mércores, 9 de xaneiro de 2008

Profesional, muy profesional


Se existe unha película que me fixo rir coma nunca na miña vida esa é Airbag de Juanma Bajo Ulloa.
Quen non recorda a Pazos (o galego Manuel Manquiña) co seu comentario "Carmiña, mira, yo dejo esto, es muy estresante, noo, interesante no, estresante" ou con este outro "la madre que me parió que preparados vienen los de fuera".
Creo que vin Airbag unhas 4 veces e cada vez encontrolle gracias novas nos diálogos, fai pouco máis de dous meses La Sexta voltouno a emitir e unha vez máis volvinme a tronchar.
O cine español, que polo xeral non é nada do outro mundo obtivo con este film unha bocanada de aire fresco na sátira e a parodia dunha sociedade.
Para min ten dous puntos moi guapos a película: o Lehendakari vasco é de cor negra e un cura (Albert Plá) actua tocando coa súa guitarra o "Yo soy Rebelde" nun clube de alterne ou de mulleres de moral distraida (como prefirades).
O elenco de actores que actúan en Airbag é do máis variado polo que hai actores consagrados como poden ser Karra Elejalde, Fernando Guillén Cuervo, Alberto San Juan, Manuel Manquiña, María de Medeiros, Francisco Rabal, Rosa María Sardá, Pilar Bardem, Fernando San Segundo, Luis Cuenca, Raquel Meroño ou Aitor Mazo intercalados con actores "de improvisto" coma o cociñeiro Karlos Arguiñano, o ex presidente do Athletic de Bilbao José María Arrate ou o cantante catalán Albert Plá.
Esta é a sinopse:
A vida de Juantxo é perfecta. A súa familia, pertencente a alta burguesía vasca, encargouse de ofrecerlle todo o que un pai considera o imprescindible para facerse un oco na alta sociedade: unha carreira universitaria, un estupendo traballo e incluso unha moza guapa e rica. Mentres celebra a súa despedida de solteiro no "Big Club" cos seus dous amigos, Pako e Conradin, perde o seu anel de compromiso, unha valiosa xoia valorada en 30 millóns de pesetas, de seguido descobren que o anel está en mans de Joao Villambrosa, un peligroso mafioso, coñecido polos seus negocios turbios e propietario de todos os burdeis da costa norte de España.
A película non é recomendada para menores de 13 anos e dura 132 minutos.
Se non tiveste a oportunidade de vela recoméndovola porque as risas están garantidas e se só a vistes unha vez voltade a vela xa veredes como vos quedades con máis diálogos que son moi ocurrentes e irónicos.
Saudos

A Ciencia non deixa de sorprendernos


Leo na edición dixital de La Voz de Galicia de hoxe que xa existe unha cama que impide os ronquidos, esta é a nova completa:
"A empresa Leggett & Platt garantiza que a "cama intelixente", presentada na Feira Electrónica de Consumo (CES) de Las Vegas, impide os ronquidos e ademáis controla a temperatura do colchón e monitora os movementos.
A explicación para tanta innovación é sinxela: o detectar as vibracións dunha mala respiración, elevase automáticamente para abrir as vías respiratorias da persoa. De seguido, volta a posición orixinal.
Antes de deitarse, pódese quentar ou enfriar o colchón, segundo a estación do ano.
Dende 20.000 $ ata 50.000 $ os clientes tamén poden navegar en internet. A cama ten un ordenador Windows dentro."
Esto xa é o non vai máis unha cama que impide os ronquidos e con acceso a internet.
Como di miña avoa, se se levantan os vellos...

Barrio Sésamo

Falar de Barrio Sésamo é falar dun programa infantil que se emitía en TVE e co cal nos criamos miles e miles de nenos aló polos anos 80.
Barrio Sésamo é a adaptación española da serie americana Sesame Street. Quen non recorda a Epi e Blas, a Triki o monstruo das galletas, a Coco (ahora estoy arriba, ahora estoy abajo, ahora estoy delante y ahora estoy detrás), o Conde Drako, a rá Gustavo (o reporteiro máis dicharacheiro de Barrio Sésamo), a Espinete (aquel ourizo rosa), Don Pimpón (eu penso que ninguén sabe aínda que tipo de especie era), a Chema o panadeiro, a Ana (a veciña de Espinete), a Julián (o kioskeiro), a Antonio e a Matilde (pais de Roberto e Ruth)...

