xoves, 13 de decembro de 2007

U2

Se de todos as formacións musicais que existen me teño que quedar con algunha esa é U2.
A formación irlandesa de Bono, The Edge, Adam Clayton e Larry Mulen Jr. consideroa como unha das mellores bandas na historia da música e declarome fanático incondicional deles.

Teño todos os seus discos que ata agora se editaron (15 concretamente) e non me canso de escoitalos. Teño aínda un sono por cumprir que é velos en directo. Non pararei ata conseguilo.


Particularmente gústame o estilo dos discos que sacaron a mediados dos 90, misturando pop, rock e música electrónica de feito para min o Album Pop que data de 1997 é o mellor dos que editaron.




Grupo que ten o recoñecemento internacional tanto a nivel musical como social debido a gran laboura que fai Bono cos máis desfavorecidos. Teñen o cheo asegurado en todos os seus concertos e para conseguir unha entrada non queda outra que facer largas colas de espera.




Esta foto do "Elevation Tour" deixa ben as claras os cheos que U2 acada nos seus concertos e as montaxes quese "curran". UN AUTÉNTICO ESPECTÁCULO.
Este é a discografía completa de U2:
Boy (1980)
October (1981)
War (1983)
Under a Blood Red Sky (1983)
The Unforgettable Fire (1984)
The Joshua Tree (1987)
Rattle and Hum (1988)
Achtung Baby (1991)
Zooropa (1993)
Pop (1997)
The Best of 1980-1990 (1998)
All That You Can´t Leave Behind (2000)
The Best of 1990-2000 (2002)
How To Dismantle An Atomic Bomb (2004)
U218 Singles (2006)


A formación da banda irlandesa compoñena:
Paul David Hewson, máis coñecido coma Bono. Nado o 10 de maio (eu nacín o 11 polo tanto é Tauro coma min) de 1960 en Dublín. Bandeira do grupo e tamen de diversas ONX´S, colabora sempre cos máis desfavorecidos. A súa actitude comprometida fai que non deixe indiferente a ninguén. Está considerado coma un dos mellores vocalistas do mundo. A súa fama chegou a tal punto que cando Frank Sinatra grabou o seu álbum Duets so quixo compartir estudo con Bono. Admira a Bob Dylan e a Marvin Gaye.
Larry Mulen Jr. Nado o 31 de outubro de 1961 en Dublín. Foi o culpable do nacemento de U2 o poñer no tablón de anunzos unha nota na que se buscaba xente para formar grupo de rock. Él é o batería do grupo pero tamén se atreveu a facer algúns coros para o grupo. Xunto a Adam Clayton forma unha das mellores bases rítmicas do rock, algo que lles levou a reinterpretar o tema central da serie Mission Impossible. Garda admiración por Elvis Pressley e por Los Ramones.
Dave Evans, coñecido coma The Edge naceu preto de Londres en 1961 pero o ano seguinte a súa familia trasladouse a Dublín. Foi Bono quen o rebautizou como The Edge polo seu carácter frío e distante. The Edge é considerado como un guitarrista experimental, obsesionado co son da súa guitarra. Tamén cantou nalgun tema da banda "Van Diemen´s Land" e "Numb". Os seus gustos musicales son moi eclécticos e se hai que destacar a algún músico en concreto ese é Neil Young.
Adam Clayton, nado o 13 de marzo de 1960 en Oxfordshire, Reino Unido.Tiña un baixo eléctrico e aínda que non sabía tocalo facilitoulle a entrada no grupo embrionario de U2 (Feedback). É o membro do grupo que máis viviu os excesos do rock. A súa afición o alcohol e as drogas brandas a piques estivo de acabar co grupo no ano 1989. Estes excesos tiveron gran repercusión cando non compareceu no primeiro concerto que U2 daba en Sidney dentro da xira Zooropa e tivo que ser sustituido polo seu inxeñeiro de son. Considerado coma un dos mellores baixos do mundo, tamén foi coñecido o ser obxetivo das revistas do corazón cando mantivo un soado romance con Naomi Campbell.


6 comentarios:

Anónimo dixo...

A labor de Bono en favor dos máis desfavorecidos é sen dúbida encomiable.

A min tamén me gusta U2, aínda que non son fanática coma ti. Pero tamén coincido en que velos en directo sería todo un puntazo.

Pitus dixo...

Un grandísimo grupo que para mi humilde opinión está un peldaño por encima de los Beatles o los Rolling.

Unknown dixo...

Comentame sempre meu amigo Pedino que os estivo vendo no Vicente Calderón de Madrid que a montaxe é espectacular incluso tiñan un limón enooooooooorme e o son era bestial que parecía que se caian as gradas.

Estoy de acuerdo contigo Pitus en que están por arriba de Beatles y Rolling a pesar de que los de Jagger también son unos de mis favoritos junto a los Red Hot Chili Peppers.

Anónimo dixo...

Ai, estasme poñendo os dentes longos!

Unknown dixo...

Teñen que ser unha pasada!

Anónimo dixo...

Por iso!!