mércores, 13 de agosto de 2008

Mejuto González: eres un crack!

O domingo, no trascurso da IX Feira da Troita puiden departir xunto coa miña compañeira Ana por uns intres co árbitro internacional de fútbol asturiano Manuel Enrique Mejuto González.
A nai de Mejuto (como é coñecido no mundo do fútbol) un dos mellores colexiados do mundo é natural de Sobrado polo que Manuel Enrique cando pode achégase no verán ata Sobrado para recordar a súa infancia na aldea de Reboredo, os paseos que facían o núcleo urbán e o tempo que pasaban coas vacas (segundo as súas propias verbas).
Mejuto, que xa foi pregoeiro da Feira da Troita no ano 2005 non deixou de aproveitar a súa estancia coa súa familia nunha casa de turismo rural de Corredoiras (Boimorto) para se achegar a vila cistercense, degustar a "Troita á Montañesa" e disfrutar das diversas actividades que se levaron a cabo nesta xornada.
Vin a Mejuto González moi delgado, en moi boa forma, incluso mellor que última vez que o vira hai un par de anos. Gústame moito a súa forma de ser pois a pesar de ser uns dos colexiados máis recoñecidos do panorama futbolístico internacional para nada se lle subiu a cabeza e amósase "campechano" e falador con todos aqueles que o saudan.
Persoalmente xamáis olvidarei aquela arbitraxe INMELLORABLE E SUBLIME coa que Mejuto nos deleitou na final do Centenariazo que lle dou o R.C. Deportivo a súa segunda Copa do Rei. Nin a presión dos medios favorables o R. Madrid, nin as 80.000 almas que se deron cita no "Coliseo Branco" evitaron que Mejuto fose valente e quitase o partido adiante de xeito maxistral. Unha magoa que axiña se teña que xubilar. O resto de colexiados españois debían de tomar nota.

Grazas Mejuto!

martes, 12 de agosto de 2008

Pazitos crea a súa propia liña de calzado

Este home non deixa de sorprendernos e nin nas súas vacacións (este ano ten 66 días) descansa co fin de convertirse nun auténtico magnate.
Agora Pazitos creou a súa propia liña de calzado tanto para home coma para muller (quizais sabedor de que existe moito calzado no mercado que non agarra ben e pode provocar máis de unha caida) e comezou por instalarse no mercado ianki. O prezo medio duns "Pazitos" acada os 55 $ no mercado americano.
A fábrica onde se ubica a marca "Pazitos" está na República Arxentina xa que o empresario Pablo Pazos (Pazitos) é un gran coñecedor destas terras logo de ter un tórrido romance cunha moza de este país sudamericano.
Con esta nova empresa, Pazitos presenta pois as súas credenciais a convertirse no discípulo máis avanzado de Flavio Briatore (home rico e mulleres os seus pes), primeiro foi o petroleo (Repsol) e agora a industria do calzado.
Será Gas Natural a vindeira OPA de Pazitos?


Aquí vemos os Pazitos Suburban, o máis "in" en calzado cómodo para home.
NON O DUBIDES, MERCA OS ZAPATOS SENSACIÓN DE ESTE VERÁN, MERCA OS PAZITOS.

luns, 11 de agosto de 2008

Momento de descanso

Por fin pasou a IX Feira da Troita, hoxe cando despertei sentín un gran alivio. A verdade é que non houbo tanta xente coma outros anos quizais porque o tempo tampouco axudou aínda que a hora de comer estaban todas as mesas ocupadas.
Todos os meus compañeiros do Concello traballaron a reo para que todo saise o mellor posible, e que dicir dos rapaces do equipo de fútbol, axudados por mulleres, mozas, amigos e amigas que foron os encargados de freir as troitas ademáis de traballar no "chiringuito" da festa. Só podo dicir GRAZAS a tod@s por ser tan activ@s e solidarizarse para con nós.
Onte levanteime as 10:00 AM e deiteime as 02:30 AM feito polvo, coas pernas moi cargadas por tantas horas de pé. Unha magoa que nos voltase a chover xusto antes dos concertos pero bueno, o máis importante foi que todo o día aguantou (por que estaba temblando que en calqueira momento do día se votase a chover). No momento do pregón de Xabier DoCampo caeu unha orballada e pensei que se nos ía toda a festa o garete pero grazas a Deus o tempo respetounos ata chegada a noite e puidéronse desenrolar todas as actividades.
Gustáronme moito os Black Jack e Porretas fixo bastante ben para o meu gusto (poucas palabras demáis e moito rock & roll), os tíos son moi enrrollados pero eso sí para que marcharan do camerino tivemos que agardar hora e media (tiñan moita sede, je je). Despois creo que estiveron de festa polos bares do pobo pero eu xa non aguantaba máis e decidín que a cama ía ser a miña mellor aliada.
Acabouse o agobio da Feira da Troita e con él moitas comeduras de cabeza, moitas chamadas de teléfono (onte volvinlle a mandar unha boa viaxe a batería do móvil) e a intención de que todo saia a perfección (misión imposible, je je), agora toca descansar e repoñer forzas ademáis de ir matinando XA na seguinte edición.

