mércores, 12 de novembro de 2008
Remember
Barbie Girl
My Oh My
Dr. Jones
Lollipop
Bumble Bees
Cartoon Heroes
Roses Are Red
Turn Back Time
Around The World
Hoxe quero rescatar do recordo máis ou menos recente a un grupo que marcou unha época coas súas divertidas cancións, trátase dos daneses AQUA.
Hai xa uns anos que non se oe nada de eles, teño entendido que Lene, a cantante que por certo pusuía unha doce voz comezou a súa carreira en solitario.
A canción da Barbie Girl foi todo un himno para millóns de adolescentes; estes daneses que parecían debuxos animados en vez de músicos alegraban moito o cotarro cos seus videos sempre desenfadados. Os clips que eiquí vos poño son as cancións máis destacadas dos dous primeiros discos que quitaron o mercado: Aqua e Cartoon Heroes. A min particularmente a canción que máis me gusta é Turn Back Time que é diferente o resto na velocidade da música e da letra tamén. Aínda así o My Oh My encántame.
Seguro que algunha das cancións que poño eiquí xa non as recordabamos ningún de nos, e de vez en cando non ven mal recordar.
Que tempos!!!
martes, 11 de novembro de 2008
luns, 10 de novembro de 2008
Invocando a Supernova
"Sweet Dreams" LA BOUCHE
"Tell Me The Way" CAPELLA
"Mr. Vain" CULTURE BEAT
"Move It Up" CAPELLA
"Run Away" MC SAR & THE REAL McCOY
"The Rythm Of The Night" CORONA
Corre o rumor por Sobrado de que nun espazo de tempo máis ou menos curto a Discoteca Supernova, logo de 13 anos parada voltaría a ter actividade os venres, eso sí logo da pertinente reforma.
Ogalla así sexa e estes rumores pasen a ser unha realidade que lle daría novos pulos a Sobrado e a toda a zona. Unha zona que non ten un referente para a marcha nocturna dos venres téndose que desplazar a Coruña ou Santiago con todo o que elo supón: coller o coche, ter cuidado co alcohol, as consumicións máis caras, etc, etc, etc.
Coma homenaxe a esta xa histórica Sala de Festas-Discoteca que foi bautizada co nome de Orbita 4, logo chamouse Vértice para ter como derradeiro nome comercial Supernova deixovos unhas cantas cancións da última época da discoteca que soaban con moita forza.
Saudos discotequeiros.
Oviedo agárdanos


Bonita foto de Oviedo Nocturno

A Rúa da Gascona (a das Sidrerías)


Estatua de Woody Allen
venres, 7 de novembro de 2008
Máquina Total

Pois eso, que xa teño transporte (que non maletero) que me carrexe de un lugar a outro. Algo que estos días votei en falta porque o Ibiza de meu pai non é o que se di un prodixio da tecnoloxía aínda que sí do ximnasio (vaia brazo estiven facendo estos días co dichoso volante...).
E sí, debo admitilo..., GÚSTAME CONDUCIR.
P.D.: ESTA NOITE TODO O MUNDO Ó MAGOSTO QUE ORGANIZA A COMISIÓN DE FESTAS SOBRADO 2009. A VELADA ESTARÁ ANIMADA POR UN DÚO, É DICIR, FESTA RACHADA ATA MOI TARDE...
xoves, 6 de novembro de 2008
Eternas

