O domingo, no trascurso da IX Feira da Troita puiden departir xunto coa miña compañeira Ana por uns intres co árbitro internacional de fútbol asturiano Manuel Enrique Mejuto González.
A nai de Mejuto (como é coñecido no mundo do fútbol) un dos mellores colexiados do mundo é natural de Sobrado polo que Manuel Enrique cando pode achégase no verán ata Sobrado para recordar a súa infancia na aldea de Reboredo, os paseos que facían o núcleo urbán e o tempo que pasaban coas vacas (segundo as súas propias verbas).
Mejuto, que xa foi pregoeiro da Feira da Troita no ano 2005 non deixou de aproveitar a súa estancia coa súa familia nunha casa de turismo rural de Corredoiras (Boimorto) para se achegar a vila cistercense, degustar a "Troita á Montañesa" e disfrutar das diversas actividades que se levaron a cabo nesta xornada.
Vin a Mejuto González moi delgado, en moi boa forma, incluso mellor que última vez que o vira hai un par de anos. Gústame moito a súa forma de ser pois a pesar de ser uns dos colexiados máis recoñecidos do panorama futbolístico internacional para nada se lle subiu a cabeza e amósase "campechano" e falador con todos aqueles que o saudan.
Persoalmente xamáis olvidarei aquela arbitraxe INMELLORABLE E SUBLIME coa que Mejuto nos deleitou na final do Centenariazo que lle dou o R.C. Deportivo a súa segunda Copa do Rei. Nin a presión dos medios favorables o R. Madrid, nin as 80.000 almas que se deron cita no "Coliseo Branco" evitaron que Mejuto fose valente e quitase o partido adiante de xeito maxistral. Unha magoa que axiña se teña que xubilar. O resto de colexiados españois debían de tomar nota.
Grazas Mejuto!
3 comentarios:
É verda!!! Que o árbitro do Centenariazo foi el!! Xa non me lembraba. Ves, pois só por iso xa me trae vos recordos, non o coñezo pero xa me cae ben o tipo este... jejeje
un dos kinkis de reboredo non seguro que para no silvo macho
Excelente colexiado, mellor persoa.
É un crack!!!
Publicar un comentario