Recordo que eu saía do colexio as 17:00 horas e saia coma unha centella con dirección a casa porque as 17:15 horas comezaba Barrio Sésamo e non me perdía nin un capítulo. Penso que coma a min pasaballe o 95% dos nenos de ese momento.

Cando Barrio Sésamo rematou os seus capítulos e foi sustituido por "Los Mundos de Yupi" nada foi igual, e de feito moitos nenos (entre os que me incluo) comezamos a odiar o Yupi este porque nos eramos a xeneración de Espinete, non de Yupi.

A verdade e que penso que os programas infantiles que había daquela a pesares de que eran cutres e mellorables (Barrio Sésamo, La Bola de Cristal...) eran moito máis educativos que os que hai na actualidade para os cativos.

Non sei que opinión vos merece isto...

Saudos

martes, 8 de xaneiro de 2008

A vergoña da Selección Galega




Moi boas, o que vos vou contar hoxe aínda que parezca unha trola é unha verdade coma un mundo. Teño testigos, Álvaro e Nando poden garantizar que a conversa foi certa.

O día 27 logo do partido da Selección Galega fronte a Camerún o que asistimos varios amigos de Sobrado decidimos sair de copas por Vigo.

No segundo pub onde entramos atopamos a Rubén González Rocha, natural de Conxo (Santiago de Compostela) e central do Celta de Vigo, o ano pasado estivo nas filas do Racing Club de Santander e proven das categorías inferiores do Real Madrid (tamén estivo cedido polo clube merengue no Borussia Mönchengladbach alemán e no Albacete Balompié).

Álvaro e eu decidimos ir falar con él e máis tarde sumouse Nando a conversa, aquí comeza unha historia incrible:


Álvaro comentalle a modo de coña: "Rubén para o ano vas xogar de central no Depor con Piscu". Él responde, nun acento castelán forzado e macabro: "yo ni de coña, la gente habla de Piscu y ese tio no es nadie, yo jugué más partidos que él en primera, además el para el año juega en segunda y yo en primera".

Álvaro dille: "coño, pero de onde sacache ese acento tan castelán, acabas de xogar coa Selección Galega e tes un acento de fóra de carallo". O "xogador" todo orgulloso di: "chaval, yo viví en Madrid, en Albacete y en Santander y por ese tengo ese acento". Álvaro contéstalle "pero o galego falaralo? de onde eres?" Rubén contesta"soy de Conxo (con un acento que tiraba para atrás) pero no me gusta hablar el gallego y no me da la gana de hablarlo". Álvaro medio chinado respondelle: "e Arsenio non che di nada por falar o castellano e encima con ese acento?" o central do Celta di a frase da noite "Arsenio no me dice nada, además Arsenio es un pailán, yo no fui a llamar a nadie para jugar en la Selección Gallega, a mi me vinieron a llamar", eu quedei coma se me deran duas hostias, o tio este non nos coñecía de nada, poderíamos ser periodistas e o día seguinte sacar na portada de calqueira panfleto deportivo a frase de menosprezo o "Zorro de Arteixo". Se tivese dous dedos de frente este amago de futbolista non diría semexante subnormalidade dun referente do fútbol galego e español que se tivese a idade do xogador de "Conjo" mexaría por él cos seus regates.


O tío entre outras cousas seguiu dicindo "porque yo jugué con los mejores jugadores del mundo en el Real Madrid (non sei se chegaría a xogar unha ducia de partidos na tempada que estivo no primeiro equipo), estuve en Alemania jugando (ese ano o seu equipo o Borussia Mönchengladbach descendeu a segunda división), en Santander (debeuno facer moi ben para recalar nun equipo de segunda división española con 25 anos)..."


O final abandoamos a conversa e o tío deixounos claro que estaba moi ledo do seu acento castelán forzado, artificial e esaxerado (unha cousa é falar castelán que é moi respetable e outra cousa e facer o "indio" co idioma), dímolo por imposible.


Rubén, unha cousa che digo neno, centrate na túa profesión, non te metas en camisas de once varas, respeta sempre a xente maior e o máis importante: SE NON QUERES XOGAR COA SELECCIÓN GALEGA NON PASA NADA, SEGURO QUE HABERÁ OUTROS CENTRAIS GALEGOS QUE ESTARÁN O TEU NIVEL, O EQUIPO IRMANDIÑO NON VAI NOTAR A TÚA FALTA.


Saudos

luns, 7 de xaneiro de 2008

A Costa? de Xaneiro


Faime gracia a frase de "A Costa de Xaneiro" pois se se refiren a que custa levar para adiante o primeiro mes do ano económicamente falando a min particularmente cústame igual que os demáis meses, é dicir, moito. Penso que coma a min ocorrelle o 80% da xente que vive neste país.

De todos os xeitos en vez de "costa de xaneiro" o mellor deberíanlle chamar "custa non ir as rebaixas". Hoxe comeza a febre, empurrons, cobadazos, insultos, enfados, a tarxeta de crédito votando lume, todo "baratito", esto son as rebaixas amigos e amigas que ledes este blog.
A xente ponse histérica, tolemia colectiva, carreiras polos pasillos, roupa revolta, as de Dios...
Eu non vou ser hipócrita e non vou dicir que non vou ir as rebaixas, de feito vouno facer pero con calma, hoxe non me verá o pelo ningún centro comercial nin hipermercado e penso que nin mañán, nin pasado, nin pasado tampouco. Xa sei que igual me perdo o ofertón do século e que aquel xersei que antes custaba 70 € agora está "só" a 49,95€ pero que se lle vai facer, outra vez será...

Pola miña parte a costa de Xaneiro comeceina bastante ben esta fin de semana: o venres estivemos en Sobrado tomando algo e logo O Muxico (antes denominado Pablo Calvete), Li e eu decidimos ir tomar "uns zumos" ata Melide. Kemáis, La Base, Templo de Nefertari e Disco 600 foron os locais que decidimos visitar.
No Kemáis había media entrada, La Base 3/4, o Templo chegamos cando estaba pechando e na Disco 600 foi onde se aglutinaba maior número de xente. Cando chegamos estaban soando os Red Hot Chili Peppers que tamen se podían visionar nas pantallas do local, excelente son, un espectáculo, felicidades a Miguel porque estao a currar moito.

Sábado pola tarde foi a festa de Reis no Pavillón Polideportivo de Sobrado e pola noite voltou a tocar Melide, os "Reis" dos pubs trouxéronnos, bolígrafos, chisqueiros, máis bolígrafos e máis chisqueiros. Este ano notei que baixou a xente no Nadal no que a sair de marcha se refire (o mellor é paranoia miña).

Onte fun a Riazor a ver un espectaculo lamentable, outra decepción, e xa van..., tomamos unhas cervexas no pub S.M. de Sobrado e decidimos ir a Melide (por variar), máis concretamente a Palladium a ver o grupo Master. Había bo ambiente, logo da actuación do grupo fumos ata o MJ facer a visita de rigor e logo para a casa que hoxe había que traballar pola mañá, bueno Pichi e eu porque O Muxico, David e Alvaro e traballar hoxe pola maña, nada de nada...

Saudos

Sorte nas rebaixas

venres, 4 de xaneiro de 2008

Melide afianzase coma a Capital da "Movida" na zona


Sen dúbida algunha Melide foi a opción máis votada da enquisa de este blog onde se preguntaba cal era o lugar no que os lectores salirían en Fin de Ano. Melide acadou o 56% (maioría absoluta) das respostas totais con 65 votos. Na segunda posición quedou a xente que non saiu en Fin de Ano con un 22%, é dicir, 26 votos. O 19% preferiu quedarse en Sobrado (22 votos). Lugares como Ordes e A Coruña acadaron o 4% dos votos totais, Betanzos o 3 %, Lugo 2% e Santiago 1%. Outros lugares que non contemplaba a enquisa acadaron o 10%.

Graciñas a todos por participar e xa tedes activa a nova enquisa.

Saudos by Lato.

