
Por eso, hoxe cando me levantei e vin que estaba orballando un pouquiño aledeime, antonte choveu bastante forte pero é que actualmente chove un día e logo xa para, non é coma "antes".
Coñezo xente que lle secaron os seus propios pozos e houbo unha tempada no mes de novembro que a xente en xeral comezaba a desesperarse "non da chovido" dician uns "o tempo está coma o carallo -con perdón-" dicían outros, "esto un día vai reventar" opinaban os máis pesimistas...
Onte pola tarde camiño da Coruña pola AP9 a altura do embalse de Cecebre fixeime no pantano e penso que xamáis vin tan baixo o nivel da auga, canto menos é para preocuparse...
Parece que para hoxe pola tarde dan choiva e para mañán máis forte aínda que asemella que para o sábado pola tarde parará de chover.
Como din os vellos "a ver se a auga cae ben caida".
Bendita choiva...
7 comentarios:
Desde logo, o 2007 foi un ano atípico en canto á meteoroloxía. Un verán pasado por auga (choveu ata o Santiago, polo menos) seguido dun outono sequísimo. E o inverno por ahí vai tamén.
Nos meus 22 aniños de vida estreados onte tampouco recordo ver o encoro de Cecebre tan baixo. Levo meses observándoo cando paso por alí e case da peniña velo.
En fin, agardemos que o dito dos vellos se faga realidade axiña (aínda que eu tamén me canso pronto de ver chover).
P.D.: Agora mesmo aquí está chovendo a base de ben!
MOITAS FELICIDADES CHICA, NON TIÑA NIN IDEA, AGARDO QUE PASARAS UN FELIZ DIA. XA VERAS COMO OS "2 PATIÑOS" CHE VAN TRAER SORTE.
Bicos
MOITAS GRACIAS!!!!! A verdade é que sempre que cumpría anos me daba rabia abandoar a idade que tiña antes, pero este ano non, gústame o 22 jeje.
Graciñas. Un bico.
Felicidades vero86!!
Aquí en Bilbo tampoco llueve ni ostias ya!
Por lo menos lo que ha llovido siempre.
A mi la verdad con que llueva lo justito me vale,que no me gusta nada.
MUCHAS GRACIAS PITUS!!!
Por lo que veo, a mi me pasa como a ti con la lluvia, en cuanto llueve 3 o 4 días seguidos ya estoy hasta el moño de tanta agua.
A min a choiva repugname rápido, polo tanto cando xa non faga falta a choiva que marche que o sol da moito a vida.
É que este tempo deprime a un santo. Vale que é necesario que chova, pero ser é un engorro. Das un paso fóra da porta e xa estás coma un pito. Que noxo!
Publicar un comentario