Saudos polo de agora.

SOBRADO ON TOUR 2008: hoxe tres opcións:

A: A Castellana (Aranga) con FANIA BLANCO SHOW E ARMONÍA SHOW

B: Salto (Oza dos Ríos) con OLYMPUS E ALKAR

C: Carelle (Sobrado) con SUPER FAMA

* Polo que a miña persona respecta non teño nada claro que hoxe vaia a sair pois ademáis de aínda non estar o 100% mañá toca madrugar.

Saudos

xoves, 7 de agosto de 2008

O outro Víctor Cabanas

Internet non deixa de sorprenderme cada día que pasa. É curioso, buscando no google o meu nome e o meu primeiro apelido aparéceme esta foto que vedes: trátase de un home que se chama e apelida igual ca min, polo que poido apreciar está directamente relacionado co mundo das motos Chopper porque hai un lema que di: "Víctor Cabanas o Henry Ford das Choppers".
Investigarei onde naceu este raparigo e cales poden ser as súas raices porque con ese nome e máis con ese apelido non creo que sexa americano, é máis, non me extrañaría nada que os seus antepasados foran galegos.

Seguirei informando.

SOBRADO ON TOUR 2008: Hoxe estamos en Pousada (Sobrado dos Monxes) con Los Satélites e Costamar.

¿Cómo se pode durmir así?


Esta instantánea do meu gato "Pardo" foi captada hai un par de días en plena sesta e aínda que pareza mentira non está morto, nin comeu veleno nin nada polo estilo o que pasa é que é un gato moi singular. Non deixa en paz as miñas pobres cadelas, é un pesado, e non para de intentar xogar con elas e comerlles a comida para picalas.
Pero é que cando se pon a durmir é de coña, fixadevos nas patas dianteiras (cruzadas) pero aínda é máis estrambólico a forma que ten de poñer as patas de atrás, todo retorcido (non sei como non esnaquiza a espalda) e apoiado contra un portal metálico.
En canto o vin, non me resistín a quitarlle un retrato porque unha posición de contorsionismo coma esta non se ve todos os días e a ocasión ben merece unha foto.
Saudos felinos.

ENFERMO!!!!!

Vero86 pasoume vía e-mail unha nova publicada na Voz de Galicia que non ten desperdicio. Logo de ler esta nova qúédame moi claro que hai moito "enfermo" polo mundo adiante.
Este brasileiro chamado Getulino (está sen nome) fixo a salvaxe proeza de violar e matar a 400 VACAS!!!!! ademáis de manter relacións con cabalos e eguas parece ser que prefería os animais que as persoas. Deus santo! o que hai que ler. En fin, eiquí vos deixo a nova que a verdade é que non deixa de ser sorprendente ademáis de ruín:

La Policía brasileña detiene a un hombre acusado de violar y matar a 400 vacas

-El autor reconoció ser el autor de estos delitos y explicó que sufrió abusos sexuales a los 13 años-

La policía brasileña detuvo a un hombre sospechoso de violar a unas 400 vacas, a las que mató después de terminar el coito, informó hoy el portal brasileño Terra.
El sospechoso, identificado como Getulino Ferreira Paraízo, de 53 años, fue detenido el domingo, después de que un ganadero de Aragoiania, en el centro de Brasil, le sorprendiera después de que supuestamente matara a tres vacas y un becerro de su propiedad.
En su declaración a la policía, Paraízo reconoció ser el autor de estos delitos y explicó que sufrió abusos sexuales a los 13 años, por lo que comenzó a mantener relaciones sexuales con yeguas y caballos y después con reses bovinas.
El comisario de policía Álvaro Cássio dos Santos, citado por Terra, dijo que el sospechoso declaró haber intentado acostarse con una prostituta en su adolescencia, pero que lo encontró «muy frustrante».
El comisario, que investiga el caso de la muertes de las reses desde hace un año, afirmó que llegaron a sospechar de que los sacrificios formaban parte de rituales de magia negra, por lo que llegaron a bautizar al autor como «Chupa-Vacas».
En total, se han encontrado cerca de 400 vacas asesinadas supuestamente por Paraízo, en un período de cuatro años, y siempre en granjas cercanas a Goiania, capital del estado rural de Goiás, a unos 200 kilómetros de Brasilia.

