martes, 23 de abril de 2013

E ti..., de quen ves sendo???



Non saio do meu asombro o xeito do que algunha xente usa a opción "agregar amigos" en Facebook.

Está claro, ou polo menos é o meu caso, que os amigos de Facebook non son coma os de toda a vida. Eu entendo amig@s en Facebook, ademáis de xente coa que teño moita ou habitual relación, a persoas que saudas pola rúa ou nun lugar en concreto. É dicir, que ubicas, situas e sabes como se chaman sen estar a whatsapps todo o día con el@s. Incluso conto por amigos a negocios os que vou, coñezo ou me gustan.

O que xa non entendo é a esta xente que agrega amig@s por agregar..., é dicir, un día entras no teu perfil de Facebook e ves que tes 3 solicitudes de amizade. Nun primeiro momento os nomes non che soan para nada, picas a foto e seguen sen soarche, intentas ver o seu perfil por se andas despistado ou algo e resulta que compartes "1 amigo en común". Vas máis alá e miras a ver quen é ese amigo ou amiga que compartes e a sorpresa chega cando o resultado da búsqueda de ese amig@ ven sendo unha marca publicitaria ou un negocio de Madrid no que estiveche 3 veces na túa vida vida e agregáchelo por que che gustou o seu funcionamento, a súa decoración, o trato ou o que fose...

Actualmente debo ter en torno a 30 solicitudes de amizade sen contestar... e ahí se quedarán... ben cho sabe Deus!

4 comentarios:

Maria Gestal dixo...

Vitiño, ten en conta que o facebook manda solicitudes automaticas; e dicir, que a ti che chega solicitude de alguen, e a ese alguen tamen lle chega a tua... e digocho x datos contrastados

Unknown dixo...

Pois xa me descubres algo novo porque é a primeira noticia que teño María.

Grazas por avisar!!!

vero86 dixo...

Eu non tiña nin idea tampouco diso que di María, pero tamén me ten pasado moitas veces o que dis no post.
O que me pasou xa dúas veces tamén é que teño unha invitación de amizade dalguén que coñezo persoalmente, un compañeiro do cole cando eramos nenos, por exemplo. E cando vou a aceptar a súa solicitude, aparecéme a mensaxe "tu solicitud de amistad ha sido enviada". En resumo, que recibo unha solicitude, acepto, pero non somos amigos ata que o outro me acepte a min!
En fin, misterios do caralibro.

Lato dixo...

Igual Iker Jiménez debería adicar un capítulo as "Misteriosas accións do Facebook", jajajaja.