xoves, 20 de decembro de 2007

O Blog de Víctor Lato deséxavos BO NADAL

Chegan unhas datas que a min particularmente me gustan moito. Hai outra xente que detesta o Nadal pero a min sempre me pareceron uns días moi entrañables onde se pode estar con gran parte dos seres queridos.

O Nadal é sinónimo para min de moitas cousas e unha cadea de circunstancias moi seguidas: a ilusión da Lotería de Nadal, as rondas de Noiteboa antes de cear, a cea coa familia, as liadas que temos logo da cea (en Sobrado sempre houbo a tradición de baixar logo de cear, abren case todos os bares e estamos tomando copas ata as mil quinientas), o día de Nadal, o día dos Inocentes (Pitus no me olvido de tu cumple) as rondas de fin de ano, as campanadas, tralas campanadas directos a Ramiro a tomar o primeiro chisme do ano novo e abrazarse e bicar a todo o mundo, de rumba por Melide, os churros da volta, o resacón do día seguinte (unha misturanza entre alcohol e tabaco -para colmo eu que non son fumador ese día sempre lle aplico un puro que me fai máis mal que ben-), e logo uns día de transición ata a noite de Reis e o desexado día seguinte que é cando se ve os nenos disfrutar de verdade con todos os xoguetes que As Súas Maxestades lles trouxeron de noite (importante non lles dedes de beber os camellos que logo enchen a barriga e non se moven polo que cada ano acaban máis tarde o reparto -a algún aínda non lle trouxeron os agasallos de hai uns anos- je je je). E o día 7 de xaneiro supón para min o día da melancolía pois ves como se acabaron uns días máxicos, uns días nos que polo xeral reina a calma e a concordía, uns días onde os seres queridos amosaron un ano máis que te queren cada día máis e que seguen estando ahí coma tantas e tantas veces. O único que altera a calma do día 7 de xaneiro son as malditas "REBAIXAS" é dicir, torna a presa na xente, aparece a falta de educación e calqueira é capaz de matar se lle arrincas das mans aquel xersei que antes costaba 85€ e agora "só" custa 53€ (volta a agresividade). SERÁ POSIBLE? pois si amigos e amigas de este blog, as malditas rebaixas fan que todos os bos actos que o persoal fixo polo Nadal queden no olvido nun só día ou o que é peor, nunhas horas. Moita xente o día seguinte os Reis tenno marcado no Calendario "ay, yo no puedo quedar, es que el día 7 me voy a las rebajas..." "Pois moi ben, que che aproveite..."

Eu non sei se porque son máis romántico ou non soporto as aglomeracións de xente, quédome co bo ambiente do Nadal e a paz que o rodea. As rebaixas chégame o tempo a ir. Total os centros comerciais están ahí todo o ano e hai momentos que desearía que non os houbese...

BO NADAL AMIG@S E GRAZAS POR ESTAR AHÍ

7 comentarios:

Anónimo dixo...

Vexo que temos opinións bastante parecidas...

A min sempre me gustou o Nadal, aínda que teño que recoñecer que últimamente me agobia moitísimo tanto anuncio infumable de perfumes, bombóns, lucerío hortera por todos lados...arggg!!!
A min gustábame o espirito do Nadal que tiña cando era pequena, porque a inocencia dos nenos non se pode pagar con nada, e eles sí que viven o Nadal con entusiasmo.

Con respecto ás rebaixas, chico, é que non podo estar máis dacordo contigo. Dame un estrés só de pensalo! Teño amigas que a noite de fin de ano xa andan facendo plans a ver a qué hora quedan o día 7 para ir de tendas!!! Incríble!!
Eu non soporto as aglomeracións de xente nos centros comerciais nun día "normal", pa canto máis o primeiro das rebaixas! Non, a min ahí sí que non me pillan!

P.D.: Eu tamén teño unha amiga que cumpre anos o día dos Santos Inocentes :D

Parabéns ao que cumpre tamén ese día.

Bicos e FELIZ NADAL!!

Pitus dixo...

Muchas gracias Victor por acordarte de mi cumple,una semana me queda para las 29 primaveras,y cuatro días a nuestro colega Tato que nació el de Navidad,por cierto me ha dicho que va para Sobrado estas fechas.
Y gracias Vero86 por tu felicitación y le mandas un beso de mi parte a tu amiga.
En cuanto a las Navidades:pues a mi tambien me gustan,sobre todo lo que tu comentas:las rondas de nochebuena,la cena(a la que suelo ir bastante doblao),etc..y sobre todo los regalos,ja ja ja...Aqui en el Basque Country tenemos al Olentzero,ni Papa Noel y menos los reyes,ja ja...El dia 24 el Olentzero que era un carbonero barbudo,gordo y con txapela nos trae los regalos.
Me ha venido una idea para mi siguiente post!!
Felices fiestas a todos!!!

Anónimo dixo...

De nada Pitus, le daré tu beso a mi amiga :D

ToquesCF dixo...

Dende o Toques C.F deseámosche Feliz Navidad y próspero ano novo.

A ser feliz

Anónimo dixo...

pra min estas datas de nadal sempre foron bonitas.... ata que empecei a traballar de camarera... ahi comenzaron a cambiar... todo dios de festa e "marinieves" a currar... navidad.. ano novo... todo dios celebrando... ainda sin resaca... e "marinieves" a poñer as derradeiras copas.....as 9 da mañan... todo dios con cara de "que bonita es la navidad" e "marinieves" aguantando con cara de resignacion...
e fai uns anos cambiou todo.......empeorou.....
estas navidades volven a ser incompletas... teño a avoa no hospital e ainda que non e nada grave... teño q pasar o fin de ano sin ela... e non e o mesmo... votanse de menos as suas bromas co augardente ou co viño....q a pobre non bebe pero sempre fai broma de que se vai "embriagar"...
por riba este ano despidome da miña jefa.... nunca tiven ningunha coma ela...
Que te vaya bonito che!!!!!!
espero que pasen rapido... e que algun ano sexa como cando eramos pequenos e os reises equivocabanse e deixabanme os teus regalos na miña casa, eh lato?¿?¿?
FELIZ ANO NOVO A TODOS OS BLOGUEROS!!!!!!

Anónimo dixo...

FELIZ ANINOVO!!

Unknown dixo...

Mención especial para Avelina " a avoa de Nishita" (unha segunda nai para min) que grazas a Deus se está a recuperar no hospital duns pequenos problemas e que logo virá para a casa a deleitarnos coas suas frases sin igual e as súas ocurrencias.

Agardo unha pronta recuperación.

Saudos