xoves, 6 de novembro de 2008

Eternas

No día de hoxe quérolle rendir tributo as zapatillas J´Hayber. Sí, estades lendo e vendo ben. As míticas e eternas zapatillas que marcaron a toda unha xeración entre os cales me incluo. As J´Hayber tiveron un éxito inusitado tanto en nenos,coma mozos, mozas, rockeiros, país, avos. Todo o mundo tiña unhas..., sen dúbida que no seu momento foi un boom.
Había moita xente que as utilizaba para facer deporte: cantas "pachangas" teremos votado os meus amigos e eu coas dichosas J´Hayber...?
Acórdome as primeiras que sairon eran brancas con liñas nos laterais azuis. Esta foto que estades a ver é do seguinte modelo que saiu: as New Olimpo, que eran completamente brancas. Este modelo foi o primeiro de esta marca que eu tiven. Acórdome que durante meses estívenlles raiando a cabezas os meus pais co tema: "papá, eu quero unhas J´Hayber", "mamá, cando vaiamos de compras hasme de comprar unhas J´Hayber?".Así día tras día, os meus proxenitores deberon quedar de min ata a cabeza ata que por fin o dulce día chegou... e foi unha noite onde me dixo miña nai: "mañá pola tarde teño cita no dentista en Teixeiro, se queres ves comigo e se na zapatería teñen as J´Hayber cómprochas....", os meus ollos supoño que se puñeron coma pratos, acababa de recibir unha alegría tan grande coma cando me comprou os Levi´s 501 etiqueta vermella cos que tanto a chapa lle din. Creo que esa noite costoume conciliar o sono.
O día seguinte na zapatería levei unha pequena desilusión porque o modelo que eu quería (o das bandas azuis) estaba agotado e merquei os que eran completamente brancos. Aínda así cheguei todo orgulloso a casa e aínda non entrara pola porta xa estaba quitando as J´Hayber da caixa para amosarllas a meus avós e o meu pai.
A verdade é que a compra foi boa porque sairon "eternas" (palabras textuais de miña nai) a pesares de que eu non paraba de xogar o fútbol sala con elas. Non había outro calzado para min mellor que as J´Hayber. Logo de unha tempada na que miña nai viu o gran rendemento que daban (aguantaban por 3 pares de outras zapatillas) mercoume outras de cor negro, e máis adiante unhas de cor verde. Pero o agarimo e a ilusión coa que recibín aquel primeiro par "New Olimpo" brancas quedará sempre na miña memoria. Penso que os últimos pares de J´Hayber aínda deben estar por algún lugar da miña casa onde se gardan as cousas que quedaron obsoletas pero que non se tirou con elas. Estou seguro que miña nai (que é un ordenador andante) sabe de sobra onde están.
As J´Hayber marcaron unha época e a toda unha xeración. Os que sodes máis novos e nunca tivestes unha seguro que oistes falar de elas...

Saudos nostálxicos

9 comentarios:

Anónimo dixo...

Ostrás!! Míticas zapatillas si señor! Eu creo que nunca tiven unhas así (eu de nena tiña moitas Reebook ou como se escriba. houbo unha época que morría por un modelo que eran tipo botín, coma as que poñían as monitoras de aerobic da tele) pero estas que ti dis tamén son famosísimas e a meus primos durábanlles unha pasada, coma a ti (o que é bo é bo e nótase jeje).

As que volven agora con moita forza no verán son as que tantos pares tiven de nena: as Victoria. Daquela só había en tres colores: branco, negro e azul mariño. A medida que foron pasando os anos foron aparecendo en todas as cores. Eu creo que parei de usalas aos 14-15 anos... ata os 22 que teño agora, que este verán volvín mercar outras jeje.

Cantas cousas se nos acordan agora de cando eramos nenos e canta nostalxia dan, verdade? Puxéchesme a recordar a min tamén con este post jeje.

Un bico.

Vero86

Anónimo dixo...

olaaaaaaaaaa!!!!!!!!!!!pos yo nunka tube unas J´Haiber aunke las konozko de verselas a mi padre en alguna k otra foto.Yo soy de la epoka de las victoria (komo vero 86)k m kompraba mi madre o mi abu en la mitica casa de maria de las cruces tos los veranos...........ay!!k rekuerdos de akellos años de infancia tan felices komprando miles de gominolas kon 100ptas.JAJAJA..............aunke aora sigo siendo feliz tambien eh!!!!!!!!!!je

un bsiiiiiiiiii

Anónimo dixo...

Jolin Lato............aora m aficcione a escribir en el rollo este y no paro eh!!!!!!!!!! .................pero MOOOOOOOOLA MAAAAAAAAAZO

Unknown dixo...

Vero: certo, as Victoria tamén se puñeron de moda de novo. Parece que volven os vellos tempos..., ja ja ja. As Reebook que mencionas creo que sei cales son. Unha clásicas dentro do calzado feminino, deben ser o modelo "Eva Nasarre" polo menos..., ja ja ja.

Lore: las gominolas a día de hoy están casi a precio de caviar. Gastas 2€ y no te enteras, la bolsa solo mediada por un poco de goma... con azucar y colorante.
Me alegro que te viciases a escribir, cuantos más comentemos mejor, más diversidad de opiniones y más entretenido está el asunto.

Saludos

Anónimo dixo...

Esas!! Deben ser as Nasarre si jajaja. Es ben ocurrente jeje.

Anónimo dixo...

eu son un chisco mais "avanzada en edad" (jajaja como sona iso) que lato... e a verdade é que lembro a perfección as dixosas J'Haiber, tiñaas meu irmán (que aínda é máis avanzado en idade que eu!!jajaja) e non lembro cales usaba eu pero sempre me decantei polas dos rapaces...durabanme máis...
O que si lembro é as miñas primeiras "converse all star".
Eran de botin (ou caña alta como lle chamedes) e eran vaqueras...iso si, naquel entonces eran baratas coma se as compraras no mercadillo....e pensar que por aquel entonces costaban a patacón e agora son tremendamente caras!!!!!
que tempos.....
iso si....tamen me lembro de ir en zocos a escola...jajajajajaja

Anónimo dixo...

Eu non ía en zocos á escola, pero si tiven e teño aínda zocos para bailar! Era aínda unha neniña cando un zoqueiro que vivía en Burricios (Oza dos Ríos) que xa fai uns anos que morreu me fixo uns zoquiños moi ben feitiños, que para min eran preciosos e súper cómodos. Teño bailado moito con eles. Logo tiven outros que aínda conservo (aínda que xa non bailo con eles jeje).

Unknown dixo...

A evolución do calzado resumido en 17 liñas por Nishita..., je je je. É ben certo que en poucos anos a evolución foi superlativa.
Vero: os zocos para bailar supoño que non serán eses que teñen 4 tacos debaixo da planta senón para fastidiar un nocello non hai que moverse moito, digo eu...

Anónimo dixo...

Hola! los zuecos de los que hablas en este comentario los hizo mi bisabuelo, quería preguntarte por alguna manera de ponerme en contacto contigo y pudiera verlos ya que no tengo ningún recuerdo suyo. Gracias!!