xoves, 31 de xaneiro de 2008

Chega a Coruña Oksana Anderson e o seu mozo futbolista

Oksana Anderson
Christian Wilhelmsson

A nova máis reseñable das últimas horas na Coruña non é que o Deportivo fixese unha fichaxe senón que unha Top Model internacional vivirá polo menos ata xuño na cidade herculina.
A moza non hai máis que vela para darse conta dos seus encantos (que conste que puxen unha das fotos máis "suaves" que tiña) e penso que causará furor en "La Ciudad donde nadie es forastero". Oksana naceu en Rusia en 1984 e xa con 10 anos trasladouse a Suecia.

A todo esto dicir que o Depor fichou a Christian Wilhelmsson, un internacional sueco (48 veces) que xoga en banda dereita, que pode darlle un salto de calidade o equipo coruñés tan necesitado de operarios no flanco atacante dereito.
As cualidades máis sobresaintes de "The Chippen" son o regate e o centro, pode xogar de media punta, interior ou lateral dereito e o seu maior defecto é a carencia de gol.
Particularmente aledame esta fichaxe porque o pouco que o puiden ver, en reportaxes cando militaba no AS Roma, no Bolton Wanderers e na Selección de Suecia dame a sensación que na nosa Liga vai triunfar, ogallá no me equivoque.
Dicir que Christian tivo un problema na Selección de Suecia polo que foi expulsado pois escapouse un día enteiro dunha concentración de "Sverige" para poder estar con Oksana (calqueira non escapaba), despois desta "trastada" pediu disculpas e foi readmitido polo seleccionador sueco.

Unha anécdota: a Oksana e Christian chámanlles en Suecia "Os Beckham", quitade as conclusións que queirades...


3 comentarios:

Pitus dixo...

Sin duda,el mejor fichaje del mercado de invierno,ah! y el de el tambien muy bueno,je je je.

Anónimo dixo...

Pois espero que non sexan coma David e a Spice porque se non...

Ademáis, así a simple vista parecen máis ben a antítese dos Beckham, porque ela sí que é ben guapa, pero el válgame o ceo! Ainda que penso que se fose morena estaría mellor.

En canto a el, de moreno penso que sería tan feíño como rubio ou máis.

En resumo, que a min non me fai ilusión a fichaxe esta jejeje.

Unknown dixo...

Eu penso que Whilehlmsson vai triunfar na Coruña e a súa moza máis aínda.

Un bo "par" de fichaxes...

je je je