xoves, 25 de abril de 2013

Hotel Balneario & Golf Club GUITIRIZ


Moi cerquiña de Sobrado, a uns 15 minutos en coche atópase o Hotel Balneario & Golf Club de Guitiriz.

Un establecemento do que case todo o mundo da zona oiu falar pero seguramente non lle prestou a atención que este lugar require.

O Balneario de Guitiriz ten máis de un século de vida, comezou a súa actividade no ano 1908 e logo de uns anos de abandono foi a cadea hoteleira NH quen se encargou de darlle vida co comezo de unha actividade frenética.

Este Hotel-Balneario é un 4 estrelas que ademáis de usos terapéuticos ofrece a posibilidade de poder practicar Golf con un campo que dispón de 9 buracos e que presume de ser un dos máis complexos de toda Galicia.

Pero non queda aquí a oferta do Hotel Balneario de Guitiriz senón que vai moito máis aló: dispón de pista de tenis, 2 pistas de paddle, ximnasio, Bosque Privado ou Rota de Sendeirismo. Un amplo abano de posibilidades para a práctica de actividades nas que se pode pedir prezo sen compromiso, sempre adaptado a todas as carteiras.

Este establecemento está sendo tamén reclamo, cada vez con máis asiduidade, como Centro de Congresos e Convencións. O local ofrece todas as comodidades e adiantos para desenrolar os eventos de xeito satisfactorio.

Isto que vos conto é un breve resumo de todo o que alí podedes encontrar. Aconséllovos que visitedes a súa web www.balneariodeguitiriz.com  e vexades todas as posibilidades que vos estou a citar.

RECOMENDABLE 100%


Ningún comentario: