mércores, 9 de xaneiro de 2008

A Ciencia non deixa de sorprendernos


Leo na edición dixital de La Voz de Galicia de hoxe que xa existe unha cama que impide os ronquidos, esta é a nova completa:
"A empresa Leggett & Platt garantiza que a "cama intelixente", presentada na Feira Electrónica de Consumo (CES) de Las Vegas, impide os ronquidos e ademáis controla a temperatura do colchón e monitora os movementos.
A explicación para tanta innovación é sinxela: o detectar as vibracións dunha mala respiración, elevase automáticamente para abrir as vías respiratorias da persoa. De seguido, volta a posición orixinal.
Antes de deitarse, pódese quentar ou enfriar o colchón, segundo a estación do ano.
Dende 20.000 $ ata 50.000 $ os clientes tamén poden navegar en internet. A cama ten un ordenador Windows dentro."
Esto xa é o non vai máis unha cama que impide os ronquidos e con acceso a internet.
Como di miña avoa, se se levantan os vellos...

8 comentarios:

Anónimo dixo...

Que razón ten túa avoa!! Se se levantan os vellos volven morrer do susto.

Podo chegar a comprender o mecanismo que idearon para evitar os ronquidos e adecuar a temperatura do colchón á estación do ano, todo iso en aras dun mellor descanso, pero o que non entendo e para qué demo quere o condenado ordenador??? Esto vino onte na tele e dicían que así, podíase un conetar a internet se non tiña o sono, en vez de contar ovellas... E digo eu: coa chea de cousas que se poden facer ahí, quen se vai poñer a conectarse a internet na cama???

Eu cada día flipo máis cos inventos estes... :)

Saúdos.

Unknown dixo...

Estou totalmente de acordo contigo Vero, quen quere internet na cama...?

je je je

Saudos

Anónimo dixo...

Eu desde logo non... jejeje

Unknown dixo...

Eu tampouco, nin de coña! je je je

Anónimo dixo...

Desde logo, canto vicio hai!! Despois aparece a enquisa Durex dicindo que os hábitos sexuais dos españois revelan un descenso da actividade sexual, que patatín patatán...bla bla bla... Como non vai descender? Con inventos así...

Pitus dixo...

El mejor sistema antironquidos es un buen codazo de toda la vida.
Solo se pueden hacer agusto dos cosas en una buena cama y ninguna de ellas es conectarse a internet.

Unknown dixo...

Completamente de acuerdo contigo Pitus, nada qué decir al respecto.

Anónimo dixo...

Parece que aquí hai unanimidade: internet na cama sobra.