Había moita xente que as utilizaba para facer deporte: cantas "pachangas" teremos votado os meus amigos e eu coas dichosas J´Hayber...?
Acórdome as primeiras que sairon eran brancas con liñas nos laterais azuis. Esta foto que estades a ver é do seguinte modelo que saiu: as New Olimpo, que eran completamente brancas. Este modelo foi o primeiro de esta marca que eu tiven. Acórdome que durante meses estívenlles raiando a cabezas os meus pais co tema: "papá, eu quero unhas J´Hayber", "mamá, cando vaiamos de compras hasme de comprar unhas J´Hayber?".Así día tras día, os meus proxenitores deberon quedar de min ata a cabeza ata que por fin o dulce día chegou... e foi unha noite onde me dixo miña nai: "mañá pola tarde teño cita no dentista en Teixeiro, se queres ves comigo e se na zapatería teñen as J´Hayber cómprochas....", os meus ollos supoño que se puñeron coma pratos, acababa de recibir unha alegría tan grande coma cando me comprou os Levi´s 501 etiqueta vermella cos que tanto a chapa lle din. Creo que esa noite costoume conciliar o sono.
O día seguinte na zapatería levei unha pequena desilusión porque o modelo que eu quería (o das bandas azuis) estaba agotado e merquei os que eran completamente brancos. Aínda así cheguei todo orgulloso a casa e aínda non entrara pola porta xa estaba quitando as J´Hayber da caixa para amosarllas a meus avós e o meu pai.
A verdade é que a compra foi boa porque sairon "eternas" (palabras textuais de miña nai) a pesares de que eu non paraba de xogar o fútbol sala con elas. Non había outro calzado para min mellor que as J´Hayber. Logo de unha tempada na que miña nai viu o gran rendemento que daban (aguantaban por 3 pares de outras zapatillas) mercoume outras de cor negro, e máis adiante unhas de cor verde. Pero o agarimo e a ilusión coa que recibín aquel primeiro par "New Olimpo" brancas quedará sempre na miña memoria. Penso que os últimos pares de J´Hayber aínda deben estar por algún lugar da miña casa onde se gardan as cousas que quedaron obsoletas pero que non se tirou con elas. Estou seguro que miña nai (que é un ordenador andante) sabe de sobra onde están.
As J´Hayber marcaron unha época e a toda unha xeración. Os que sodes máis novos e nunca tivestes unha seguro que oistes falar de elas...
Saudos nostálxicos
mércores, 5 de novembro de 2008
Palabras Ambigüas

Vexamos alguns exemplos:
Es un melón: Es un tonto.
Esa tía ten uns bos melóns: Esa tía ten uns bos peitos.
Aparta o teu melón da ahí que non vexo a televisión: Aparta a túa cabeza de ahí que non vexo a televisión.
Diarra mandoulle un melón a Van Nistelrooy: Diarra mandoulle un mal centro a Van Nistelrooy.
Que tal estás melón?: que tal estás rapaz?
Non val un melón: non val un "peso" (agora céntimo).
Non sei se coñecedes algunha frase máis na que se poida poñer a palabra "melón", de ser así poñedela eiquí se vos parece.
Saudos
martes, 4 de novembro de 2008
Chiste da semana

2 VASCOS
Vasco 1: Oye Iñaki, tu sabes quién es Dios?
Vasco 2: ahí va la hostia, Joseba, no lo voy a saber...
Vasco 1: ah sí? lo sabes? y quién es Dios pues?
Vasco 2: joder, quién va a ser? EL DE "MECAGOEN"!
luns, 3 de novembro de 2008
Rematou o Sobrado On Tour 2008
Foron 4 meses de moitas festas, chegamos a infinidade de lugares, tan só houbo unha provincia galega (Ourense) que non pisamos en ningunha ocasión. Incluso houbo festas as que fumos e non contabilizamos.
O verán 2008 tróuxonos moitas sorpresas agradables no que a orquestras se refire. É incrible ver como a grande maioría das formacións incrementan a súa infraestructura de ano para ano. Por un lado entendo que suban os prezos debido o grande desembolso que fan ano sí e ano tamén (na súa meirande parte) pero por outro non pois hai moitos pobos pequenos ós que as cifras que están a acadar as orquestras son altamente prohibitivos polo que existen comisións que teñen que renunciar as formacións soñadas.
Este é o meu análise persoal das diferentes formacións que vin:
Mellor orquestra: PANORAMA, este ano raiou moi por riba do resto, xa non só polos seus dous espectáculos do 20 aniversario senón pola posta en escea en xeral. O esceario reformado é realmente bonito e ten moita máis luz, ademáis voltou Diana, unha gran artista con unha excelente voz. O número de Disney é sinxelamente colosal e a canción de Whitney Houston que interpreta Irene e na que Andre fai un número de "performance" excepcional e o alcance de moi poucos colman o 1º posto de unha orquestra que non para de medrar a todos os niveis.
Peor orquestra: S.L. AMÉRICA, playback sen tapuxos de auténtico escándalo, ruido (que non son) estrondoso. Con tan so un guitarra, un teclado e unha batería non pode soar un violín e un saxo. Uns vocalistas masculinos que non din moito e por riba de todo unha "bailarina" nunha tarima que a verdade é que non sei que pinta alí subida.
Orquestra revelación: LEDICIA, un orquestrón, moi bo son, números variados, cantantes moi completos en diversos rexistros e un peche con cancións sorprendentes. Dará que falar para a vindeira tempada.
Orquestra decepción: LOS SATÉLITES, poucos cambios con respecto a ano anterior no que a números musicais se refire, teñen bo son pero débense reciclar para gustar a un número máis amplo de público. O nome é histórico e teñen que remontar o voo.
Outras orquestras:
PARIS DE NOIA: melloraron con respecto ó ano anterior, aínda así dista moito de aquela orquestra que chegou a ser a mellor de Galicia. Blas segue sendo a estrela indiscutible.Este ano farán 7 cambios na súa formación. Seguro que a mellora será sustancial.
OLYMPUS: é unha gran orquestra pero que abusa demasiado do "rollo", Peke é un bo artista pero repite moito as gracias e a xente xa se comezou a cansar sempre do mesmo. Musicalmente son espectaculares. Teñen a Danni que é de outra galaxia. Este ano sobrou o "Quiero ser como Peke" canción que foi branco de miles de burlas.
PHILADELPHIA: moi bo son, aínda están a acusar a marcha hai dous anos de Peke e Danni, seguro que será unha das orquestras revelación do 2009 pois mimbres para iso ten. O esceario é moi elegante. Cristian Maya (a voz principal) é un pedazo de artista que dará moito que falar.
MARBELLA: relación calidade-prezo do mellorciño que hai en Galicia. Bo son, as dúas vocalistas femininas posuen unha gran voz. Divirte a xente e os metais dan moito xogo.
AMÉRICA: musicalmente falando unha das mellores formacións que hai en Galicia. Tocan as cancións de sempre pero facer unha canción a capela dos Bee Gees, temas de Queen ou de Tino Casal están o alcance duns poucos elexidos. A canción de "Do Hast" de Rammstein interprétana coma ninguén. 6 artistas de pes a cabeza.
GRAN PARADA: orquestra que fai bailar o máis pintado. O seu vocalista Miguel ten unha gran voz. Quizáis se lle puidese pedir un chisquiño no segundo pase pois resulta algo relaxado. De todos os xeitos esto súpleno con un gran 1º pase.
FANIA BLANCO SHOW: decir Fania Blanco Show é decir metais, merengue e baile sen parar. Unha formación que fai moita festa. Se tivese un pouco máis de calidade na voz sería unha das mellores de Galicia con diferencia. Aínda así a posta en escea é moi boa con unha coreógrafa-bailarina "Giorgina Sarín" espectacular.
VERSALLES: non é mala orquestra pero parece que este ano se estancou on chisquiño. Aínda non sei por que motivos. Nos 2 últimos anos estaba puxando con forza. Confiemos en que para a vindeira tempada volva a ir cara arriba.
CHARLESTÓN BIG BAND: tivo dúas caras neste verán, comezou moi baixa, soaba bastante confuso nun principio pero conforme foron pasando as datas a orquestra recompuxose e acabou dignamente a tempada con un ben tirando a notable.
JERUSALÉN: boa orquestra na que Neshka é o seu principal activo. Soan ben pero sóbralle o "rollo" que ten o seu vocalista principal ademáis do número do "torero". Polo demáis todo en orde.
TRÉBOL: mellor que o ano pasado, máis animados, involucrándose máis na festa e co público e os seus vocalistas moito máis metidos no papel de "directores" do evento. Outra agradable sorpresa que ogalla volte a reverdecer vellos laureles.
CICLÓN: xa o di o nome, un Ciclón. Coa incorporación de Iván Gámez gañan no que a música "bailable" se refire. No que o segundo pase concerne tan so se me ocurre un adxetivo :"BESTIAL", moita potencia, cancións moi boas, a xuventude enfervorecida..., eso sí, na segunda rolda os veteranos para a cama que xa é tarde...
TEKILA: grupo moi completo e comedido. No 1º pase fai bailar a xente e no segundo meten caña coma o bo grupo que son. Boas cancións finais.
ARMONÍA SHOW: os reis do "bailoteo" eso sí a min chégame moito velos o primeiro pase porque logo xa me cansan. É unha pedazo de orquestra pero non valen para pechar a festa. O esceario de este ano quizais era un pouco pequeno e parecían sardiñas en lata alí metidos.
XENTE NOVA: orquestra humilde en infraestructura pero grande no espectáculo. Fan bailar a xente e un bo vermouth. Unha formación que vale para levar a calqueira grande festa.
CIBELES: orquestra "comodín" deste ano 2008. Aparecia nun lote de festas para "rellenar" o cartel. Bastante floxeiros.
COSTA OESTE: orquestra moi boa. Javier Comesaña a pesares de non ter a voz de antaño segue sendo un puntal. Incorporaron a Sonia "ex-Panorama" e a orquestra segue medrando. Moi bo son e moi boa elección musical.
Este é o meu análise das orquestras máis reseñables galegas (creo que non me queda ningunha das importantes no tinteiro pero repasarei). Agardo os vosos pareceres a ver se difiren moito dos meus.
SAUDOS