xoves, 28 de febreiro de 2013

O Venres Santo ímola liar

Hoxe quero falarvos de un importante evento que vai ter lugar en Sobrado dos Monxes o Venres 29 de marzo (Venres Santo).

Trátase do "Guateque Party" que organiza a Comisión de Festas Sobrado 2013. Para a ocasión, abrirá as súas portas, logo de uns anos pechado, un dos locais históricos de copas de Sobrado, nin máis nin menos que Disco Plaza. A festa comeza as 23.00 horas e xa vos digo que tanto por parte dos que organizan coma dos que imos facer movervos garantizamos que a noite vai ser do máis animada e divertida.

Para min é un privilexio e un orgullo que a organización das festas do pobo se puxese en contacto conmigo para que sexa un dos que pinchando un pouquiño de música anime o cotarro. Será espectacular compartir cabina con un consagrado Deejay da zona como é Magick Dj e xunto a unha xove promesa como é Dj Minas. Seguro que o imos pasar tod@s en grande. Tantos os que vos fagamos bailar coma @s que asistades a este evento. 
Como vedes esta foto pertence a unha das entradas para o evento que xa están a venda e que podedes adquirir poñendovos en contacto con Sandra, Adelaida (as señoritas primeiro), Rubén, Alberto Pedino ou Juan Karnotxo polo irrisorio prezo de 3€. Ademáis esta entrada é válida para o sorteo de unha morbosa "Cesta Erótica" para aquel ou aquela que o seu número de entrada coincida co que saia no sorteo que se celebrará ó longo de esa espectacular noite.

Hai un evento creado en Facebook chamado "Guateque Party" o que vos podedes sumar. Ademáis podedes elexir as cancións que queredes que pinche MAGICK DJ na súa sesión. Xa está aberta a votación.

Animádevos a vir o VENRES SANTO a DISCO PLAZA de Sobrado dos Monxes.

DIVERSIÓN GARANTIZADA!!!

Ningún comentario: