mércores, 13 de agosto de 2008

Hoxe é o Día Internacional dos Zurdos

Hoxe, 13 de agosto, é o Día Internacional dos Zurdos, algo co que me sinto moi identificado.
Este día creouse para pedir a igualdade de dereitos entre as persoas que son zurdas e as que non o son.
A nivel particular debo dicir que son un pouco singular pois non son zurdo pechado pois escribo coa man dereita (quizais porque no colexio me mandaron escribir con esa man cando era pequeniño) e os dardos tamén uso a mesma man.
Se teño que enumerar a lista de cousas que fago coa man e a perna zurda son innumerables: sempre xoguei o fútbol coa esquerda, o baloncesto idem de lenzo, co coitelo uso sempre a man esquerda (imaxinádevos que películas co coitelo do pescado -teño que usalo o revés-), xogando o futbolín encóntrome máis seguro pegándolle co medio do campo (man zurda) e así un longo etcétera de actividades que fago coa man e a perna esquerda.

Para ilustrar este post decidín poñer a un zurdo ilustre moi de moda nestes momentos: Rafa Nadal.

Saudos

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Vaia, non tiña nin idea de que hoxe se celebrase iso. A min pásame algo coma a ti, escribo coa dereita, pero só no papel. Nunha pizarra son quen de escribir igual de ben con esquerda. E xogando ó fútbol tamén lle pego coa esquerda.

Se de pequeno tiñas tendencia por ti mesmo a escribir coa esquerda seguramente serás zurdo contrariado (creo), pero se a tendencia é a escribir coa dereita e fas algunhas outras cousas coa esquerda (como ben dis no post), tes, coma min, lateralidade cruzada. Que para nada é patolóxico eh!! Non te me asustes!! jeje (estas son algunhas das cousas que me adiquei a estudar este inverno...jeje)

Saudos (escritos con ambas mans xD)

Unknown dixo...

E que os zurdos somos un pouco estrambólicos, je je je.

Saudos pois.