luns, 14 de xaneiro de 2008

Porteiros... de discoteca




O incidente ocorrido na mañan do venres no Mundo do Fútbol de Abegondo entre os porteiros do Deportivo Dudu Aouate e Gustavo Munúa e unha sinal máis da mala situación tanto económica coma deportiva que está a atravesar o conxunto branquiazul.
¨
De momento aínda non se sabe ben como comezou a pelexa, Miguel Ángel Lotina confirmou que non ía contar máis cos dous xogadores porque estaba moi ben informado de todo o que pasara. Onte en Vilarreal xa actuou o meta do Fabril, o canario Fabricio.
Quen sae perdendo de toda esta historia é o Depor, comentabase que Aouate tiña ofertas para marchar vendido agora no mercado de inverno. Este incidente fai que o prezo de ambos porteiros baixe moitos enteiros polo que en caso de poder vendelos o prezo será moi baixo.
Polo que respeta a actitude dos xogadores, na miña humilde opinión debo dicir que os dous deron un espectáculo lamentable: primeiro Aouate o xoves queixandose amargamente en roda de prensa da súa suplencia (leva unha tempada na que non está ben, non só fallou no gol fronte o Osasuna) e despois Munúa golpeando de maneira barriobaixeira o israelí. Agardemos que esto non sexa o comezo dun conflicto internacional Israel-Uruguai.
Penso que fan ben apartalos do equipo pois para nada mostraron nin compañeirismo nin nada que se lle asemelle e chegar as mans é o último que se pode facer nesta vida.
Como dicía un foreiro de http://www.riazor.org/: "a hostias por un puesto...". Queda claro que hai xente que non perde o humor nin nos momentos delicados.
Saudos
Forza Depor

8 comentarios:

Anónimo dixo...

que che parece queo cobarde de lotina cargue contra fabricio e o culpe da derrota en vilareal podese ser mais asqueroso e cabron nesta vida ,debuta o chaval e dille q perden por que un balon que se vai fora meteo no campo e non llo di a el no entreno dillo a prensa .Dende aqui quero facer un chamamento MUNUA VOLVE A ABEGONDO E ROMPELLE OS FUCIÑOS A LOTINA.
PD:Partido de vilareal 11 tios defendendo o corner e gool,e marca o gol o tio que quita o corner ,sacar e rematar,esto segun din os madridistas solo o facia diestefano e naqueles tempos que non habia camaras nos campos e todos sabemos o fantasmas que son os madridistas.LOTINA FORA DE GALIZA XA E SE NON QUE COLLA FENOSA QUE SE BAIXOU O CELTA NOS BAIXA A NOS IGUAL E CAPAS DE BAIXAR O RECIBO DA LUS

Unknown dixo...

Qué pasa fenómeno! non é por ser ventaxista dada a situación deportiva na que está inmersa o clube pero opino que Lotina non é capaz de salvar o Depor. O de Meñaka imprimelle o equipo o mesmo caracter tristón que él ten nas rodas de prensa, sempre excusándose e lamendolle o cú os periodistas para que non lle den caña, estes polo contrario metenlle cada día máis e o Marca leva 2 meses facendo campaña para que Lendoiro o vote a "la rúe".
No tocante o tema de Fabricio pareceme SANGRANTE que cargue as tintas contra o rapaz, era o día do seu debut e eu non teño tan claro que o primeiro tiro do segundo gol se fose fora, ou Miguel Angel ten unha vista de lince ou nos toma o pelo a todos.
Se a destitución de Lotina chega a producirse (se palma en Almería o domingo imaxino que así será) eu particularmente subiría a Tito Ramallo, o técnico do Fabril, aínda que non me gusta o estilo de fútbol que propón polo menos sabe defender e non lle fan falta os 11 xogadores na área defendendo un córner para que por riba che marquen gol igual. E non é un nin dous senón 4 ou 5 goles encaixados da mesma forma nesta tempada.
Agora rumorease que se ficharán 2 dianteiros arxentinos (un deles extracomunitario polo tanto Taborda xa pode facer as maletas), a ver se todos estes acontecemento fan reaccionar o equipo.
Eu prefiro descender a segunda xogando cos rapaces do Fabril (Alex Bergantiños, Iván Carril, Laure, Iván Pérez, Rubén Rivera, Aridane, Fabricio, Nacho Matador, Herbert e todos estes) e non con este elenco de figuras (F"riki", Sergio, Bodipo, Juan Rodriguez, Cristian, Verdú, "Tyson" Munúa, Aouate, Barragán, etc, etc, etc.

Outra de Lotina: o de Pablo Álvarez xa é causa maior para votalo fóra, non nos vale a nos pero para o Racing que ocupa postos UEFA si que vale, para mostra un botón: 1º partido xogado en Copa fronte o Zaragoza, 1 tiro o pao, 1º partido xogado en Liga fronte o Osasuna, 1 gol.

A nai que me pariu...

Anónimo dixo...

Eu penso que dixera o que dixera Auoate na rolda de prensa, que se queixara moito ou pouco, con razón ou sen ela, nin con esas se xustifica o soplamocos que lle meteu Munúa.

Eu persoalmente con este tema flipo moito moito moito.

Unknown dixo...

A verdade é que é un tema complicado pois parece que Aouate non ten intención ningunha de perdonarlle a Munúa e incluso se comenta que anda barallando a opción de denuncialo á xustiza. Sería algo moi triste a nivel de clube. É ben certo que o Depor últimamente medranlle os ananos por todos lados.

De momento hoxe Aouate voltará os adestramentos en solitario no "Mundo do Fútbol" de Abegondo as 14:30 horas e as 20:30 horas farao Munúa tamén en solitario, eso si, ambos na compaña do adestrador de porteiros José Sambade.

A ver que sae de todo isto...

Pitus dixo...

Lo de Lotina no debiera sorprender a nadie por que no da mas de si.
De todas formas muy acertado tiene que ser el cambio de mister para que el Depor mejore sus resultados por que lo peor de todo es que juega bien al futbol pero el contrario siempre se acaba llevando los puntos.

Anónimo dixo...

Pois se decide denuncialo á xustiza a min non me extrañaría tanto, porque está en todo o seu dereito, partiulle a cara! Dende a puñada que lle arreou ten un ollo á funerala, con 6 puntos, creo. Eu tamén consideraría a posibilidade de denuncialo.

Unknown dixo...

Os capitáns Valerón, Manuel Pablo, Sergio e Coloccini deixan a Lotina co cú o aire ó negar que Dudú Aouate contamine o vestiario.

A Miguel Ángel quédalle 1 telediario na Coruña, como palme en Almería vai para Meñaka directo, o peor é que a solución máis factible é que veña Mané (a min aínda me gusta menos).

Ufff, que aniño de sufrimento nos queda!

Anónimo dixo...

Dígocho eu! Daquí a finais de tempada o que nos espera...