Volta a normalidade

Acabaronse as vacacións para min (xa non estiveron mal) e a verdade é que as disfrutei o máximo que puiden. O venres 21 tivemos a comida de Empresa, o sábado 22 a cea do Atlético Sobrado co aliciente de que o número que xogabamos o 02345 tivo a pedrea e por se alguén non o sabe a estas alturas, que non creo, tocaronme 520€.
Domingo 23 tivemos outra cea, esta vez na Chousa de Álvaro, o 24 de viños pola tarde, cea correpondente coa familia e logo de festa en Sobrado ata as 6 da mañan.
O día de Nadal tocou Tute toda a tarde e pola noite mini-churrascada no campo de fútbol. O 26 fixemos un día de relax (máis ou menos) e o 27 logo de comer o pulpo na feira arrancamos para Vigo a ver o partido da Selección Galega, chupamos cámara a cañón, a TVG empeñouse en que tiñamos que ser famosos e non me paraban de chegar sms o móvil dicindome "non fagas esto ou non fagas o outro que estas salindo pola tele" (menos mal que non nos enfocaron na segunda metade, metimos en Balaidos 20 cervexas e 2 litros de ron, 1 de whisky e 1 de xenebra sen que os de seguridade nos cacheasen) Logo saimos de rumba por Vigo, que marchon e que risas nos votamos. Voltamos o día seguinte, eso si, parando antes en Poio a darnos un homenaxe coa mariscada de rigor nun lugar moi peculiar que meu Padriño Miguel coñecía. Ese venres as 2:00 AM xa estaba na cama por que a verdade e que estaba baldado. Nando, Javi e Pichi xa se meteron antes na cama, polo que podedes imaxinar como foi a noite viguesa.
O sábado saimos de troula a cañón e chegamos o domingo de mañán as 10:15 horas (por un momento pensei que xa era fin de ano), fun cear a Coruña e deiteime a unha hora prudente (1:30 AM) por que o día seguinte era fin de ano.
En fin de ano o de sempre: de rondas polos bares de Sobrado pola tarde e logo cubateo en Sobrado e as 4:00 AM arrincamos para Melide, eu cheguei a casa as 12:30 AM e durmin ata as 17:50, levanteime, tomamos unhas cervexas e decidimos ir a cear a Lugo Esteban, Pazitos, Li e eu para comezar ben o ano. Logo da cea tomamos unha copa na Cook e para a casiña. O día 2 fun ver o Depor a Riazor (unha magoa a eliminación), tras o partido volta para Sobrado e liada de cubatas o tute e o futbolin, voltamonos a deitar as tantas. Onte foi día de relax coa tarde ocupada xogando a PlayStation e hoxe aquí estamos, DISPOSTO DE NOVO A LOITAR!.

Este é un breve resumo do que foron as miñas vacacións de Nadal, agardo que os Reis Magos vos traian moitas cousas e se podemos picar algo outra vez na lotería mellor que mellor.

Saudos

xoves, 20 de decembro de 2007

O Blog de Víctor Lato deséxavos BO NADAL

Chegan unhas datas que a min particularmente me gustan moito. Hai outra xente que detesta o Nadal pero a min sempre me pareceron uns días moi entrañables onde se pode estar con gran parte dos seres queridos.

O Nadal é sinónimo para min de moitas cousas e unha cadea de circunstancias moi seguidas: a ilusión da Lotería de Nadal, as rondas de Noiteboa antes de cear, a cea coa familia, as liadas que temos logo da cea (en Sobrado sempre houbo a tradición de baixar logo de cear, abren case todos os bares e estamos tomando copas ata as mil quinientas), o día de Nadal, o día dos Inocentes (Pitus no me olvido de tu cumple) as rondas de fin de ano, as campanadas, tralas campanadas directos a Ramiro a tomar o primeiro chisme do ano novo e abrazarse e bicar a todo o mundo, de rumba por Melide, os churros da volta, o resacón do día seguinte (unha misturanza entre alcohol e tabaco -para colmo eu que non son fumador ese día sempre lle aplico un puro que me fai máis mal que ben-), e logo uns día de transición ata a noite de Reis e o desexado día seguinte que é cando se ve os nenos disfrutar de verdade con todos os xoguetes que As Súas Maxestades lles trouxeron de noite (importante non lles dedes de beber os camellos que logo enchen a barriga e non se moven polo que cada ano acaban máis tarde o reparto -a algún aínda non lle trouxeron os agasallos de hai uns anos- je je je). E o día 7 de xaneiro supón para min o día da melancolía pois ves como se acabaron uns días máxicos, uns días nos que polo xeral reina a calma e a concordía, uns días onde os seres queridos amosaron un ano máis que te queren cada día máis e que seguen estando ahí coma tantas e tantas veces. O único que altera a calma do día 7 de xaneiro son as malditas "REBAIXAS" é dicir, torna a presa na xente, aparece a falta de educación e calqueira é capaz de matar se lle arrincas das mans aquel xersei que antes costaba 85€ e agora "só" custa 53€ (volta a agresividade). SERÁ POSIBLE? pois si amigos e amigas de este blog, as malditas rebaixas fan que todos os bos actos que o persoal fixo polo Nadal queden no olvido nun só día ou o que é peor, nunhas horas. Moita xente o día seguinte os Reis tenno marcado no Calendario "ay, yo no puedo quedar, es que el día 7 me voy a las rebajas..." "Pois moi ben, que che aproveite..."

