mércores, 12 de novembro de 2008

Remember


Barbie Girl


My Oh My


Dr. Jones


Lollipop


Bumble Bees


Cartoon Heroes


Roses Are Red


Turn Back Time


Around The World

Hoxe quero rescatar do recordo máis ou menos recente a un grupo que marcou unha época coas súas divertidas cancións, trátase dos daneses AQUA.
Hai xa uns anos que non se oe nada de eles, teño entendido que Lene, a cantante que por certo pusuía unha doce voz comezou a súa carreira en solitario.
A canción da Barbie Girl foi todo un himno para millóns de adolescentes; estes daneses que parecían debuxos animados en vez de músicos alegraban moito o cotarro cos seus videos sempre desenfadados. Os clips que eiquí vos poño son as cancións máis destacadas dos dous primeiros discos que quitaron o mercado: Aqua e Cartoon Heroes. A min particularmente a canción que máis me gusta é Turn Back Time que é diferente o resto na velocidade da música e da letra tamén. Aínda así o My Oh My encántame.
Seguro que algunha das cancións que poño eiquí xa non as recordabamos ningún de nos, e de vez en cando non ven mal recordar.
Que tempos!!!

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu tiña pola casa unha cinta de casette deste grupo e fai uns anos escoitábaa a todas horas. Había unha canción que falaba do Halloween (esa celebración que ten tanto significado para ti jeje) que me gustaba moito. E algunhas destas que pos ti tamén. Sen dúbida o Barbie girl foi un pelotazo dos que non se esquecen.

Saudiños.

Unknown dixo...

Non sei cal é a canción de Halloween, se cadra escoiteina algunha vez pero agora mesmo non me dou conta.
A Barbie Girl comezou coma unha coña e convertiuse nun "boom" en ventas.

Saudos