: "CALLOS, RON Y ROCK&ROLL" de LA BANDA DEL CAMIÓN

RECOMENDADO!!!


1 comentario:

José Antonio dixo...

Pues está bien.
http://www.labandadelcamion.com/index.php?option=com_content&view=article&id=4&Itemid=5
La pista 2 del "Míralas", logradísimo, y con las coñas ya tiene 30 años, es de nineteen eighty three.
http://www.youtube.com/watch?v=SAk7ZJXGOGU

Ánimo mañana