luns, 10 de decembro de 2007

Directos as Olimpiadas de Tute

O venres quedou claro que o deporte nacional en Sobrado ademáis de andar polos bares, pubs e chiringuitos varios é o tute. Na foto podedes ver a Li, Esteban, Pazitos e eu. Por un lado Li e Esteban, campións do Campionato de Tute que organizou a Comisión de Sobrado 2008 cun premio dotado con 350 €. Da outra banda Pazitos e eu que desta volta gañamos a repesca do citado Campionato e foron 130 € os que nos embolsamos. Ademáis a parella formada por Xelo e Parga quedaron na 2ª posición levandose 180 €.
Polo tanto a foto poderíase titular como Foto de Campións, pesca e repesca (se me permitides a broma).
Como vedes na foto denótanse as caras de cansanzo (son as 06:00 AM) debido o gran esforzo sofrido por ter que tomar copas toda a noite e levar a conta dos tantos, triunfos, etc.
Pois nada, xa nos apremia o próximo campionato que será en Vilariño, a ver que pasa...

5 comentarios:

Pitus dixo...

Me queda una pequeña duda en la foto:
En el papel que tan sensualmente sujeta Pazitos creo que pone "pringao da repesca" ,verdad?
Ja Ja Ja

Anónimo dixo...

Pois pa beber toda a noite e ser as 6 da mañá non tedes cara de estar tan cansados como dis, que saídes ben sorrintes.

Teño unha pequena curiosidade: estás sentado no colo do outro??? jejeje

yoly dixo...

Foi unha tarea moi dificil para a comision 2008 realizalo campionato de tute, e tanto eu(yoly) como o resto dos meus compis alegramonos moito de que os mellores premios quedaran no pobo, ainda que bueno eu no primeiro e no segundo tiña o corazón dividido ejejejeje.
E iso disfrutade dos premios campions.
UN SAÚDO



YOLY

Unknown dixo...

Si Pitus, efectivamente pone Pringao da Repesca, todavía se busca a la "mano negra" que escribió eso..., je je je

Vero: temos cara de cansados, rímonos porque os "zumos" comezaban a facer mella, je je je e porque os cartos as veces tamén fan rir. E sí certo, Esteban está sentado no colo de Pazitos e eu no de Li (unha foto floxa).

Yoly: grazas pola organización e pola empanada de bacon que estaba boísima, non quero dicir que os pintxos non estivesen ben, o contrario: Catering Real na súa liña de todo Rico, Rico e con fundamento pero a empanada tivo un éxito bestial, case tanto coma o Barceló..., je je je.
Ti na final máis que o corazón dividido tiñas o "Corazón Partío" je je je. Foiche mellor así o resultado que o mellor aínda che toca algo do premio, je je je.

Saudos a tod@s

Anónimo dixo...

Foto floxa? jajaja coma a vosa risa daquela jeje.

Ai ai ai, os "zumitos" o que fan eh...

Saudiños!