mércores, 6 de agosto de 2008

Gran cantidade de festas na zona


Ademáis da Feira da Troita (cartel superior) e outras festas que xa se mencionaron no seu momento, na vindeira quincena atopámonos na zona de Sobrado e cercanías con bastantes festividades en aldeas en pobos. Esta é unha nova recopilación de algunhas delas.
SALTO (Oza dos Ríos)
09/08/2008
Orquestra PONTEVEDRA
10/08/2008
CIBELES
11/08/2008
ALKAR
OLYMPUS
-----------------------------------------------------------------------------------------
POUSADA (Sobrado dos Monxes)
07/08/2008
COSTAMAR
LOS SATÉLITES
08/08/2008
LOS ESPAÑOLES
PRINCIPAL
----------------------------------------------------------------------------------------------
A CASTELLANA (Aranga)
10/08/2008
MARBELLA
XENTE NOVA
11/08/2008
ARMONÍA SHOW
FANIA BLANCO SHOW
---------------------------------------------------------------------------------------------
ARMENTAL (Vilasantar)
08/08/2008
DOCTOR SNOB
09/08/2008
LOS SATÉLITES
RIA DE BETANZOS
10/08/2008
SUPER FAMA
----------------------------------------------------------------------------------------------
CARELLE (Sobrado dos Monxes)
10/08/2008
PRIMERA FILA
11/08/2008
SUPER FAMA
30/08/2008
PENTAGRAMA
31/08/2008
AMÉRICA S.L.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------
SANTAIA (Curtis)
22/08/2008
VERSALLES
CIBELES
23/08/2008
NOCHE DE GALA
CHICAS SHOW
24/08/2008
BLUE STAR
---------------------------------------------------------------------------------------------------
NOGUEIRA (Sobrado dos Monxes)
24/08/2008
FIN DE SIGLO
IRIS
----------------------------------------------------------------------------------------------------
RECORDADE UNHA VEZ MÁIS A IX FEIRA DA TROITA DE SOBRADO, sábado a noite foliada nocturna co Grupo Tokio, domingo diversas actividades coma concurso de pesca, mostras de artesanía, pregón a cargo do escritor Xabier Docampo, Grupo de Baile A Maristela de Sobrado, sesión vermú a cargo do Grupo Tokio, VIII Baixada de Carrilanas, Exhibicións de Cans de Presa e pola noite a partires das 22:00 horas CONCERTOS CON:
Black Jack
e
PORRETAS
FELICES FESTAS A TOD@S

martes, 5 de agosto de 2008

¿Cambiaremos de cervexa?


Pola Coruña e polos medios de comunicación deportivos en xeral corre o rumor de que o Real Club Deportivo da Coruña podería estar a punto de firmar un novo patrocinador.
Logo de expirar o seu contrato coa "malograda" inmobiliaria Martinsa-Fadesa a Cervexa Mexicana Coronita (quizais animada polo tirón que Andrés Guardado e Omar Bravo teñen no seu país) podería ser o novo patrocinador da elástica branquiazul.
Augusto César Lendoiro que se encontra en Venezuela podería estar negociando a varias bandas para buscar capital "foráneo" coma patrocinador do Real Club Deportivo.
Agora surxe unha dúbida, os seguidores do Deportivo seguiremos tomando Estrella Galicia ou ben en caso de producirse o "acordo" entre A.C. Lendoiro e a cervexeira mexicana cambiaremos para a Coronita como agradecemento polo capital invertido?
O que está claro é que estéticamente a publicidade a camiseta quédalle bastante ben.
Agora a pregunta queda no aire e seguramente axiña se resolverá.

As Cruces vaise de festa


Eiquí tedes o cartel da festa do San Roque de AS CRUCES (Sobrado) 2008. A Comisión de festas capitaneada por Pirulo e José Luis anímavos a que disfrutedes de estas festas (alternativas) e que veñades degustar a sabrosa paella que ofrecerán o xoves 14 de agosto. Esta cea estará acompañada da música do Dúo Orquestral.
Para o venres 15 As Cruces contará coa actuación da Orquestra Bahía Blanca e do Dúo Satelite (formación que estivo este ano no San Pedro en Sobrado e deixou moi boa impresión. - Un dato anecdótico: o vocalista parécese a Miki o de "Enseñame a cantar"-.
Para o sábado 16 de agosto como fin de festa actuará a Orquestra Estrellas Azules e o dúo Capicornio (outro que xa estivo no San Pedro do ano pasado).

NOTA: A COMISIÓN DE FESTAS QUERE AGRADECER DE ANTEMÁN A TODA A XENTE QUE COLABOROU CON ESTAS FESTAS TANTO O LONGO DO ANO COMA CLIENTES DO "CHIRINGO" COMA OS QUE PARTICIPARON NOS DOUS CAMPIONATOS DE TUTE, MERCARON LOTERÍA, ETC, ETC, ETC.
E MOI ESPECIALMENTE A TODOS OS NEGOCIOS QUE APARECEN COMO COLABORADORES DE AS CRUCES 2008.

venres, 1 de agosto de 2008

As Festas e Concertos son os favoritos neste verán

A enquisa do mes de xullo pon ben as claras que se a xente ten que elixir algo positivo do verán esas son as festas e os concertos (moi abundantes en todos os lugares). Un 35% dos enquisados opinan de este xeito.
A segunda das preferencias con un 27% é que a xente leva pouca roupa (non sei se o din por comodidade ou ben por esteticismo).
En 3º lugar queda a praia (un clásico do verán) con un 20 %.
Que veña xente de fora con un 7%, que os días son máis longos con un 5% e os xelados e o incremento da poboación con un 2% son outras das preferencias dos enquisados.

Grazas por participar e axiña estará outra nova enquisa neste blog.

Saudos