Eu non sei se porque son máis romántico ou non soporto as aglomeracións de xente, quédome co bo ambiente do Nadal e a paz que o rodea. As rebaixas chégame o tempo a ir. Total os centros comerciais están ahí todo o ano e hai momentos que desearía que non os houbese...

BO NADAL AMIG@S E GRAZAS POR ESTAR AHÍ

venres, 14 de decembro de 2007

E se voltasen os 3?

Roy Makaay
Albert Luque

Lionel Scaloni


O diario deportivo As na súa edición do xoves 13 de decembro, na páxina relacionada co Deportivo sacaba un comentario (rumoroloxía) no que o Real Club Deportivo de A Coruña estaría barallando a posibilidade de que Roy Makaay (Feyenoord de Rotterdam), Albert Luque (Ajax de Amsterdam) e Lionel Scaloni (Lazio de Roma) voltasen a vestir a casaca branca e azul a partires de este mes de decembro.
Segundo informa o diario As o Presidente do Deportivo Augusto César Lendoiro ten carto fresco logo de se embolsar 14 millons polo traspaso de Jorge Andrade a Juventus de Turín e 21 millóns de anticipo polo novo contrato televisivo do equipo coruñés con MediaPro.
A idea inicial de Lendoiro era non gastar eses cartos ata xuño do ano 2008 pero debido a mala situación deportiva que atravesa o equipo "o xefe" vai ter que gastar os euros se non quere que o Deportivo acabe visitando os seus veciños do sur, o Celta de Vigo.
Ámbalas 3 posibilidades son complicadas pero non imposibles, Roy Makaay acaba de fichar polo Feyenoord por 3 tempadas e cobrando un salario alto pero os máis achegados din que non lle importaría voltar o equipo que o encumbrou en Europa e que o fixo pichichi da Liga Española. O holandés conta na actualidade con 32 anos e está sendo criticado por un sector da prensa holandesa pola súa mediocre tempada.
Albert Luque xoga cedido no Ajax de Amsterdam, a súa ficha pertence o Newcastle United inglés, sempre deixou claro que lle gustaría voltar a Liga e sabe que de chegar a cidade herculina sería a estrela indiscutible do equipo. Ademáis o Depor vai fichar un dianteiro no mercado de inverno. Ademáis da complicación que entraña que sexa un xogador cedido a súa altísima ficha parece unha barreira que o Lendoiro non poderá sobrepasar agás que o catalán rebaixe as súas pretensións económicas. Luque conta con 29 anos na actualidade e está comezando a marcar goles co equipo ajacied.
Lionel Scaloni é o que ten máis papeletas para voltar a Coruña, en varios medios de comunicación se fan hoxe eco de que o Lendoiro e os seus asesores estarían tanteando o entorno do xogador que non acaba de sentirse agusto en Italia e voltaría de boa gana a cidade da Torre de Hércules onde ten un piso diante do estadio de Riazor. Augusto César sabe que Lionel sempre foi un xogador que conectou coa afección e pode ser unha peza importante para enganchar a xente de cara a segunda volta. A súa ficha volve a ser o inconvinte pero pode ser que a Lazio e Lionel estén dispostos a negociar.
Axiña saberemos máis de isto e veremos no que queda.
Cantos recordos cercáns pero lonxanos, oir o nome de estos 3 futbolistas recordame a Champions League, Centenariazo, Liga, Supercopas, noites de fútbol emocionantes, un equipo que era un rodillo...
Aínda que xa non están no mellor das súas carreiras non cabe lugar a dúbida que estes futbolistas darían aire fresco o Depor e aportarían a súa veteranía a un conxunto que peca de xuventude. Ademáis con 2 goleadores como Makaay e Luque o Depor aínda tería tempo a loitar por posicións de UEFA. O gol de Makaay, a potencia de Luque e a garra de Scaloni faríanlle recuperar o Deportivo parte do que perdeu nestes últimos anos.
Soñemos...

xoves, 13 de decembro de 2007

Rijkaard You´ll never smoke alone

Esta é a pancarta que a Plataforma Pro Frank Rijkaard sacou onte logo de marcar o equipo blaugrana o 3º gol, concretamente o de Ronaldinho no trascurso do partido de Champions League F.C. Barcelona 3 - FVB Stuttgart 1.
O cartel non ten desperdicio: "Rijkaard, nunca fumarás só".
A min sen dúbida que me espertou un gran sorriso cando a vin e nunca sabes o que lle da de si o maxín a xente.
Noraboa pola xenialidade a Plataforma Pro Frank Rijkaard.

Opinade sobre o que vos pareceu.

Saudos