xoves, 27 de novembro de 2008

Sobrado´s Films



Sobrado é un gran reclamo turístico para moitos visitantes, ademáis do Mosteiro, Lagoa, Campamento Román, o Camiño Norte, a Casa do Queixo, todo o Turismo Rural e outra serie de lugares hostaleiros posue dende hai uns anos (concretamente 21) unha característica moi especial:
os que sodes de Sobrado sabédelo de sobra, pero sempre gusta recordar e os que son de fora pode que non o saiban...

aló polo verán de 1987 un dos directores de cine españois máis prestixiosos e confesado enamorado de Galicia, José Luis Cuerda decide levar a gran pantalla a obra do escritor coruñés Wenceslao Fernández Florez "El Bosque Animado". A historia trata de un bandido estilo Robin Hood que roubaba ós ricos para darlle os pobres, este bandido na película chámase "Fendetestas" e foi interpretado por Alfredo Landa. Segundo a historia do libro todo se desenrola na fraga de Cecebre pero foi en Sobrado onde se rodou as 3/4 partes da película coa Carballeira da Casa do Gado coma protagonista e os seus preciosos sendeiros sendo participes directos das esceas. A casa do Gado sae en varias ocasións e incluso moita xente de Sobrado, nenos (naquel momento) e maiores participaron de extras na grabación levándose así uns cartos de paso. As únicas esceas que non se rodaron en Sobrado son nas que sae o tren e a vía, o demáis está todo grabado eiquí.
A película obtivo 1 Goya e o elenco de actores a nivel nacional era moi importante: ademáis do citado Alfredo Landa, participaron entre outros Fernando Valverde, Miguel Rellán, a guapa Alejandra Grepi, Encarna Paso, Luis Ciges ou o finado Fernando Rey. O longo de este mes recordo coma se fose agora mesmo (eu tiña 9 anos) que os actores para nada eran díscolos e relacionaronse moi ben coa xente do pobo, eles hospedábanse no Hotel San Marcus e durante o tempo que durou a grabación o pobo andaba revolucionado e recibía máis visitas das normais. Acórdome tamén que asistín grazas a miña veciña Fina (nai de Nishita e Petete) a toda unha tarde de rodaxe da escea do baile (eu flipaba, non facían máis que arrincar, parar, arrincar, parar, a min todo elo pareciame extranísimo) e máis extrano mo pareceu aínda cando fumos ver a película ó Cine Colón da Coruña o día do estreno no que se fletara un Autobús de Autos Ramos para a ocasión e vin que a escea do baile que durara toda unha tarde a rodaxe na película non duraba nin un minuto.

De vez en cando non ven mal votar a vista atrás (eu fago con moita asiduidade) e recordar un verán, o de 1987, que para ningún dos habitantes de Sobrado pasou desapercibido e que a maioría de nos seguimos recordando con gran cariño.

5 comentarios:

Pitus dixo...

ostia!!21 años han pasado ya?ufff!!empezamos a ser mayores,creo.

Anónimo dixo...

Ole ole!!!! Eu tamén recordo ese día!!!
Toda unha tarde, tamén nos deron bocadillos (diso non te lembras?) e recordo perfectamente que eramos tantos a mirar como rodaban que nun momento da rodaxe un dos "mandamais" non sei quen era berrounos a todos os que estabamos a mirar (moi metidos no plano seica) "TODO ESTE MELÓN DE GENTE QUE SE ECHE PARA ATRAS!!!"
Berrouno con tan mala ostia que non rechistou ninguén!!! jajaja todos cinco pasos para atrás....
Agora veñenme a mente esa Chus (comisión de festas) coas suas trencitas...ais q pekenas eramos....verdá Chusiña?? Despois descubrín a máis xente como a Cristina Ríos, do Mesón de Roade....hai tanta xente de sobrado...
Por certo, a miña nai é a única loura de todo o baile !!! jjajajaa

Anónimo dixo...

Hola Victor!!!
Pois eu todavía non a vin, te podes creer!! Cal e a tua nai Nishita, a de media melena loira rizada, que aparece neste video?
Que guay xa me gustaría asistir a un rodaxe!

Saudos Sariña.

(Ainda que non escriba visito a tua paxina de estrangis, e que ando moi liada e non me podo liar moito.)

Anónimo dixo...

Manda narices!! Vou ter que ver a película entón, a ver que bonito sacaron Sobrado jeje. Non tiña nin idea disto, grazas por poñelo para que nos enteremos os que non somos de Sobrado (que eu aínda que fora non me ía acordar, con un aniño e medio que tiña...vaia por Dios jeje).

Un bico!

Unknown dixo...

Pitus: como pasa el tiempo verdad??? yo no diría mayores sino adultos..., ja ja ja. Ahora ya podemos comenzar a decir que "lo de la experiencia es un grado", ja ja ja.
Nishita: si que me recordo do tema dos bocatas, é máis, eu lembrome que comín salchica! tes das cuen...? Chus, Cris, Chany, Javi Herrero ou Diego son algúns dos ilustres da nosa xeración que aparecen na peli. Inolvidable ó "zoom" a Pirri tocando no trombón (creo que era este instrumento) e a frase de Maria Elsa: "hombre, el aceite cuesta dinero...". Hai un antes e un despois na historia do pobo con esta película.
Sara: moi boas, que bo saber de ti!, alédame saber que les os post. Non te preocupes, cando teñas un oquiño ti escribe o que che pareza, os teus comentarios serán ben recibidos.
Vero: aconselloche que a vexas, non é porque esté grabada en Sobrado (non sae o casco urbán que conste) pero a pesares do pouco nivel que ten o cine español igual é unha das 10 mellores películas dos últimos anos.

Saudos a tod@s e grazas por estar ahí.